Marcela Gracia Ibeas e Elisa Sánchez Loriga: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Jglamela (conversa | contribucións)
Liña 47: Liña 47:
{{Álbum de Mulleres|195}}
{{Álbum de Mulleres|195}}


{{Barra portal|Diversidade sexual|Muller|A Coruña}}
{{Control de autoridades}}
{{Control de autoridades}}



Revisión como estaba o 26 de xullo de 2018 ás 10:56

Marcela e Elisa trala voda

Marcela Gracia Ibeas e Elisa Sánchez Loriga foron dúas mestras galegas. As dúas mulleres constituíron o primeiro matrimonio entre persoas do mesmo sexo de España do que hai constancia. Casaron o 8 de xuño de 1901 na Coruña, as sete da mañá[1] na igrexa parroquial de San Xurxo, e para acadalo Elisa tivo que adoptar unha identidade masculina[2][3][4].

A nova da súa voda difundiuse axiña por toda España e por varios países europeos. Aínda non se sabe o que aconteceu con elas trala súa fuxida, crese que á Arxentina.

Primeiro encontro, separación e reencontro

Marcela e Elisa coñecéronse mentres estudaban na Escola Normal de Mestras da Coruña, onde se formaban as futuras profesoras de ensinanza primaria. A súa amizade deu paso a unha relación máis íntima. Os pais de Marcela, vendo que a amizade ía alén do socialmente permitido e temendo un posible escándalo, enviaron a súa filla a Madrid. Pasou o tempo e ambas, unha na Coruña e outra en Madrid, remataron os seus estudos. Atoparíanse de novo cando Elisa foi destinada como mestra interina a Couso, unha pequena parroquia de Coristanco. Preto, en Vimianzo, na aldea de Calo, instalouse Marcela xa coma mestra superior. Decidiron vivir xuntas en Calo, onde Elisa exercía. En 1889, Marcela tivo que ir dar clases a Dumbría mentres Elisa ficaba en Calo, aínda que Elisa percorría polas noites varios quilómetros para poder ver a súa amante[2].

Identidade falsa e matrimonio

En 1901 Elisa adoptou un aspecto masculino (co cal se presentou na Escola Normal para solicitar un certificado de estudos), inventou un pasado e converteuse en Mario[3]. Para este pasado inventado tomou como referencia un curmán seu morto nun naufraxio. Inventou tamén que pasara a infancia en Londres e que o seu pai era ateo[2]. Ante esta última circunstancia, o padre Cortiella, párroco de San Xurxo, bautizou a Mario o 26 de maio de 1901 e administroulle a primeira comuñón, e posteriormente casou a parella o 8 de xuño de 1901 trala publicación das amoestacións[3]. A cerimonia foi breve, os padriños deron fe da súa validez e a parella pasou a noite de vodas na pensión Corcubión, na rúa de Santo André[5].

Consecuencias

Localización de Dumbría na Coruña, Galicia, onde Marcela e Elisa exercían coma mestras.

Finalmente, os veciños non puideron seguir indiferentes ante o que, a partir dese intre, deuse en coñecer como o “matrimonio sen home”. A parella sería portada de xornais galegos e madrileños e, como consecuencia disto, foron excomungadas, perderon o seu emprego e ditouse unha orde de busca e captura[5]. Semella que para que tivese lugar a excomuñón, o párroco pediulle a un doutor que examinase a Mario para comprobar se era home ou muller[6]. Mario accedeu e, cando o doutor emitiu o seu diagnóstico, tentou pasar por un hermafrodita cuxa condición fora diagnosticada en Londres[6]. A Garda Civil perseguiunas até a localidade de Dumbría, onde ambas exercían coma mestras. Tense constancia de que pasaron por Vigo e Porto (Portugal) na súa fuxida. O último que se soubo delas é que chegaron a subir a un barco cara a América (posiblemente a Arxentina, coma tantos outros galegos da época), onde pasaron a lúa de mel e, finalmente, ficaron a vivir[7]. Pechouse o caso que levaba un dos xulgados contra elas e algúns veciños de Dumbría espallaron un rumor, varios anos despois, sobor do falecemento de Elisa e o posterior casamento de Marcela cun home.[8]

Impacto social e legado

Rótulo da rúa Marcela e Elisa na Coruña

En 1902 publicouse o libro La sed de amar, do escritor estremeño Felipe Trigo, que tivo unha gran repercusión na época.[9] Esta obra incorpora a historia de Marcela e Elisa dándolles os nomes de Rosa e Claudia. O perfil das mulleres e a historia da súa relación transcribe con case total equivalencia a historia real. O propio autor fai constar a pé de páxina nalgunhas versións publicadas que a historia é real e que ocorreu na Coruña en 1901.[10]

