Antonio Paz Míguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Antonio Paz Míguez, nado na Pobra do Caramiñal o 4 de xuño de 1911 e falecido en 2003, foi un escritor galego.

Biografía[editar | editar a fonte]

En 1929, con dezasete anos, emigrou á Arxentina, primeiro a Rosario e logo a Bos Aires. Na cidade porteña traballou como empregado de comercio e mantivo contactos con persoeiros do nacionalismo galego, que reitera no seu regreso a Galicia en 1935. Emigra de novo a Bos Aires en marzo de 1936. Regresa á terra natal para unha curta visita en 1971 e morre no ano 2003.

Actividade literaria[editar | editar a fonte]

Entre as súas obras destacan Da emigración, un dos últimos volumes saídos do prelo da Editorial Nós antes da guerra civil, ou O Adán que non quixo volver ó Paradiso. Tamén é autor da novela en castelán Galicia, tierra de peregrinar. Permanecen inéditos moitos poemas, ademais de pezas teatrais e ensaios históricos en castelán sobre o papel dos galegos no continente americano, coma o titulado Ellos hicieron América. O conxunto da obra de Paz Míguez ten un valor testemuñal e poucos méritos literarios, xa que son obras lineais e pobres de recursos.

Obras[editar | editar a fonte]

En galego[editar | editar a fonte]

En castelán[editar | editar a fonte]

  • Galicia, tierra de peregrinar, 1988.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Diccionario da literatura galega. I Autores. Vigo: Galaxia, 1995.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]