Enunciado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa

Un enunciado é o resultado dunha enunciación, é dicir, da transición verbal dunha mensaxe. A súa unidade pode ser unha palabra, unha frase ou unha oración. O enunciado, como segmento mínimo da cadea falada ou escrita provisto de sentido completo nun determinado contexto, está delimitado por un silencio inicial e outro final, e caracterizado pola entonación. En todo enunciado son recoñecidos os tres factores que fan posible a enunciación: o suxeito, o tempo e o espazo. As apreciacións do falante sobre o enunciado que emite maniféstanse, ademais de na entonación, no uso de modalizadores e noutros procedementos expresivos, coma na unión de diferentes rexistros lingüísticos, polo xeral non coexistentes.