Lingua galega: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m bot Engadido: lv:Galisiešu valoda
mSen resumo de edición
Liña 2: Liña 2:
| nome = Galego
| nome = Galego
| corfamilia = Indoeuropea
| corfamilia = Indoeuropea
| estados = [[Imaxe:Flag of Galicia.svg|20px]] [[Galicia]]
[[Terra Eo-Navia]] (Asturias)
[[O Bierzo]] (León)
[[As Portelas]] (Zamora)
[[Serra de Xalma]] (Cáceres).
| estados = [[Imaxe:Flag of Galicia.svg|20px]] [[Galicia]]
[[Terra Eo-Navia]] (Asturias)
[[O Bierzo]] (León)
[[As Portelas]] (Zamora)

| falantes = 2.800.000
| falantes = 2.800.000
| posición = [http://www.davidpbrown.co.uk/help/top-100-languages-by-population.html Non está entre as 100 primeiras]
| posición = [http://www.davidpbrown.co.uk/help/top-100-languages-by-population.html Non está entre as 100 primeiras]

Revisión como estaba o 16 de marzo de 2008 ás 06:55

Galego
Falado en: Galicia
Terra Eo-Navia (Asturias)
O Bierzo (León)
As Portelas (Zamora)

Total de falantes: 2.800.000
Posición: Non está entre as 100 primeiras
Familia: Indoeuropea
Itálica
Románica
Ítalo-occidental
Occidental
Galo-ibérica
Ibero-románica
Ibero-occidental
Galaico-portuguesa
Galego
Estatuto oficial
Lingua oficial de: Galiza, aceptada oralmente como portugués no Parlamento Europeo.
Regulado por: Real Academia Galega
Códigos de lingua
ISO 639-1: gl
ISO 639-2: glg
ISO 639-3: glg
SIL: GLG
Mapa
Status
Falantes de galego como primeira lingua segundo os censos de poboación e vivendas do Instituo Galego de Estatística (2001)
Lingua inicial segundo a idade (Mapa Sociolinguístico de Galicia 2004)

A lingua galega é unha lingua romance nada e desenvolvida na antiga provincia romana da Gallaecia (que abranguía o territorio da Galicia actual, o norte de Portugal e territorios lindantes polo leste).

Historia da lingua

Artigo principal: Historia da lingua galega.

A lingua galega é unha lingua romance ou neolatina, con influencia léxica pre-celta, celta, éuscara, xermánica, provenzal, castelá (arabismos, prestamos lingüísticos, ortografía moderna e certos rasgos fonéticos) e amerindia.

O galego moderno descende do galego-portugués, lingua medieval que evolucionou e deu lugar aos actuais galego e portugués. A lingua galega fálase en Galicia, nos concellos limítrofes dos territorios españois de Asturias, León, Zamora, en tres concellos estremeños e nas comunidades de galegos emigrantes en Arxentina e Uruguai (máis de tres millóns de emigrantes galegos vivindo naqueles países).

A lingua galega é un romance autónomo para as autoridades lingüísticas oficiais en Galicia, emparentado co portugués, mentres para outros lingüistas aínda hoxe é unha variante co-dialectal do diasistema lingüístico galego-portugués.

A lingua considérase formada arredor do s. IX no que se refire á oralidade, como resultado da asimilación do latín vulgar falado polos conquistadores romanos no s. II dC.

No seu momento foi lingua culta fóra dos reinos de Galicia e Portugal nos reinos veciños de León e Castela. Escribiu en galego, por exemplo, o rei Afonso X o Sabio, as "Cantigas de Santa María". A súa importancia foi tal que se considera a segunda literatura durante a Idade Media, só despois do Occitano.

Recentemente foi achado o documento máis antigo escrito en galego no territorio actual galego que se conserva, o cal data do ano 1228, trátase do Foro do burgo de Castro Caldelas outorgado por Afonso IX en abril do dito ano ao municipio de Allariz (Galicia).

