Saltar ao contido

Espiñeiro marítimo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Espiñeiro marítimo
Hippophae rhamnoides
Carl von Linné 1753 Editar o valor en Wikidata
 Nome curto
   H. rhamnoides (mul)   Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Subclase de
 Categoría taxonómica
 Sinónimo taxonómico
Características
 Conservación
Especie pouco preocupante
Clasificación taxonómica
 ReinoPlantae
 OrdeRosales
 FamiliaElaeagnaceae
 XéneroHippophae
 EspecieHippophae rhamnoides Editar o valor en Wikidata
L., 1753 Hippophae rhamnoides Editar o valor en Wikidata
Localización
 Área de distribución
Códigos e identificadores
Freebase/m/03bx8k_ Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC2775945827 Editar o valor en Wikidata
UNIIYAA7TG74X6 Editar o valor en Wikidata
ITIS503044 Editar o valor en Wikidata
OTT623185 Editar o valor en Wikidata
UICN55686342 Editar o valor en Wikidata
CoL3M2F8 Editar o valor en Wikidata
WFOwfo-0000723743 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata G:Commons C:Commons

O espiñeiro marítimo (espiñeiro amarelo ou espiño cerval marítimo) Hippophae rhamnoides é unha planta do xénero Hippophae, da familia Elaeagnaceae, común nas costas atlánticas de Europa. É un arbusto espiñento de bagas comestíbeis.

Distribución e hábitat

[editar | editar a fonte]

É nativa de Europa, Asia Menor e o Cáucaso onde medra en terreos areentos, dunas e, en xeral, na beiramar, onde a miúdo forma matogueiras.

É a especie de espiñeiro cerval (Hippophae) máis amplamente distribuída sobre todo na faixa atlántica e no noroeste da China. En Europa atópase confinada ao longo da beiramar, onde os ventos espallan ar ateigado de sal, o que evita que outras plantas se desenvolvan, mais na Asia central atópase máis amplamente distribuída nos áridos semidesertos, onde outras plantas non aturan nestas condicións de sequidade; en Europa central e en Asia atópase coma un arbusto subalpino por riba da liña de árbores nas montañas, e outras áreas sollosas tales como os bancos de area dos ríos.

Descrición

[editar | editar a fonte]

É un arbusto espiñento que acada 1-3 metros de altura. Tronco e pólas de cor parda clara e escamosas. Ten unha gran densidade de pólas e talos ergueitos con gran cantidade de espiños. As follas son moi características, dunha cor cinsenta prateada pálida, lanceoladas, de 3–8 cm de lonxitude e de menos de 7 mm de largura, prateadas polo envés. É unha planta dioica, con plantas macho e femia separadas. As plantas macho producen flores marróns que desprenden gran cantidade de pole que o vento se encarga de espallar. Son flores pequenas, unisexuais, de cor verde e formando longos acios. A planta femia produce unha especie de falsas bagas de 6–9 mm de diámetro, sendo en realidade aquenios de cor alaranxada arrodeados dun cáliz carnoso que lle dá aspecto de drupa. Son froitos brandos e zumarentos, cun gran contido de vitamina C (120 mg por 100 g); algunhas variedades teñen un gran contido de vitamina A, vitamina E, e aceites esenciais. Son unha importante fonte de alimentación para os paxaros durante o inverno, especialmente para os tordos e merlos. As súas follas son a base da alimentación da larva da avelaíña costeira da especie Eupithecia fraxinata (Eupithecia innotata f. fraxinata - a avelaíña dos freixos). Utilízana tamén coma alimento as larvas doutras lepidópteros incluídas as Euproctis chrysorrhoea, Cosmia trapezina, Saturnia pavonia, Erannis defoliaria e Coleophora elaeagnisella.

As bagas do espiñeiro marítimo son comestíbeis e nutritivas, mais moi acedas e adstrinxentes, polo que o seu consumo en cru non é oi pracenteiro, polo menos cómpre o consumo ben chegado o froito (unha vez xeado redúcese a adstrinxencia) e/ou mesturado con zume de froitas máis doces coma as mazás ou as uvas. Tamén se poden utilizar para facer pasteis ou marmeladas. A industria de consumo utiliza as bagas do espiñeiro marítimo para fabricar marmeladas, zumes, locións, e licores. O aceite obtido das bagas ten numerosos usos. Utilízase coma menciña curativa de numerosas doenzas que cursan con ulceracións e inflamacións tales como feridas gangrenosas, esofaxite, úlceras pépticas, colite ulcerosa, e cervicite. Os cosmonautas rusos téñeno usado mentres estaban en órbita.

A colla das bagas ten grande dificultade polos numerosos espiños que ten a planta. Unha técnica común de colleita é a de tirar unha póla enteira, mais isto dana o arbusto e reduce a produtividade das futuras collas. Nalgunhas variedades as pólas tíranse despois das primeiras xeadas, daquela as bagas despréndense de xeito moito máis doado. Durante a Guerra fría, os horticultores rusos e da Alemaña Oriental, desenvolveron novas variedades dun gran valor nutricional, grandes bagas, diferentes épocas de maduración, e pólas facilmente colleitábeis.

O espiñeiro cerval marítimo é tamén unha planta ornamental moi popular nos xardíns, particularmente coma sebes barreira para choer os eidos e leiras. As pólas úsanse tamén en arranxos florais das florarías.

Durante centos de anos, as xentes do sueste de Asia usaron esta planta para preservar e tratar varios alimentos.

Recentemente, o espiñeiro cerval marítimo utilizouse coma ingrediente de varios suplementos nutricionais que se atopan dispoñíbeis nos establecementos comerciais.

Propiedades

[editar | editar a fonte]

Sinonimia

[editar | editar a fonte]
  1. Sinónimos en Tropicos

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]