Revue Numismatique: Diferenzas entre revisións
Créase o artigo, sobre a base na versión en francés e con achegas de contido, notas, ligazóns e referencias bibliográficas resultado de investigación particular. |
Nova nota. Outros axustes. |
||
Liña 31: | Liña 31: | ||
}} |
}} |
||
'''''Revue Numismatique''''', cabeceira herdeira da anterior '''''Revue numismatique française''''', é unha [[revista científica]] [[Francia|francesa]] centrada no ámbito da [[numismática]], fundada en [[1835]] por Louis de La Saussaye e Étienne Cartier, e actualmente vinculada organicamente á [[Société française de numismatique|Sociedade Francesa de Numismática]].<ref>A. D. (1842). </ref> |
'''''Revue Numismatique''''', cabeceira herdeira da anterior '''''Revue de la numismatique française''''', é unha [[revista científica]] [[Francia|francesa]] centrada no ámbito da [[numismática]], fundada en [[1835]] por Louis de La Saussaye e Étienne Cartier, e actualmente vinculada organicamente á [[Société française de numismatique|Sociedade Francesa de Numismática]].<ref>A. D. (1842). </ref> |
||
== Historia == |
== Historia == |
||
Liña 38: | Liña 38: | ||
Desde os inicios do [[Renacemento]], os príncipes e os [[Humanismo renacentista|humanistas]] amosaron interese pola numismática [[Idade Antiga|antiga]] e conformaron coleccións [[Moeda|monetarias]] dentro dos seus gabinetes de [[Antigüidade (obxecto)|antigüidades]]. No gabinete de [[Luís XIV de Francia|Luís XIV]], instalado inicialmente en [[Versalles]] e posteriormente en París, está a orixe do actual [[Gabinete de Medallas da Biblioteca Nacional de Francia|Gabinete de Medallas]] da [[Bibliothèque nationale de France|Biblioteca Nacional de Francia]]. A partir do [[século XIX]], ese interese esténdese ás moedas nacionais e aparece unha comunidade de afeccionados, ansiosos por poderen debater e comunicar as súas descubesrtas.<ref>"[http://www.sfnumismatique.org/un-peu-dhistoire/#ffs-tabbed-11 Collectionneurs et numismates avant la Société]". ''Société française de numismatique''.</ref> |
Desde os inicios do [[Renacemento]], os príncipes e os [[Humanismo renacentista|humanistas]] amosaron interese pola numismática [[Idade Antiga|antiga]] e conformaron coleccións [[Moeda|monetarias]] dentro dos seus gabinetes de [[Antigüidade (obxecto)|antigüidades]]. No gabinete de [[Luís XIV de Francia|Luís XIV]], instalado inicialmente en [[Versalles]] e posteriormente en París, está a orixe do actual [[Gabinete de Medallas da Biblioteca Nacional de Francia|Gabinete de Medallas]] da [[Bibliothèque nationale de France|Biblioteca Nacional de Francia]]. A partir do [[século XIX]], ese interese esténdese ás moedas nacionais e aparece unha comunidade de afeccionados, ansiosos por poderen debater e comunicar as súas descubesrtas.<ref>"[http://www.sfnumismatique.org/un-peu-dhistoire/#ffs-tabbed-11 Collectionneurs et numismates avant la Société]". ''Société française de numismatique''.</ref> |
||
Neste contexto, en [[1835]] créase a ''Revue de la numismatique française'', da man dalgúns membros da Socedade Real dos Anticuarios de Francia e doutras sociedades [[Arqueoloxía|arqueolóxicas]] tanto francesas como doutros países, e dirixida nesta primeira etapa por Louis de La Saussaye e Étienne Cartier. O seu primeiro número apareceu o ano seguinte, en [[1836]]. |
Neste contexto, en [[1835]] créase a ''Revue de la numismatique française'', da man dalgúns membros da Socedade Real dos Anticuarios de Francia e doutras sociedades [[Arqueoloxía|arqueolóxicas]] tanto francesas como doutros países, e dirixida nesta primeira etapa por Louis de La Saussaye e Étienne Cartier. O seu primeiro número apareceu o ano seguinte, en [[1836]].<ref>Dumas, F. "[https://www.persee.fr/doc/numi_0484-8942_1987_num_6_29_1908 La création de la Revue de la numismatique françoise à travers la correspondance de Saulcy]". Revue Numismatique. 29. 1987. Páxinas 220-232. </ref> |
||