O galego-portugués tivo case 700 anos de existencia oficial e plena, pero as derrotas que a nobreza galega sufriu ao tomar partido polos bandos perdedores nas guerras de poder de finais do s. XIV e primeiros do s. XV provoca a asimilación da nobreza galega e a dominación castelá, o que leva consigo unha opresión e unha desaparición pública, oficial, literaria e relixiosa da lingua galega ata finais do s. XIX. Son os chamados Séculos Escuros. O portugués, pola súa banda, gozou durante este período dunha protección e desenvolvemento libre grazas a que Portugal foi o único territorio peninsular que permaneceu alleo ao dominio lingüístico do castelán.

Na actualidade o galego fálano case tres millóns de persoas; é a lingua minorizada con maior comprensión e uso porcentual dentro do Estado Español. É idioma oficial na Nacionalidade Histórica de Galicia (onde o castelán é co-oficial), e tamén se fala na Terra Eo-Navia (Asturias), no Baixo Bierzo (León), nas Portelas (Zamora) e na Serra de Xálima (Cáceres). Así mesmo é a lingua da importante comunidade galega no exterior, espallada por todo o mundo.

Desde o punto de vista reintegracionista, Galicia fala unha lingua que ten 200 millóns de falantes no mundo, coñecida como portugués. Aínda, no chamado galego do continente europeo, deberiamos incluír as falas do norte de Portugal, que conforman un conxunto relativamente unitario de falares no cadro da actual euro-rexión Galicia-Norte de Portugal.

Cada 17 de maio celébrase o "Día das Letras Galegas" dedicado a un escritor nesta lingua (elixido pola Real Academia Galega). O día escollido utilízano os organismos oficiais para potenciaren o uso e o coñecemento da lingua galega.

Características do galego

O galego, polo seu caracter períferico, distinguese do resto dos romances polo seu caracter á vez conservador e orixinal. Entre os últimos fenómenos están a queda de -n- e -l- intervocálicos (acontecida nos séculos IX e X) e a evolución de cl- pl- e fl- iniciais latinos e entre os conservadores a sintaxe e a conservación de expresións e fenómenos latinos (como o futuro de conxuntivo, ainda que con outro uso) que desapareceron na maioría dos romances.

Sons

Artigo principal: As vogais galegas.
Os fonemas vocálicos do Galego
Os fonemas vocálicos do Galego
Vogais
Fonema (IPA) Grafema Exemplo
/a/ a nada
/e/ e tres
/ɛ/ e ferro
/i/ i min
/o/ o bonito
/ɔ/ o home
/u/ u rúa

Este é o sistema común a todos os falares galegos excepto a fala de Estremadura, que apresenta 5 vogais como o castelán.

Consoantes do galego
Bilabiais Labiodentais Dentais Alveolares Pós-alveolares Palatais Velares
Realización xorda sonora xorda xorda sonora xorda sonora xorda sonora xorda sonora
Oclusivas p b t d k g
Nasais m n ɲ ɳ
Fricativas f θ s ʃ
Africadas
Laterais l ʎ
Tepes ɾ
Vibrante r

† Este fonema esta presente só nos dialectos galegos non seseantes, aqueles que pronuncian pazo de forma ben distinta de paso.

Mapa lingüístico do Galego cos bloques e as áreas lingüísticos.

Institucións relacionadas

Competencia lingüística en galego. Datos baseados no Mapa Sociolingüístico de Galicia 2004
Falantes en galego e castelán
Cartel 2.
Cartel 3.

Asociacións relacionadas

• AGAL, Associaçom Galega da Língua.
• MNL, Mesa pola Normalización Lingüística.

Ligazóns

Outros

Cartel 11.

Ligazóns externas

Ligazóns da RAG

Ligazóns da Xunta de Galicia

Ligazóns de Universidades

Outras ligazóns

Modelo:Lingua románica