Georgii Zhukov: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
|||
Liña 8: | Liña 8: | ||
Tras a [[Operación Barbarossa|invasión alemá da Unión Soviética]], Zhúkov perdeu a súa posición como xefe do Estado Maior. Posteriormente organizou as defensas de [[Leningrado]], [[Moscova]] e [[Stalingrado]]. Participou planeando varias grandes ofensivas, incluídas a [[batalla de Kursk]]<nowiki/>e a [[Operación Bagration]]. En 1945 Zhúkov comandou a 1º Fronte Belarusa; tomou parte na [[ofensiva Vístula-Oder]] e na [[batalla de Berlín]], que resultou na derrota da Alemaña nazi e no final da guerra en Europa. En recoñecemento ao seu papel durante a guerra foi elixido para aceptar o Instrumento de rendición alemá e inspeccionar o desfile da vitoria en Moscova en 1945. |
Tras a [[Operación Barbarossa|invasión alemá da Unión Soviética]], Zhúkov perdeu a súa posición como xefe do Estado Maior. Posteriormente organizou as defensas de [[Leningrado]], [[Moscova]] e [[Stalingrado]]. Participou planeando varias grandes ofensivas, incluídas a [[batalla de Kursk]]<nowiki/>e a [[Operación Bagration]]. En 1945 Zhúkov comandou a 1º Fronte Belarusa; tomou parte na [[ofensiva Vístula-Oder]] e na [[batalla de Berlín]], que resultou na derrota da Alemaña nazi e no final da guerra en Europa. En recoñecemento ao seu papel durante a guerra foi elixido para aceptar o Instrumento de rendición alemá e inspeccionar o desfile da vitoria en Moscova en 1945. |
||
Tras a guerra o éxito e popularidade de Zhúkov causaron que [[Iosif Stalin]] o vise como unha potencial ameaza. Stalin quitouno das súas posicións e relegouno a mandos militares de pouca importancia estratéxica. Tras a morte de Stalin en 1953, Zhúkov apoiou a candidatura de [[Nikita Khrushchev]] para o liderazgo soviético. En 1955 foi nomeado Ministro de Defensa e foi integrado no Presidium. En 1957 perdeu novamente o favor e víuse obrigado a retirarse. Nunca volveu a ocupar unha posición relevante e morreu en 1974. |
|||
== Traxectoria == |
== Traxectoria == |
||
=== Inicios === |
=== Inicios === |
||
Fillo de labregos de etnia rusa asolada pola pobreza en [[Strelkovka]].<ref name=":0">{{Cita libro|título=Stalin's general : the life of Georgy Zhukov|url=https://www.worldcat.org/oclc/793689868|editorial=Icon|data=2012|lugar=London|ISBN=978-1-8483-1443-6|OCLC=793689868|apelidos=Roberts, Geoffrey, 1952-|nome=|ano=|ref=}}</ref> O seu pai Konstantin, que quedara orfo aos dous anos e foi adoptado por Anuska Zhukova, era zapateiro.<ref name=":0" /> |
Fillo de labregos de etnia rusa asolada pola pobreza en [[Strelkovka]].<ref name=":0">{{Cita libro|título=Stalin's general : the life of Georgy Zhukov|url=https://www.worldcat.org/oclc/793689868|editorial=Icon|data=2012|lugar=London|ISBN=978-1-8483-1443-6|OCLC=793689868|apelidos=Roberts, Geoffrey, 1952-|nome=|ano=|ref=}}</ref> O seu pai Konstantin, que quedara orfo aos dous anos e foi adoptado por Anuska Zhukova, era zapateiro. A súa nai Ustin'ya traballaba no agro. Dicíase que Zhúkov parecíase á súa nai e cría que herdara dela a súa forza física; supostamente, Ustin'ya era capaz de realizar tarefas esixentes como levar sacos de grans de 200 libras a grandes distancias.<ref name=":0" /> Nunha época na que a maioría dos membros das clases traballadoras e pobres de Rusia completaban só dous anos de escolarización, Zhúkov completou o curso de educación primaria de tres anos na escola da súa cidade natal. Despois foi aprendiz de peleteiro en Moscova co irmán da súa nai Mikhail.<ref name=":0" /> |
||
Ingresou na academia de oficiais de cabalería por méritos propios ao non ser aristócrata. Foi condecorado en varias ocasións na [[Primeira Guerra Mundial]]. Participou como bolxevique na guerra civil rusa e foi condecorado por esmagar un levantamento labrego branco. |
|||
En [[1938]] dirixiu o exército soviético mongol que derrotou ás tropas xaponesas mediante a utilización pioneira de columnas móbiles blindadas. |
En [[1938]] dirixiu o exército soviético mongol que derrotou ás tropas xaponesas mediante a utilización pioneira de columnas móbiles blindadas. |
Revisión como estaba o 3 de febreiro de 2021 ás 01:03
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2012.) |
Georgii Konstantínovich Zhúkov (en ruso: Гео́ргий Константи́нович Жу́ков), nado o 1 de decembro de 1896 e finado o 18 de xuño de 1974 foi un xeneral soviético e mariscal da Unión Soviética. Tamén foi Xefe do Estado Maior, Ministro de Defensa, e membro do Presidium do Partido Comunista (despois Politburó). Durante a segunda guerra mundial Zhúkov supervisou algunhas das vitorias máis decisivas do Exército Vermello.
Nado nunha familia pobre de labregos do centro de Rusia, Zhúkov foi recrutado polo Exército Imperial Ruso e loitou na primeira guerra mundial. Serviu no Exército Vermello durante a guerra civil rusa e gradualmente foi subindo de rango, chegando en 1939 a conseguir o mando dun grupo de exércitos e gañando unha decisiva batalla contra as forzas xaponesas en Khalkhin Gol, pola cal gañou o primeiro dos seus catro títulos de Heroe da Unión Soviética. En febreiro de 1941 Zhúkov foi nomeado xefe do Estado Maior do Exército Vermello.
Tras a invasión alemá da Unión Soviética, Zhúkov perdeu a súa posición como xefe do Estado Maior. Posteriormente organizou as defensas de Leningrado, Moscova e Stalingrado. Participou planeando varias grandes ofensivas, incluídas a batalla de Kurske a Operación Bagration. En 1945 Zhúkov comandou a 1º Fronte Belarusa; tomou parte na ofensiva Vístula-Oder e na batalla de Berlín, que resultou na derrota da Alemaña nazi e no final da guerra en Europa. En recoñecemento ao seu papel durante a guerra foi elixido para aceptar o Instrumento de rendición alemá e inspeccionar o desfile da vitoria en Moscova en 1945.
Tras a guerra o éxito e popularidade de Zhúkov causaron que Iosif Stalin o vise como unha potencial ameaza. Stalin quitouno das súas posicións e relegouno a mandos militares de pouca importancia estratéxica. Tras a morte de Stalin en 1953, Zhúkov apoiou a candidatura de Nikita Khrushchev para o liderazgo soviético. En 1955 foi nomeado Ministro de Defensa e foi integrado no Presidium. En 1957 perdeu novamente o favor e víuse obrigado a retirarse. Nunca volveu a ocupar unha posición relevante e morreu en 1974.
Traxectoria
Inicios
Fillo de labregos de etnia rusa asolada pola pobreza en Strelkovka.[1] O seu pai Konstantin, que quedara orfo aos dous anos e foi adoptado por Anuska Zhukova, era zapateiro. A súa nai Ustin'ya traballaba no agro. Dicíase que Zhúkov parecíase á súa nai e cría que herdara dela a súa forza física; supostamente, Ustin'ya era capaz de realizar tarefas esixentes como levar sacos de grans de 200 libras a grandes distancias.[1] Nunha época na que a maioría dos membros das clases traballadoras e pobres de Rusia completaban só dous anos de escolarización, Zhúkov completou o curso de educación primaria de tres anos na escola da súa cidade natal. Despois foi aprendiz de peleteiro en Moscova co irmán da súa nai Mikhail.[1]
Ingresou na academia de oficiais de cabalería por méritos propios ao non ser aristócrata. Foi condecorado en varias ocasións na Primeira Guerra Mundial. Participou como bolxevique na guerra civil rusa e foi condecorado por esmagar un levantamento labrego branco.
En 1938 dirixiu o exército soviético mongol que derrotou ás tropas xaponesas mediante a utilización pioneira de columnas móbiles blindadas.
Segunda guerra mundial
Tras o avance vitorioso do exército alemán na súa invasión de Rusia, se lle encomendou a defensa de Leningrado, que logrou resistir. Máis adiante Zúkhov foi o xeneral que conseguiu frear aos alemáns ás portas de Moscova e rexeitalos e un aos que se lle debe a decisiva vitoria de Stalingrado. O último intento alemán a gran escala foi neutralizado por Zhúkov na colosal batalla de Kursk. A partir de aí Zúkhov será o líder militar que conduciría aos exércitos soviéticos ata Berlín (Operación Bragation). Esta foi unha turrada militar colosal que causou aos exércitos do Eixo case medio millón de baixas. Wilhelm Keitel asinaría perante el a rendición de Alemaña.
Comandou o desfile da vitoria na Praza Roxa de Moscova, pero máis tarde Stalin destinaríao a postos secundarios. Con Nikita Khrushchev foi un fugaz Ministro de Defensa (1956).
Notas
- ↑ 1,0 1,1 1,2 Roberts, Geoffrey, 1952- (2012). Stalin's general : the life of Georgy Zhukov. London: Icon. ISBN 978-1-8483-1443-6. OCLC 793689868.
A Galipedia ten un portal sobre: Rusia |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Georgii Zhukov |