Fraga, Huesca: Diferenzas entre revisións
m Bot: Cambio o modelo: Outroshomónimos; cambios estética |
m →Ligazóns externas: Arranxos varios |
||
Liña 71: | Liña 71: | ||
{{ORDENAR:Fraga}} |
{{ORDENAR:Fraga}} |
||
[[Categoría:Fraga, Huesca| ]] |
[[Categoría:Fraga, Huesca| ]] |
||
[[Categoría:Concellos da provincia de Huesca]] |
[[Categoría:Concellos da provincia de Huesca]] |
Revisión como estaba o 10 de setembro de 2017 ás 00:01
Coordenadas: 41°31′12″N 0°21′0″L / 41.52000, -0.35000 Modelo:Cidade Fraga é unha localidade e un concello aragonés, de 12.868 habitantes, situado no extremo sueste da provincia de Huesca, no último treito do Val do río Cinca (a 115 km de Zaragoza e a 25 km de Lleida). O municipio, con 435 km² de área, é un dos máis extensos de España. É cabeza do partido xudicial homónimo e capital da comarca do Baix Cinca. Oficiosamente é considerada a capital da Franja de Ponent.
Clima
Fraga ten un clima mediterráneo continentalizado, cunhas temperaturas medias anuais de 14,7 °C e unhas precipitacións medias de 384 mm, que se rexistran na primavera e, especialmente, durante o outono.
Historia
O territorio onde se asenta Fraga pertenceu en época prerromana ao pobo ibérico dos ilergetes. Durante a dominación romana pasaba por aquí a vía que unía Zaragoza con Tarragona. Aínda que se ten defendido que Fraga era cidade dita Colonia Gallica Flavia, non hai probas que o confirmen.
A partir do século VIII a comarca pasou a formar parte do Al-Andalus, e a cidade foi coñecida como Medina Afraga. Foi tomada polos cristiáns, dirixidos por Ramón Berenguer IV o 24 de outubro de 1149.
Xeolingüística
Fraga pertence á área lingüística catalá-occidental. O catalán utilízase na cidade e arredores, pero non con igualdade fronte ao castelán que domina. Só moi recentemente se autorizou o ensino de catalán nos niveis primario e secundario.
Economía
A cidade constitúe un importante centro do sector servizos, que ocupa un terzo da poboación activa. O sector primario da comarca está especializado no cultivo de froiteiras, especialmente figueiras.
Patrimonio monumental
- Igrexa de San Pedro, románica, do século XII, asentada sobre a antiga mesquita.
- Pazo Montcada, da familia dos señores da cidade.
- Torre dos Frades, do século XIII, que se coida construída polos templarios.
- Castelo medieval, con as ruínas da igrexa de San Miguel.
- Museo Salvador Sabaté, con obra dese pintor catalán, afincado na cidade.
- Nos arredores a romana Villa de Fortunatus.
Nativos ilustres
- Frei Manuel Mimbela (1618-1721), prelado e escritor.
Imaxes de Fraga
-
O río Cinca ao paso por Fraga
-
Un dos portais románicos da igrexa de san Pedro.
-
Arquería na praza de san Pedro
-
Casa Cabrera no casco antigo
Véxase tamén
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Fraga, Huesca |