El Diario de Santiago

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

El Diario de Santiago, foi un periódico galego editado entre 1873 e 1879 en Santiago de Compostela.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Subtitulado De intereses materiales, noticias y anuncios, foi un periódico liberal fundado por Manuel Bibiano Fernández. O primeiro número apareceu o 6 de xullo de 1873, seguindo a numeración deixada pola anterior cabeceira, La Gacetilla de Santiago, da que era continuación. Dirixido por Manuel Bibiano Fernández e Alfredo Vicenti, contou coa colaboración de Alberto de Quintana. Tivo moitos problemas e unha forte censura eclesiástica (foi excomungado polo cardeal Payá). Cambiou o seu nome polo de Gaceta de Galicia en 1879.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]