En 2003, o redactor xefe da cadena SER Isaías Lafuente publicou o libro Agrupémonos Todas (2003), no que fixo un percorrido polo máis destacado do feminismo no século XX. Nesa obra sinala a historia de Marcela e Elisa como un dos feitos máis significativos relacionados con este movemento acontecidos en Galicia xunto coa figura de Emilia Pardo Bazán.[11]

A finais de 2011, a Universidade da Coruña presentou na sala "La Normal", unha exposición sobre o momento histórico vivido por estas mulleres así como a súa propia historia. Nun dos paneis contábase que a prensa mexicana anunciara en 1909 o suicidio de Elisa.[12]

En 2017 a compañía de teatro A Panadaría coproduciu co Centro Dramático Galego e os concellos de Rianxo, Vimianzo e A Coruña a obra Elisa e Marcela que narra a historia delas.[13][14]

En 2018, o concello da Coruña inaugurou en San Roque de Fóra unha rúa co nome Marcela e Elisa.[15]

Matrimonios homosexuais baixo a lei 13/2005

No ano 2005 fíxose legal o matrimonio homosexual en España coa modificación do Código Civil que o regula. Deste xeito, o primeiro matrimonio de persoas homosexuais baixo a nova lei 13/2005 tivo lugar o 11 de xullo de 2005. Celebrouse en Tres Cantos (Madrid), entre Emilio Menéndez y Carlos Baturin, que levaban convivindo como parella máis de 30 anos[16]. O primeiro casamento entre mulleres baixo a nova lei celebrouse en Barcelona, once días despois[17].

Notas

  1. "Marcela y Elisa - La boda". Colectivo milhomes (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 4 de abril de 2010. Consultado o 7 de xullo de 2018. 
  2. 2,0 2,1 2,2 García Solano, Manuel (30-06-2002). "Son dos mujeres y se casaron en 1901" (en castelán). El Mundo. Consultado o 7 de xullo de 2018. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "El primer matrimonio gay en España". 20 minutos. 08-06-2006. Consultado o 09-06-2018. 
  4. Rivas, Manuel (09-03-2007). "Sae da sombra a poesía amatoria de Blanco Amor". El País. Consultado o 17-06-2007. 
  5. 5,0 5,1 "Marcela y Elisa: Maestras naúfragas, por Espido Freire". Campus. 07-06-2006. Consultado o 17-06-2007. 
  6. 6,0 6,1 "La boda homosexual que la Iglesia olvidó anular", La Opinión, 24-09-2006- Consultado el 17-06-2007
  7. Xosé Manuel Pereiro (2002-05-09). "EFEMÉRIDE PARROQUIAL". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2018-07-06. 
  8. Fernández, Carlos (08-06-2001). "La primera boda sin hombre". La Voz de Galicia. Consultado o 09-06-2018. 
  9. "El erotismo en las novelas de Felipe Trigo" de Alma Taylor Watkins (dispoñible en internet, páx. 102 do pdf).
  10. "Decimonónica - Revista de producción cultural hispana" da Universidade do Norte de Illinois. Nesta revista aparece o artigo de Louise Ciallella: "Making Emotion Visible - Felipe Trigo and La sed amar", que informa da publicación do libro e de como recolle as figuras de Marcela e Elisa.
  11. "Fallado el Premio Marcela y Elisa". FELGTB (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2007. Consultado o 7 de xullo de 2018. 
  12. Martiño, Henrique (5 de novembro de 2016). "El trágico destino de Marcela y Elisa, las únicas lesbianas casadas por la Iglesia: ¿suicidio o cáncer terminal?". Público (en castelán). Consultado o 26 de xullo de 2018. 
  13. Dopico, Montse (3 de novembro de 2017). "A Panadaría: “Naces e asígnanche un lugar, un posto obrigatorio no binomio sexo/xénero”". Praza. 
  14. A Panadaría (ed.). "Elisa e Marcela". Consultado o 6 de novembro de 2017. 
  15. "A Coruña conta xa cunha rúa dedicada ao matrimonio de Marcela e Elisa". La Opinión (A Coruña). 8 de xuño de 2018. Consultado o 8 de xuño de 2018. 
  16. "Primer matrimonio gay en España". BBC Mundo. 11-07-2005. Consultado o 06-03-2007. 
  17. "La primera boda entre dos mujeres se celebra en Cataluña". Cadena Ser. 22-06-2005. Consultado o 20-12-2006. 

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas