Nervio glosofarínxeo
Aparencia
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
| Nervio glosofarínxeo | |||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| nervus glossopharyngeus | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||||||||
O nervio glosofarínxeo é o noveno par cranial (IX). A súa orixe atópase no bulbo raquídeo do encéfalo. Atravesa o forame xugular e faise exocranial. Este nervio segue ó músculo estilofarínxeo e pasa entre os músculos constritores superior e medio da farinxe para acadar a orofarinxe e a lingua. Contribúe ó plexo nervioso farínxeo. O nervio glosofaríngeo chega á lingua e á farinxe.
Funcións do nervio
[editar | editar a fonte]- Recolle sensibilidade do terzo posterior da lingua, oído medio, farinxe e seo carotídeo.
- Envía ramos parasimpáticos para a parótide a través do ganglio ótico.
- Envía ramos motores para o músculo estilo-farínxeo.
- Envía ramos para o plexo farínxeo.
Núcleos asociados
[editar | editar a fonte]- Núcleo solitario: recolle información do terzo posterior da lingua e dos baro e quimiorreceptores carotídeos.
- Núcleo espiñal do trixémino
- Núcleo ambiguo
- Núcleo salivar inferior: leva información parasimpática ás glándulas salivares.
Ramos
[editar | editar a fonte]- Anastomose co nervio vago
- Nervio timpánico
- Nervio estilo-farínxeo
- Nervio para o seo carotídeo
- Ramos para o terzo posterior da lingua
- Ramos linguais, que se anastomosarán co nervio lingual
- Ramos menínxeos
- Ramo auricular
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Nervios craniais |
|---|
| CN I - Olfactorio |
| CN II - Óptico |
| CN III - Oculomotor |
| CN IV - Troclear |
| CN V - Trixémino |
| CN VI - Abducente |
| CN VII - Facial |
| CN VIII - Vestíbulococlear |
| CN IX - Glosofarínxeo |
| CN X - Vago |
| CN XI - Accesorio |
| CN XII - Hipogloso |