Orthanc

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Panorama de Orthanc en Isengarda.

No universo imaxinario de J. R. R. Tolkien e na obra O Señor dos Aneis, Orthanc é unha gran torre situada no centro de Isengarda. O seu nome ten tradución tanto do sindarin, como do rohírrico. Na primeira das dúas linguas significa «monte do cairo» e na segunda significa «espírito astuto».

Historia[editar | editar a fonte]

Foi erixida polos dúnedain de Gondor a finais da Segunda Idade do Sol para gardar o Paso de Rohan. Colocaron nela unha das Palantír que servía como comunicación entre Arnor e Gondor.

Durante a Guerra do Anel Isengarda estaba do bando de Sauron, e os Ents intentaran derrubar a torre sen éxito durante a Destrución de Isengarda, pero tiveron que deterse e impedir que Saruman escapase.

A restauración de Orthanc foi unha das primeiras tarefas que realizou o Rei Elessar durante o seu reinado. A Palantír de Saruman foi posta de novo na torre despois de ter realizado un rexistro da mesma, no que se atoparon numerosos obxectos de gran valor, principalmente da Casa de Eorl, roubadas por Gríma en Edoras. Os obxectos de maior valor foron un cofre que gardaba no seu interior a xoia Elendilmir, que todos crían perdida, e unha pequena caixa de ouro na que Isildur gardara o Anel cando llo arrebatou a Sauron.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]