Lei foral do éuscaro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Distribución por municipios das zonas vascófona, mixta e non vascófona.

A lei foral do éuscaro (en euskara: Euskararen Foru Legea, en castelán: Ley foral del vascuence) de 1986 regula o status do éuscaro nas administracións públicas e no ensino na Comunidade Foral de Navarra. A Lei foi aprobada polo Parlamento navarro e promulgada o 15 de decembro de 1986, desenvolvendo o artigo 9 da Lei Orgánica de Reintegración e Amelloramento do Réxime Foral de Navarra:

O éuscaro terá tamén carácter de lingua oficial nas zonas vascoparlantes de Navarra. Unha lei foral determinará devanditas zonas, regulará o uso oficial do éuscaro e, no marco da lexislación xeral do Estado, ordenará o ensino desta lingua.

Zonificación lingüística[editar | editar a fonte]

A lei foral do éuscaro debuxou un panorama legal lingüístico de Navarra estruturado entre unha zona de predominio lingüístico euscarofalante (a Zona vascófona ou euscalduna) con dúas linguas cooficiais (éuscaro e castelán) e unhas zonas de predominio lingüístico castelanfalante (Zona Mixta e Non Vascófona) cun único idioma oficial (castelán), sendo que nunha destas dúas zonas castelanfalantes (Zona mixta) o éuscaro gozaría dun réxime especial que fomentara e promovera o seu uso.

Zona vascófona ou euscalduna[editar | editar a fonte]

Queda integrada polos municipios de: Abaurregaina, Abaurrepea, Altsasu, Anue, Araitz, Arakil, Arano, Arantza, Arbizu, Areso, Aria, Aribe, Arruazu, Auritz, Bakaiku, Basaburua, Baztan, Beintza-Labaien, Bera, Bertizarana, Betelu, Donamaria, Doneztebe, Elgorriaga, Eratsun, Ergoiena, Erroibar, Esteribar, Etxalar, Etxarri-Aranatz, Ezkurra, Garaioa, Garralda, Goizueta, Hiriberri, Igantzi, Imotz, Irañeta, Ituren, Iturmendi, Lakuntza, Lantz, Larraun, Leitza, Lesaka, Luzaide, Oitz, Olazti, Orbaizeta, Orbara, Roncesvales, Saldias, Sunbilla, Uharte-Arakil, Ultzama, Urdazubi, Urdiain, Urrotz, Ziordia, Zubieta e Zugarramurdi. Posteriormente engadiríanse dous máis, procedentes da segregación de municipios pertencentes a devandita zona: Lekunberri e Irurtzun.

Zona mixta[editar | editar a fonte]

Queda integrada polos municipios de: Abartzuza, Agoitz, Antsoain, Aranguren, Artzi, Atarrabia, Atetz, Barañain, Bidankoze, Bidaurreta, Burgi, Burlada, Deierri, Eguesibar, Erronkari, Espartza-Zaraitzu, Etxarri, Etxauri, Ezkabarte, Ezkaroze, Garde, Gares, Gesalatz, Goñi, Gorza, Isaba, Itza, Itzaltzu, Jaitz, Jaurrieta, Lezaun, Lintzoain, Lizarra, Odieta, Olaibar, Ollaran, Oltza, Orontze, Orotz-Betelu, Otsagabia, Pamplona, Sartze, Txulapain, Uharte, Urzainki, Uztarroze, Zabaltza, Ziritza e Zizur Zendea. Posteriormente engadiríanse catro máis, procedentes da segregación de municipios pertencentes a devandita zona: Berriobeiti, Berriozar, Orkoien e Zizur Nagusia. En 2010 engadíronse tamén os de Aranguren, Belaskoain e Galar.

Zona non vascófona[editar | editar a fonte]

Queda integrada polo resto de municipios de Navarra.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]