O nacemento da revista foi, xa que logo, anterior ao da Sociedade Francesa de Numismática, xa que esta non se constituíu ata [[1865]].<ref>Wojan, F. (2014). Páxina 312.</ref> E non foi aínda ata case un século despois, en [[1958]], cando a revista pasou a depender organicamente da SFN, en condición de editora.<ref>Le Rider, G. et al. (1965). Páxinas 27-29.</ref><ref>Lafaurie, J. (1986).</ref> |
O nacemento da revista foi, xa que logo, anterior ao da Sociedade Francesa de Numismática, xa que esta non se constituíu ata [[1865]].<ref>Wojan, F. (2014). Páxina 312.</ref> E non foi aínda ata case un século despois, en [[1958]], cando a revista pasou a depender organicamente da SFN, en condición de editora.<ref>Le Rider, G. et al. (1965). Páxinas 27-29.</ref><ref>Lafaurie, J. (1986).</ref> |
Revisión como estaba o 12 de novembro de 2018 ás 09:02
{{{1}}} Coordenadas: 48°50′01″N 02°22′33″L / 48.83361, -2.37583
Revue numismatique (ex-Revue numismatique française) | |
---|---|
País | Francia |
Lugar de publicación | París. |
Lingua | francés, alemán, inglés, castelán e italiano. |
Especialidade | Numismática |
Abreviatura | RN |
Fundación | 1835 |
Fundador | Louis de La Saussaye e Étienne Cartier. |
Primeira edición | 1836 |
Desenvolvemento | |
Editor | Société Française de Numismatique |
Circulación | |
Frecuencia | Anual. |
ISSN | 0484-8942 |
OCLC | 4734406 |
Na rede | |
http://www.persee.fr/collection/numi | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Revue Numismatique, cabeceira herdeira da anterior Revue de la numismatique française, é unha revista científica francesa centrada no ámbito da numismática, fundada en 1835 por Louis de La Saussaye e Étienne Cartier, e actualmente vinculada organicamente á Sociedade Francesa de Numismática.[1]
Historia
Fundación e evolución
Desde os inicios do Renacemento, os príncipes e os humanistas amosaron interese pola numismática antiga e conformaron coleccións monetarias dentro dos seus gabinetes de antigüidades. No gabinete de Luís XIV, instalado inicialmente en Versalles e posteriormente en París, está a orixe do actual Gabinete de Medallas da Biblioteca Nacional de Francia. A partir do século XIX, ese interese esténdese ás moedas nacionais e aparece unha comunidade de afeccionados, ansiosos por poderen debater e comunicar as súas descubesrtas.[2]
Neste contexto, en 1835 créase a Revue de la numismatique française, da man dalgúns membros da Socedade Real dos Anticuarios de Francia e doutras sociedades arqueolóxicas tanto francesas como doutros países, e dirixida nesta primeira etapa por Louis de La Saussaye e Étienne Cartier. O seu primeiro número apareceu o ano seguinte, en 1836.[3]
O nacemento da revista foi, xa que logo, anterior ao da Sociedade Francesa de Numismática, xa que esta non se constituíu ata 1865.[4] E non foi aínda ata case un século despois, en 1958, cando a revista pasou a depender organicamente da SFN, en condición de editora.[5][6]
A Revue Numismatique hoxe
Cada ano, a Sociedade publica un novo número de Revue Numismatique, e cada dez anos uns índices temáticos dos seus artigos, escritos polos máis prestixiosos investigadores tanto franceses como estranxeiros. As linguas admitidas nas colaboracións son, ademais do francés, o alemán, o inglés, o castelán e o italiano.[7] Na súa publicación, a Société Française de Numismatique conta coa colaboración do Centre National de la Recherche Scientifique (CNRS).
Os ámbitos dos que se ocupa Revue Numismatique abranguen a numismática e a histoira monetraia e, accesoriamente, a arqueoloxía, a historia económica, a histoira da arte, a epigrafía, a sixilografía e a glíptica, todas elas nos seus aspectos máis relacionados co estudo das moedas, as medallas e os obxectos monetiformes. As seccións da revista organízanse consonte as divisións histórico-culturais tradicionais: numismática celta, grega, romana, bizantina, medieval, moderna, contemporánea e oriental; ademais doutras como as medallas, as fichas monetiformes, e a historia da disciplina numismática e das coleccións.
