Jan Vertonghen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jan Vertonghen
Información persoal
Nome Jan Bert Lieve Vertonghen
Nacemento 24 de abril de 1987 (37 anos)
Lugar de nacemento Sint-Niklaas
Altura 1,89 m
Posición Defensa central
Información de club
Club actual Benfica
Número 5
Carreira xuvenil
1997–2000 VK Tielrode
2000–2003 Germinal Beerschot
2003–2006 Ajax
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2006–2012 Ajax 155 (23)
2006–2007Waalwijk (cesión) 12 (3)
2012–2020 Tottenham Hotspur 232 (6)
2020– Benfica 57 (0)
Selección nacional
2002 Bélxica Sub-16 6 (1)
2007 Bélxica Sub-21 23 (0)
2007– Bélxica 139 (9)
Na rede
Twitter: JanVertonghen Instagram: jvertonghen FIFA: 290904 UEFA: 103704 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 13 de agosto de 2022.
Selección: actualizado a 14 de xuño de 2022.editar datos en Wikidata ]

Jan Bert Lieve Vertonghen (AFI: [ˈjɑn vərˈtɔŋə(n)]), nado en Sint-Niklaas, Flandres Oriental, o 24 de abril de 1987, é un futbolista internacional belga que xoga como defensa central para o SL Benfica da Primeira Liga portuguesa e para a selección de Bélxica.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ajax AFC[editar | editar a fonte]

Despois de pasar algún tempo xogando nas inferiores do VK Tielrode e do Germinal Beerschot, Vertonghen trasladouse aos Países Baixos para fichar polo AFC Ajax, comezando desde as categorías. Inicialmente xogou de centrocampista, aínda que finalmente cambiou a súa posición á de defensa central, na cal se desempeña actualmente. Durante a súa instancia co equipo dos reservas, fíxose coñecido por un incidente nun partido de Copa ante o Cambuur, onde marcou un estraño gol: mentres un compañeiro seu estaba a recibir atención médica, deu un pase ao porteiro do Cambuur, pero este non atrapou o disparo, acaparando a atención dos xogadores e dos espectadores. O partido terminaría 3-1 a favor do filial ajacied.

O 23 de agosto de 2006 debutou nun partido da previa da Champions League 2006-07 ante o FC København danés, partido no que o equipo neerlandés quedou eliminado. Fixo ademais o seu debut na liga doméstica ante o Willem II, partido que se xogou no Amsterdam Arena e que se saldou con triunfo local por seis a cero. Até metade da tempada xogou outros dous encontros máis antes de irse cedido ao RKC Waalwijk, equipo onde a pesar de xogar 12 partidos e anotar 3 goles, non puido evitar o descenso de categoría.

Vertonghen con Andriy Shevchenko.

Vertonghen regresou ao Ajax para a tempada 2007-08 co fin de asentarse na titularidade, pero unha lesión deixouno apartado das canchas, sumado á consolidación de John Heitinga e de Thomas Vermaelen, que eran os defensas centrais fixos. Aínda así, puido xogar nesa campaña 31 partidos, con dous goles no seu favor, mais o Ajax só acabou na segunda posición, a tres puntos do PSV Eindhoven que se coroou campión.

Despois que Heitinga fichase polo Atlético de Madrid a mediados do 2008, Vertonghen pasou a ser indiscutible, xogando 26 partidos, 23 como titular, marcando catro goles. O 28 de setembro de 2008 anotou un dobrete no triunfo do seu club sobre o Vitesse Arnhem (3-0). En parte perdeuse varios partidos debido a lesións que complicaron o seu regreso aos terreos de xogo.

En 2009, coa chegada de Martin Jol ao banco, Vertonghen foi peza fundamental para o equipo no curso 2009-10. Na campaña xogou 32 partidos, anotando tres goles. É de destacar non só a súa presenza como central absoluto, xunto co tamén belga Toby Alderweireld, senón que atraeu a atención de clubs importantes como o Barcelona ou o AC Milan. Na campaña 2009-10, gañou a copa local ao vencer en dobre final ao Feyenoord.

Na campaña 2010-11, disputou a maioría dos partidos de liga, sendo clave na consecución do título de liga, que non gañaban desde o ano 2004. Participou en 32 partidos, anotando seis goles. No campionato de copa, chegou a unha nova final, aínda que caeu na prórroga ante o FC Twente, mesmo rival na definición da liga.

O curso 2011-12 foi positivo, xa que volveu consagrarse campión de liga na penúltima data, finalizando cun saldo de 32 partidos en liga con oito goles, e na táboa terminou con 76 puntos tras 34 partidos en total.

Tottenham Hotspur[editar | editar a fonte]

Despois de moitas especulacións sobre a súa posíbel fichaxe por algún club importante de Europa, o 8 de xullo de 2012 o Tottenham Hotspur da Premier League inglesa oficializou a súa fichaxe por catro tempadas.[1] Vertonghen fixo o seu debut na Premier League o 25 de agosto de 2012, xogando o noventa minutos e recibindo un cartón amarelo no empate 1-1 do Tottenham ante o West Bromwich Albion en White Hart Lane.[2]

Anotou o seu primeiro gol cos Spurs o 26 de setembro de 2012, no partido do Tottenham contra o Carlisle United pola terceira rolda da Football League Cup.[3] Vertonghen volveu anotar tres días despois, convertendo o seu primeiro gol na Premier League e o primeiro de tres goles do Tottenham na histórica vitoria 3-2 sobre o Manchester United en Old Trafford.[4]

Títulos[editar | editar a fonte]

Campionatos nacionais[editar | editar a fonte]

Título Club Liga Ano
Copa Neerlandesa AFC Ajax Países Baixos Países Baixos 2009–10
Eredivisie AFC Ajax Países Baixos Países Baixos 2010–11
Eredivisie AFC Ajax Países Baixos Países Baixos 2011-12

Distincións individuais[editar | editar a fonte]

Distinción Ano
Países Baixos Promesa do Ano do AFC Ajax
2008
Países Baixos Xogador do Ano do AFC Ajax
2012
Países Baixos Xogador neerlandés do Ano
2004
Inglaterra Mellor xogador do mes de marzo Premier League
2013
Inglaterra Equipo ideal da Premier League
2013

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Spurs agree Vertonghen deal". ESPN.com (en inglés). 2012-07-08. Consultado o 2022-02-06. 
  2. The Daily Mail, ed. (26 de agosto de 2012). "Tottenham 1-1 West Brom" (en inglés). Consultado o 3 de xullo de 2014. 
  3. The Telegraph, ed. (26 de setembro de 2012). "Carlisle United 0 Tottenham 3: Match report" (en inglés). Consultado o 3 de xullo de 2014. 
  4. "Dempsey, Spurs end Old Trafford slide". ESPN.com (en inglés). 2012-09-29. Consultado o 2022-02-06. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]