Astor Piazzolla: Diferenzas entre revisións
Arxentina |
m →Ligazóns externas: Arranxos varios |
||
Liña 14: | Liña 14: | ||
* [http://www.piazzolla.org/index.html Páxina web oficial] {{es}} |
* [http://www.piazzolla.org/index.html Páxina web oficial] {{es}} |
||
⚫ | |||
{{Control de autoridades}} |
{{Control de autoridades}} |
||
⚫ | |||
[[Categoría:Compositores]] |
[[Categoría:Compositores]] |
||
[[Categoría:Nados en 1921]] |
[[Categoría:Nados en 1921]] |
Revisión como estaba o 24 de outubro de 2017 ás 16:27
Astor Pantaleón Piazzolla, nado en Mar del Plata o 11 de marzo de 1921 e finado en Buenos Aires o 4 de xullo de 1992, foi un bandoneonista e compositor arxentino.
Traxectoria
Foi un dos músicos de tango máis importantes da segunda metade do século XX. Estudou harmonía e música clásica e contemporánea coa compositora e directora de orquestra francesa Nadia Boulanger. Na súa mocidade tocou e realizou arranxos orquestrais para o bandoneonista, compositor e director Aníbal Troilo. Cando comezou a facer innovacións no tango (no que respecta a ritmo, timbres e harmonía) foi moi criticado polos tangueros da vella escola, ortodoxos en canto a ritmo, melodía e orquestración. Nos anos posteriores sería reivindicado por intelectuais e músicos de rock.
Cando nos anos cincuenta e sesenta os tangueros ortodoxos -que o consideraban «o asasino do tango»- decretaron que as súas composicións non eran tango, Piazzolla respondeu cunha nova definición: «É música contemporánea de Buenos Aires».
As súas obras non eran difundidas polas estacións de radio e os comentaristas seguían a atacar a súa arte. Os selos discográficos non se atrevían a editala. Considerárono un snob irrespetuoso que compuña música híbrida, con exabruptos de harmonía disonante.
Véxase tamén
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Astor Piazzolla |