Henrique I de Castela: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 4: Liña 4:


== Traxectoria ==
== Traxectoria ==
Fillo menor de [[Afonso VIII de Castela|Afonso VIII]] e de [[Leonor de Plantagenet]], accedeu ó trono con dez anos ó morrer os seus seis irmáns homes. A súa minoría de idade supuxo a apertura dun período de rexencia de 24 días por parte da súa nai. Trala súa morte asumiu a rexencia a súa irmá maior, [[Berenguela de León e Castela|Berenguela]], que residía na corte castelá trala anulación do seu matrimonio con [[Afonso IX de León]] polo papa [[Inocencio III, papa|Inocencio III]] en 1204.
Fillo mais novo de [[Afonso VIII de Castela|Afonso VIII]] e de [[Leonor de Plantagenet]], accedeu ó trono con dez anos ó morrer os seus seis irmáns homes. A súa minorídade supuxo a apertura dun período de rexencia de 24 días por parte da súa nai. Trala súa morte asumiu a rexencia a súa irmá mais vella, [[Berenguela de León e Castela|Berenguela]], que residía na corte castelá trala anulación do seu matrimonio con [[Afonso IX de León]] polo papa [[Inocencio III, papa|Inocencio III]] en 1204.


A rexencia de Berenguela foi contestada pola [[familia Lara]], nobres casteláns que xa se destacaran polas súas intrigas durante a minoría de idade de Afonso VIII. Encabezados polo conde [[Álvaro Núñez de Lara]], negaban a oportunidade de que unha muller se fixese cargo da rexencia do reino, empuxando a Berenguela a renunciar á rexencia para evitar os mesmos conflitos que caracterizaron os primeiros anos do reinado do seu pai Afonso VIII.
A rexencia de Berenguela foi contestada pola [[familia Lara]], nobres casteláns que xa se destacaran polas súas intrigas durante a minoría de idade de Afonso VIII. Encabezados polo conde [[Álvaro Núñez de Lara]], negaban a oportunidade de que unha muller se fixese cargo da rexencia do reino, empuxando a Berenguela a renunciar á rexencia para evitar os mesmos conflitos que caracterizaron os primeiros anos do reinado do seu pai Afonso VIII.
Liña 15: Liña 15:
Porén, antes de celebrar os esponsais, Henrique I faleceu en Palencia de forma accidental, ó caer sobre el unha tella desprendida dunha das torres do pazo episcopal de Palencia, onde xogaba con outros nenos.
Porén, antes de celebrar os esponsais, Henrique I faleceu en Palencia de forma accidental, ó caer sobre el unha tella desprendida dunha das torres do pazo episcopal de Palencia, onde xogaba con outros nenos.


Á súa morte apareceu un problema sucesorio. Elixida Berenguela, irmá de Henrique e esposa de Afonso IX, como reina en 1217, renunciou en favor do seu fillo, o herdeiro dos reinos de [[reino de Galiza|Galiza]] e [[reino de León|León]] [[Fernando III o Santo]].
Á súa morte apareceu un problema sucesorio. Elixida Berenguela, irmá de Henrique e esposa de Afonso IX, como raíña en 1217, renunciou en favor do seu fillo, o herdeiro dos reinos de [[reino de Galiza|Galiza]] e [[reino de León|León]] [[Fernando III o Santo]].


== Notas ==
== Notas ==

Revisión como estaba o 22 de maio de 2021 ás 12:04

Infotaula de personaHenrique I de Castela

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento14 de abril de 1204 Editar o valor em Wikidata
Valladolid Editar o valor em Wikidata
Morte6 de xuño de 1217 Editar o valor em Wikidata (13 anos)
Palencia Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte accidental Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaMosteiro de las Huelgas Editar o valor em Wikidata
Monarca do Reino de Castela
1214 – 1217 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Castela Editar o valor em Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióngobernante Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloRei de Castela Editar o valor em Wikidata
FamiliaCasa de Borgoña Editar o valor em Wikidata
CónxuxeMafalda de Portugal (1215 (Gregoriano)–)
PaisAfonso VIII de Castela Editar o valor em Wikidata  e Leonor Plantagenet Editar o valor em Wikidata
IrmánsBranca de Castela, Leonor de Castela, Berenguela de Castela, Urraca de Castela, Sancho de Castilla (en) Traducir, Sancha de Castilla (en) Traducir, Mafalda de Castilla (en) Traducir, Ferdinand of Castile (en) Traducir e Constanza de Castilla (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Castilla-111

Henrique I de Castela, nado en Valladolid o 14 de abril de 1204 e finado en Palencia o 6 de xuño de 1217, chamado tamén Henrique de Borgoña, foi rei de Castela[1] entre 1214 e 1217.

Traxectoria

Fillo mais novo de Afonso VIII e de Leonor de Plantagenet, accedeu ó trono con dez anos ó morrer os seus seis irmáns homes. A súa minorídade supuxo a apertura dun período de rexencia de 24 días por parte da súa nai. Trala súa morte asumiu a rexencia a súa irmá mais vella, Berenguela, que residía na corte castelá trala anulación do seu matrimonio con Afonso IX de León polo papa Inocencio III en 1204.

A rexencia de Berenguela foi contestada pola familia Lara, nobres casteláns que xa se destacaran polas súas intrigas durante a minoría de idade de Afonso VIII. Encabezados polo conde Álvaro Núñez de Lara, negaban a oportunidade de que unha muller se fixese cargo da rexencia do reino, empuxando a Berenguela a renunciar á rexencia para evitar os mesmos conflitos que caracterizaron os primeiros anos do reinado do seu pai Afonso VIII.

A tutela do conde de Lara produciu desavinzas entre a nobreza castelá, que temía o enorme poder que con ela obtiñan os Lara, que desde un primeiro momento manobraron para consolidar a súa posición concertando en 1215 o matrimonio de Henrique coa infanta Mafalda de Portugal, filla do rei Sancho I. O matrimonio nunca foi consumado e acabou sendo anulado ó ano seguinte por Inocencio III, debido ó grao de parentesco entre eles.

Sepulcro do rei, no Monasterio de las Huelgas de Burgos.

Isto motivou ó conde Álvaro Núñez de Lara a concertar un novo matrimonio de Henrique con Sancha, filla de Afonso IX, co que se pretendía unir os reinos de Castela-Toledo e Galiza-León e apartar da liña sucesoria dos dous reinos a Fernando, fillo de Berenguela e do propio rei galego-leonés.

Porén, antes de celebrar os esponsais, Henrique I faleceu en Palencia de forma accidental, ó caer sobre el unha tella desprendida dunha das torres do pazo episcopal de Palencia, onde xogaba con outros nenos.

Á súa morte apareceu un problema sucesorio. Elixida Berenguela, irmá de Henrique e esposa de Afonso IX, como raíña en 1217, renunciou en favor do seu fillo, o herdeiro dos reinos de Galiza e León Fernando III o Santo.

Notas

  1. A titulación completa era Rex Castelle et Toleti (Rei de Castela e Toledo)
Reino de Castela

Segue a:
Afonso VIII de Castela
Henrique I de Castela
Precede a:
Berenguela de León e Castela
Borgoña