Conde de Lautréamont

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaIsidore Lucien Ducasse
Nome orixinal(fr) Isidore Ducasse Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento4 de abril de 1846
Montevideo, Uruguai
Morte24 de novembro de 1870
París, Francia
Lugar de sepulturaCemiterio de Montmartre
Cimetière parisien de Pantin (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia
Uruguai Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta , escritor Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoPoesía
Influencias
Pseudónimo literarioComte de Lautréamont
Lautréamont Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables

Musicbrainz: ac8a454d-516d-4cbc-846c-253b61205184 Discogs: 959502 Find a Grave: 13365484 Editar o valor em Wikidata
Notes
Influi* notablemente ao movemento surrealista
A primeira edición de "Cancións de Maldoror" de 1868

Isidore Lucien Ducasse, nado en Montevideo o 4 de abril de 1846 e finado en París o 24 de novembro de 1870, foi un poeta francés de orixe uruguaia adherido ao movemento simbolista. Era coñecido como o Conde de Lautréamont (Comte de Lautréamont en lingua francesa).

A súa obra pasou desapercibida na súa época, porén o movemento surrealista considerouno un dos seus precursores. A súa vida bohemia e apartada da sociedade xunto coa súa poesía tétrica fai que hoxe sexa enmarcado coma poeta maldito. O seu estilo de vida apartado e a falta de fama durante anos fai que moitos datos da súa vida fiquen agochados a día de hoxe.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo dun diplomático francés designado en Montevideo. A súa nai, tamén francesa, morrería cando el tiña só un ano. Educouse no Uruguai ata que cumpriu trece anos, ano no que foi enviado polo seu pai á cidade de Pau, Francia, onde se destacaría coma bo alumno no lycée de Tarbes.

Despois dunha viaxe ao Uruguai en 1867, instalaríase en París. Emprendería alí na Escola Politécnica uns estudos superiores de natureza aínda descoñecida. Publicaría unha primeira edición dos seus Cantos de Maldoror en 1868 de xeito anónimo. No ano 1869 unha segunda edición dos mesmos cantos aumentaríao, tomando a forma coa que se o coñece na actualidade; esta vez firmaría co alcume de Comte de Lautréamont, pseudónimo quizais inspirado pola novela histórica Lautréaumont do escritor Eugène Sue. Tamén existe a posibilidade de que proveña dun xogo de palabras, L'autre est au mont → Lautréamont (xogo que expresaría a súa morriña por Montevideo, o outro está no Monte...).

Lautréamont non acadaría fama, cousa difícil posto que se cre que o seu editor publicou adrede tiradas moi pequenas polo medo a unha denuncia por sadomasoquismo ou herexía, comúns dabondo no reinado do Emperador Napoleón III. Finaría o 24 de novembro de 1870 por unha posible tuberculose, segundo os seus biógrafos.

Obra[editar | editar a fonte]

Os seus Cantos de Maldoror representa un dos grandes berces da poesía moderna. A súa complexidade, as súas múltiples interpretacións e a súa imaxe que mestura elementos da vida cotiá con elementos abstractos de eidos filosóficos influirían notablemente a Breton, e con este ao surrealismo en xeral.

Mesmo o significado do título da obra presenta un gran interrogante posto que se barallan dúas interpretacións que xogan coa grafía homófona de Maldoror, mais non convencen moito á crítica especializada: "Mal do horror" ("Mal d'horreur") e "Mal da aurora" ("Mal d'aurore").

O poema trata da presentación en primeira persoa dunha especie de demo maligno que desfruta cometendo asasinatos e torturas infanticidas, entre outros horrores dos que presume. Poderíase tratar dunha interpretación lírica das sensacións do adolescente rexeitado cara ao seu mundo, sendo esta unha das teorías predilectas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]