Diferenzas entre revisións de «Saruman»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
sen resumo de edición
(imaxe do anel)
'''Saruman''' (do [[inglés antigo]] ''særu man'', "home hábil") é unha persnoaxepersonaxe creada por [[J. R. R. Tolkien]] que fai a súa aparición na novela "''[[O Señor dos Aneis]]''". Saruman era un dos cinco [[Istari]] ([[Maiar]] convertidos en Magos) que chegaron ós [[Portos Grises]] desde [[Valinor]] cando transcorreran mil anos da [[Terceira Idade do Sol]]. Tamén era coñecido polos [[elfo]]s como '''Curunír''' ("varón de hábiles recursos"). Seica o seu nome de Maia era '''Curúmo'''.
 
Durante séculos tivo como propósito destruir a [[Sauron]], o Señor Escuro, sendo elexido xefe do [[Concilio Branco]], pero pouco a pouco, ó estudar a historia e a ciencia dos [[Aneis de Poder]], empezou a desexar o poder para si mesmo. Durante o tempo da Segunda Liñaxe dos reis de [[Rohan]] converteuse en suposto aliado e amigo deste pobo, e eles aceptáronno compracidos. Máis adiante o Senescal rexente de [[Gondor]] entregoulle a chave da torre de Orthanc en [[Isengard]], que sería o seu lugar de residencia. Logo de que o Concilio Blanco finalmente expulsara a Sauron da [[Fraga Negra]], Saruman decidiu non oír máis consello que o seu, e retirouse a Isengard, fortificándoa e converténdoa en segredo nun lugar adicado ó mal. Conseguiu infiltrarse na corte do rei [[Théoden]] de Rohan por intermedio do conselleiro [[Gríma Lingua de Serpe]], e Théoden foi vítima durante moitos anos do feitizo do Mago, que o mantiña como un vello débil.
 
[[Image:The one ring animated.gif|thumb|right|200px|O anel único]]
Durante a [[Guerra do Anel]] soubo polas accións de [[Gandalf]] que o [[Anel Único]] atopábase na [[Comarca (Terra Media|Comarca]] e non tardou en ter espías alí. Tratou de convencer a Gandalf para unirse xuntos e substituír a Sauron e facerse co poder supremo na [[Terra Media]], pero ó non aceptar Gandalf, pechouno en Orthanc. Logo, mandou capturar ós [[Hobbits]] da [[Comunidade do Anel]], sabendo que un deles portaba o Anel. Así foron capturados [[Merry]] e [[Peregrin Tuk|Pippin]]. Posterirmente, dirixiu un ataque de Orcos e Dunlendinos contra os [[Rohirrim]], desatando así a [[Batalla de Cornavila]].
 

Menú de navegación