John Trulock: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Dodro (conversa | contribucións)
datas incorrectas
Dodro (conversa | contribucións)
m escolla do primeiro editor
Liña 1: Liña 1:
{{Biografía
{{Biografía
|descrición = John Trulock co seu neto [[Camilo José Cela]] no colo en 1916.
|descrición = John Trulock co seu neto [[Camilo José Cela]] no regazo en 1916.
|ocupación = xerente de [[The West Galicia Railway Company Limited|The West Galicia Railway Co. Ltd.]]
|ocupación = xerente de [[The West Galicia Railway Company Limited|The West Galicia Railway Co. Ltd.]]
|cónxuxe = Josefina Catalina Aida Bertorini
|cónxuxe = Josefina Catalina Aida Bertorini

Revisión como estaba o 18 de agosto de 2020 ás 07:51

Infotaula de personaJohn Trulock

John Trulock co seu neto Camilo José Cela no regazo en 1916 Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento31 de decembro de 1856 Editar o valor em Wikidata
Bow Editar o valor em Wikidata
Morte8 de xuño de 1919 Editar o valor em Wikidata (62 anos)
Iria Flavia, España Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturacemiterio de Adina Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido de Gran Bretaña e Irlanda Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxerente de The West Galicia Railway Co. Ltd.
Familia
CónxuxeJosefina Catalina Aida Bertorini
Fillos


John Trulock, nado en Bow (Londres) o 31 de decembro de 1856 e finado en Iria Flavia (Padrón) o 8 de xuño de 1919,[1] foi o xerente en Galicia da compañía inglesa The West Galicia Railway Co. Ltd., propietaria da primeira liña de ferrocarril entre Santiago de Compostela e Vilagarcía de Arousa.[2][3][a]

Traxectoria

Fillo de John Trulock (1814—1869), un comerciante de millo natural de Bow, e de Henrietta Glascott (1833— ), natural de Whitechapel, que casaron o 31 de xullo de 1855.[b] John Trulock foi o irmán máis vello doutros cinco fillos do matrimonio; Alfred, Arthur, Henry, Kate e mais Ellen.

John naceu en Bow[c] e residiu con seus pais e os seus cinco irmáns en varios lugares do leste de Londres ó longo da súa infancia.[1][d] Tivo unha existencia cómoda ata os trece anos, mais cando seu pai finou o día 24 de agosto de 1869 á idade de 55 anos, tódalas pertenzas da familia foron vendidas pouco tempo despois nunha poxa.[1]

A familia foi separada; no censo de 1871 consta que seus irmáns foran acollidos en diferentes asilos para orfos da cidade de Londres,[e] non obstante, John con 14 anos vivía de forma independente e figura no censo como traballador dun almacén para unha fábrica de paraugas en Holborn.[1]

Cando contaba 18 anos de idade Trulock encontrábase en Galicia e foi nomeado voceiro da compañía Sociedad del Ferro-Carril Compostelano de la Infanta Doña Isabel na xunta xeral de accionistas de 1875. En 1876 John Trulock figura como membro do consello do Ferro-Carril Compostelano, representando o financeiro británico da compañía Credit Foncier.[6] En 1883 aparece como xerente,[7] cargo que ocuparía ata a súa morte en Iria Flavia no ano 1919.

Casou o 31 de maio de 1889 no Consulado británico da Coruña con Josefina Bertorini, filla do seu socio comercial Camilo Bertorini e a súa esposa María Margarita Jones. O matrimonio tivo sete fillos, incluída María, que casaría con Eduardo Rodríguez-Losada Rebellón, e mais Camila, a nai de Camilo José Cela Trulock.[8]

John Trulock faleceu o 8 de xuño de 1919 ós 62 anos de idade e foi soterrado no cemiterio de Adina, en Iria Flavia.

Sepulcro de John Trulock e a súa familia.

Recoñecemento

Trala inauguración da Fundación Camilo José Cela no ano 1991 creouse o 25 de maio de 1999 o Museo do Ferrocarril,[9] integrado dentro da casa Museo Camilo José Cela, en homenaxe a John Trulock.[10]

Notas

  1. O primeiro camiño de ferro de Galicia foi inaugurado o 15 de setembro de 1873 e unía a estación de Cornes, no concello de Conxo, preto de Santiago de Compostela, coa estación do Carril, no concello do Carril, preto de Vilagarcía de Arousa.[4]
  2. John Trulock (pai) e Henrietta Glascott casaron o 31 de xullo de 1855 na Holy Trinity Church (en galego igrexa da Santísima Trindade), en Mile End, Londres.
  3. John Trulock naceu nunha casa de Tredegar Square en Bow, no leste de Londres, o 31 de decembro de 1856.[1]
  4. Residiu en diferentes lugares do leste de Londres durante a súa infancia, incluíndo Bow (1855—1859), Bromley (1860—1863), Woodford Green (1865—1867) e Hackney (1969).[5]
  5. No censo de 1871, Arthur atopábase no British Orphan Asylum (Asilo para Orfos Británicos) en Berkshire; Alfred e Henry encontrábanse no City of London Orphan School (Escola para Orfos da Cidade de Londres), en Lambeth; Kate e mais Ellen estaban no Infant Orphan Asylum (Asilo para Nenos Orfos) de Wanstead. Descoñécese o paradoiro de súa nai.[1]
Referencias
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Hooper, Kirsty (08-05-2014). "From Mile End to Iria Flavia: John Trulock (1856-1919), a British Railwayman in Galicia". Hispanic Britain (en inglés). Consultado o 05-04-2020. 
  2. "Historia do ferrocarril en Carril e Vilagarcía de Arousa". patrimoniovilagarcia.com. Consultado o 08-07-2020. 
  3. Peris Torner, Juan (06-03-2012). "Santiago a Carril y Pontevedra, (The West Galicia Railway Company Limited)". spanishrailway.com (en castelán). Consultado o 08-07-2020. 
  4. "...Cuando 'El Compostelano' enlazaba Santiago con Carril desde la estación de tren de Cornes". El Correo Gallego (en castelán). 02-02-2018. Consultado o 08-07-2020. 
  5. Hooper, Kirsty. "John Trulock en Londres". Consultado o 08-07-2020. 
  6. "Ferro-carril Compostelano". El Diario de Santiago (en castelán). 21-08-1876. p. 1. Consultado o 06-04-2020. —Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia. 
  7. "Ferro-Carril Compostelano". Gaceta de los Caminos de Hierro (en castelán). 25-03-1883. pp. 9–10. Consultado o 06-04-2020. —Hemeroteca Digital de la Biblioteca Nacional de España. 
  8. "John Trulock Family Tree". geneanet.org. Consultado o 06-04-2020. 
  9. "Cronología de Camilo José Cela". Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes. Consultado o 08-07-2020. 
  10. "Museo do Ferrocarril da Fundación Camilo José Cela". fundacioncela.gal. Consultado o 08-07-2020. 

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas