Arco farínxeo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m →‎4º e 6º arcos: Arranxos varios + cda
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
 
Liña 32: Liña 32:


=== 1º arco ===
=== 1º arco ===
Único arco revestido totalmente por ectoderma (pola súa posición anterior á membrana bucofarínxea), presenta unha porción dorsal, o [[proceso maxilar]] e unha ventral ou [[mandíbula|mandibular]] que contén a [[cartilaxe de Meckel]] (que orixina o [[martelo (óso)|martelo]] e a [[bigornia (óso)|bigornia]]). Inervación da responsabilidade do [[nervio trixémino]], orixina os músculos da [[mastigación]], o [[Músculo milohioide|milohioide]], o ventre anterior do [[músculo digástrico]], o tensor do [[veo do padal]] e o [[tensor do tímpano]]. Orixina toda unha serie de [[óso]]s da face.
Único arco revestido totalmente por ectoderma (pola súa posición anterior á membrana bucofarínxea), presenta unha porción dorsal, o [[proceso maxilar]] e unha ventral ou [[mandíbula|mandibular]] que contén a [[cartilaxe de Meckel]] (que orixina o [[martelo (óso)|martelo]] e a [[bigornia (óso)|bigornia]]). Innervación da responsabilidade do [[nervio trixémino]], orixina os músculos da [[mastigación]], o [[Músculo milohioide|milohioide]], o ventre anterior do [[músculo digástrico]], o tensor do [[veo do padal]] e o [[tensor do tímpano]]. Orixina toda unha serie de [[óso]]s da face.


=== 2º arco ===
=== 2º arco ===
Liña 41: Liña 41:


=== 4º e 6º arcos ===
=== 4º e 6º arcos ===
Orixinan as cartilaxes da [[larinxe]]. Os músculos do 4º arco ([[Músculo cricotiroide|cricotiroide]], [[elevador do palato]] e [[constritor da farinxe|contritores da farinxe]]) son inervados polo ramo larínxeo superior do [[nervio vago]]. Os músculos intrínsecos da larinxe (6º arco) polo [[nervio larínxeo recorrente]], tamén ramo do vago.
Orixinan as cartilaxes da [[larinxe]]. Os músculos do 4º arco ([[Músculo cricotiroide|cricotiroide]], [[elevador do palato]] e [[constritor da farinxe|contritores da farinxe]]) son innervados polo ramo larínxeo superior do [[nervio vago]]. Os músculos intrínsecos da larinxe (6º arco) polo [[nervio larínxeo recorrente]], tamén ramo do vago.


{{Control de autoridades}}
{{Control de autoridades}}

Revisión actual feita o 25 de maio de 2020 ás 10:36

Arco farínxeo
Gray's pág.65

Os arcos farínxeos ou arcos branquiais son unhas estruturas, preponderantemente mesodérmicas, situadas aos dous lados da farinxe, que se orixinan durante o desenvolvemento embrionario dos animais do filo Cordados (desenvólvense ao redor da cuarta ou quinta semana no ser humano). Poden permanecer no individuo adulto, como no caso das lampreas, ou só seren plenamente funcionais en estado embrionario, como no caso humano; non obstante, nos seres humanos existen reminiscencias, como a trompa de Eustaquio e outras partes do oído, que conforman o canal auditivo. Inicialmente estes arcos consisten en segmentos de tecido mesenquimatoso separado polas fendas branquiais. Simultaneamente, desenvólvense nas paredes laterais do intestino farínxeo as bolsas farínxeas. Estas penetran no mesénquima, mais non establecen unha comunicación externa coas fendas.

Cada arco farínxeo consiste nun centro de tecido mesenquimatoso cuberto externamente por ectoderma e internamente por endoderme. Alén do mesénquima presentan un compoñente muscular, nervioso e sanguíneo.

Sitúanse ventrolateralmente no animal. Normalmente hai sete pares de arcos farínxeos, e presentan unha disposición claramente seriada, de maneira que se denominan -da parte máis cefálica á máis caudal- seguindo os números romanos: I, II, III etc.

O primeiro arco farínxeo, o I, é o primeiro en aparecer: sepárase o estomodeo do pericardio. Os seis pares de arcos seguintes orixínanse posteriormente, debido ao crecemento diferencial da farinxe.

Arcos farínxeos[editar | editar a fonte]

1º arco[editar | editar a fonte]

Único arco revestido totalmente por ectoderma (pola súa posición anterior á membrana bucofarínxea), presenta unha porción dorsal, o proceso maxilar e unha ventral ou mandibular que contén a cartilaxe de Meckel (que orixina o martelo e a bigornia). Innervación da responsabilidade do nervio trixémino, orixina os músculos da mastigación, o milohioide, o ventre anterior do músculo digástrico, o tensor do veo do padal e o tensor do tímpano. Orixina toda unha serie de ósos da face.

2º arco[editar | editar a fonte]

A cartilaxe do segundo arco (cartilaxe de Reichert) orixina o estribo, a apófise estiloide do óso temporal, o ligamento estilohioide, e ventralmente o corno menor do óso hioide e a parte superior do corpo. Os músculos son o estapedio, estilohioide, ventre posterior do digástrico, auriculares e da expresión facial. O nervio para o 2º arco é o facial.

3º arco[editar | editar a fonte]

A cartilaxe deste arco orixina a parte inferior do corpo do hioide e os cornos maiores. O músculo estilofarínxeo da responsabilidade do nervio glosofarínxeo.

4º e 6º arcos[editar | editar a fonte]

Orixinan as cartilaxes da larinxe. Os músculos do 4º arco (cricotiroide, elevador do palato e contritores da farinxe) son innervados polo ramo larínxeo superior do nervio vago. Os músculos intrínsecos da larinxe (6º arco) polo nervio larínxeo recorrente, tamén ramo do vago.