Morella: Diferenzas entre revisións
Engado táboa. |
m →top: Arranxos varios |
||
Liña 34: | Liña 34: | ||
xentilicio = | |
xentilicio = | |
||
código postal = 12300 | |
código postal = 12300 | |
||
alcalde = [[Rhamsés Ripollés |
alcalde = [[Rhamsés Ripollés]] ([[Partido Socialista do País Valenciano|PSPV]]-[[PSOE]]) | |
||
sitio web = [http://www.morella.net morella.net] | |
sitio web = [http://www.morella.net morella.net] | |
||
}} |
}} |
Revisión como estaba o 10 de setembro de 2017 ás 18:54
Modelo:Cidade Morella é un concello da Comunidade Valenciana, España. Situada ao norte da provincia de Castelló, é a capital da comarca de Ports, en pleno Maestrazgo. O seu termo municipal ten 413,5 km², o terceiro en extensión da Comunidade Valenciana. Conta con 2.854 habitantes (INE 2008).
Xeografía
Morella, cidade da provincia de Castelló limítrofe coas de Teruel e Tarragona, aparece ante os ollos do visitante rodeada do encanto que lle transmiten as súas murallas centenarias e coroada pola súa robusto castelo, a máis de mil metros de altitude e con accesos a través dos portos de montaña de Torre Miró (1.259 m) e Querol (1.020 m).
O relevo abrupto e montañoso da comarca de Ports sementa o camiño para chegar a Morella atravesando barrancos, bosques de piñeiros, carrascas, carballos, ramblas e muelas.
O seu clima é mediterráneo de alta montaña, con veráns frescos e invernos moi fríos con xeadas frecuentes e abundantes nevadas. Durante os meses máis centrais do inverno, o forte vento de mistral, que frecuentemente sopra nesta zona, provoca que a sensación térmica descenda en numerosas ocasións duns -20 °C.
A N-232 é o eixo de comunicación de Morella con Zaragoza e Logroño. Así mesmo, esta estrada conecta Morella cos destinos turísticos valencianos do litoral, coa Autoestrada do Mediterráneo (A-7) e coa estrada N-340. Desde Castelló, tamén se pode acceder á cidade pola N-238 que enlaza posteriormente coa N-232 en dirección a Morella.
Historia
Empolicada espectacularmente na ladeira dunha montaña, a cidade amurallada de Morella, a antiga Castra Aelia dos romanos e feudo do carlismo en tempos do xeneral Cabrera, señorea a paisaxe do Alto Maestrazgo. Morella pode exhibir unha historia tan antiga como ilustre.
Demografía
1990 | 1992 | 1994 | 1996 | 1998 | 2000 | 2002 | 2004 | 2005 | 2007 | 2008 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2.996 | 2.850 | 2.859 | 2.797 | 2.719 | 2.711 | 2.752 | 2.782 | 2.815 | 2.863 | 2.854 |
Lugares de interese
- Igrexa de Santa María
- Convento de San Francisco
- Igrexa de San Nicolás
- Castelo de Morella
- Murallas medievais
- Acueduto de Santa Lucía
- Casa do concello
- Casas solariegas
- Covas prehistóricas de Morella La Vella
Ligazóns externas
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Morella |