Diferenzas entre revisións de «Lingua»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
m
-mente
(Engadida categoría "Linguas oficiais, nacionais e internacionais" e quitada a etiqueta "enuso")
m (-mente)
* ''Linguas en proceso de substitución''. Son as que perden progresivamente ámbitos de uso e falantes. Por esta situación pasan a maior parte das linguas de [[Nova Guinea]] ou o [[occitano]] en [[Francia]].
* ''Linguas extinguidas''. Son as que non teñen uso e que non contan con falantes con competencia lingüística nelas. Neste caso están o [[Lingua dálmata|dálmata]] ou o [[hitita]].
* Pódese contemplar outro tipo de linguas minorizadas. Son as que están vivindo simultáneamentesimultaneamente procesos de ''normalización e substitución'', isto é, gañan ámbitos de uso nunca antes desenvolvidos, mais perden falantes e debilítase o seu uso en contextos que lles foron exclusivos. Tal é o caso do [[Lingua galega|galego]].
 
===Tipos de linguas minorizadas===
'''Lingua nacional''' é aquela usada e creada por un pobo ao longo da súa historia. Non hai relación unívoca entre as dúas categorías, xa que a lingua oficial non sempre é a nacional (como ocorre co [[Lingua francesa|francés]] no [[Líbano]]), e a lingua nacional non sempre é a oficial ( o [[reto-romance]] en [[Suíza]]).
 
As necesidades de comunicación entre individuos de linguas nacionais distintas provocaron ao longo do tempo que certas modalidades lingüísticas alcanzasen o estado de linguas internacionais. Son aquelas aprendidas como segundas linguas por un amplo número de persoas que as utilizan ao se dirixiren a falantes doutros territorios lingüísticos. Entre outras, alcanzaron o estatus de linguas internacionais o [[Lingua latina|latín]] desde a Antigüidade ata a [[Idade Media]], o [[Lingua francesa|francés]] no [[século XVIII]] e o [[Lingua inglesa|inglés]] a partir do [[século XIX]]. A internacionalidade dunha lingua é en certa maneira independente do volume total demográfico de individuos que a usan como primeira lingua e ten máis que ver co poder político e económico do Estado que a sustenta. Así, a lingua demográficamentedemograficamente máis importante do mundo, o [[Mandarín|chinés mandarín]], ten polo de agora pouco valor como lingua internacional.
 
Outras modalidades lingüísticas creadas de maneira máis ou menos planificada para serviren de medio de comunicación a persoas de comunidades lingüísticas distintas son:
61.374

edicións

Menú de navegación