Da dirección e da administración da Revue encárgase un comité de dirección composto por catro directores, asistidos por dous secretarios de redacción, e un comité de administración constituído polo comité de dirección mais un número igual de membros do Consello de Administration da Société Française de Numismatique.[8][9]
Listaxe de directores da revista
Preséntanse por orde cronolóxica os membros das direccións colexiadas da Revue Numismatique desde o seu primeiro número ata a actualidade:[10]
- (1836-1855): E. Cartier e Louis de La Saussaye.
- (1856-1877): J. de Witte e A de Longpérier.
- (1883-1905): A. de Barthélémy, G. Schlumberger e E. Babelon.
- (1906-1923): J. A. Blanchet, G. Schlumberger e E. babelon.
- (1924-1929): J. A. Blanchet, G. Schlumberger e A. Dieudonné.
- (1930-1930): J. A. Blanchet, A. Dieudonné e M. Prou.
- (1931-1938): J. A. Blanchet e A. Dieudonné.
- (1939-1945): J. A Blanchet, A. Dieudonné e J. Babelon.
- (1945-1947): J. A. Blanchet, J. Babelon e P le Gentihomme.
- (1947-1956): J. A. Blanchet, J. Babelon e P. Prieur.
- (1957-1957): J. Babelon.
- (1958-1961): J. Babelon, P. Prieur e J. Lafaurie.
- (1962-1972): J. Babelon, J. Lafaurie, G. le Rider e J. Tricou.
- (1972-1973): J. Lafaurie, G. le Rider e J. Tricou.
- (1974-1975): J. Lafaurie, G. le Rider, J. Tricou e J-B Giard.
- (1976-1976): J. Tricou, J-B. Giard e H. Nicolet.
- (1977-1986): J-B. Giard, H. Nicolet e F. Dumas.
- (1987-1987): J. Lafaurie, J-B Giard, H Nicolet e F. Dumas.
- (1988-1991): J. Lafaurie, J-B. Giard, C. Morrisson, F. Dumas.
- (1992-1996): J-B. Giard, F. Dumas, C. Morrisson e M. Amandry.
- (1997-2003): F. Dumas, C. Morrisson, M. Amandry, O. Picard.
- (2005-2013): C. Morrisson, M. Amandry, O. Picard, M Bompaire.
- (2014-2014): F. Duyrat, C. Morrisson, M. Bompaire e O. Picard.
- (2015-____): F. Fuyrat, C. Grandjean, C. Morrisson, M Bompaire e A. Suspène.
Notas
- ↑ A. D. (1842).
- ↑ "Collectionneurs et numismates avant la Société". Société française de numismatique.
- ↑ Dumas, F. "La création de la Revue de la numismatique françoise à travers la correspondance de Saulcy". Revue Numismatique. 29. 1987. Páxinas 220-232.
- ↑ Wojan, F. (2014). Páxina 312.
- ↑ Le Rider, G. et al. (1965). Páxinas 27-29.
- ↑ Lafaurie, J. (1986).
- ↑ "Revue Numnismatique". En Forum Ancient Coins.
- ↑ "Revue Numismatique". Société Française de Numismatique.
- ↑ Lafaurie, J. (1986)
- ↑ "Directeurs et sécretaires de la Revue Numnismatique 1836-1986". En Lafaurie, J. (1986). Páxina 47. Complétase a listaxe a partir de 1986 mediante o acceso a cada número a través de Persée.
Véxase tamén
Outros artigos
Bibliografía
- A. D. "Revue de la numismatique, dir. par MM. Cartier et de la Saussaye". En Bibliothèque de l'École des chartes. 1842. 3. Páxinas 290-294.
- Jabu, J. "La Société française de numismatique : des collectionneurs antiquaires aux chercheurs érudits". En Comptes rendus de l’Académie des Inscriptions & Belles-Lettres. Abril-xuño de 2015. Páxinas 849-866.
- Lafaurie, J. "La Revue Numismatique a 150 ans"". En Revue Numismatique. 1986. Páxinas 7-50.
- Le Rider, G. et al. "La Société française de numismatique : 1865-1965". En Revue Numismatique. 1965. Páxinas 15-29.
- Wojan, F. "Le cent cinquantième anniversaire de la Société française de Numismatique et les LVIII Journées numismatiques". En Bulletin de la Société française de numismatique. Nº 10. Decembro de 2014. Páxinas 311-314.
Ligazóns externas
- Espazo da Revue Numismatique na web da Société française de numismatique.
- Revue Numismatique (acceso aos números editados a partir de 1958).