Saltar ao contido

Graus

Graus
 Nome oficial
    Graus (es) Editar o valor en Wikidata
 Xentilicio
Grausino (an)
Grausina (an)
grausino (it) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
Implicados
 Xefe do goberno
Localización
 Situado en
 Continente
 Capital
 Irmandado con
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
3.194 (2001) rexistro civil
3.185 (2002) rexistro civil
3.266 (2003) rexistro civil
3.356 (2004) rexistro civil
3.424 (2005) rexistro civil
3.472 (2006) rexistro civil
3.472 (2007) rexistro civil
3.605 (2008) rexistro civil
3.665 (2009) rexistro civil
3.700 (2010) rexistro civil
3.697 (2011) rexistro civil
3.595 (2012) rexistro civil
3.513 (2013) rexistro civil
3.429 (2014) rexistro civil
3.371 (2015) rexistro civil
3.329 (2016) rexistro civil
3.334 (2017) rexistro civil
3.305 (2018) rexistro civil
3.395 (2019) rexistro civil
3.365 (2020) rexistro civil
3.434 (2021) rexistro civil
3.420 (2022) rexistro civil
3.415 (2023) rexistro civil
3.380 (2024) rexistro civil
3.400 (2025) rexistro civil Editar o valor en Wikidata
 Poboación feminina
   1.729 (2019) Editar o valor en Wikidata
 Poboación masculina
   1.666 (2019) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   299,785633 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   542 m Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Código postal22430 Editar o valor en Wikidata
Código INE22117 Editar o valor en Wikidata
OpenStreetMap341522 Editar o valor en Wikidata
VIAF142326077 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/07x0rd Editar o valor en Wikidata
 Páxina WEB
BNE: XX451701
Wikidata C:Commons

Graus é unha vila aragonesa, da provincia de Huesca. É a capital administrativa da comarca de Ribagorza. O concello ocupa 300,41 km².

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Graus está situado no centro-oeste da provincia oscense, no Pre-Pireneo, polo que a Ribagorza, está arrodeada de serras de altura mediana, como o Turbón, que se achega aos 2.500 m de altura. A cidade érguese nun punto onde se xuntan o río Esera e o Isábena. A súa situación nas ladeiras do Tozal de San Miguel, que baixan até os leitos fluviais orixinou o seu nome, do latín gradus "chanzos". A súa altitude media é de 469 msnm. Na zona hai varios encoros: El Grado; Mediano; Barasona.

O clima é mediterráneo continentalizado.

Ramiro I, primeiro rei aragonés, achou a morte, en 1064, cando tentaba tomar Graus. Os cristiáns do reino de Aragón apoderáronse da localidade en 1083 con Sancho Ramírez. O rei cedeu Graus ao mosteiro de San Vitorián, para que o reconstruísen e repoboasen, outorgando importantes privilexios a quen fose morar a Graus.

O rei Pedro II concedeulle á vila o título de moi nobre e moi antiga, que aínda utiliza.

Durante os séculos XVI e XVII gozou dun grande esplendor económico, que favoreceu o mecenado e construción de boas casas-pazo como as que se erguen na súa Praza Maior. Nesa época edificouse a basílica da Nosa Señora da Peña.

A inicios do século XVIII, durante a Guerra de Sucesión española, Graus decantouse polo pretendente austríaco.

Durante a Guerra Civil española, dominada pola CNT, converteuse nun centro de colectivización libertaria.

Patrimonio artístico

[editar | editar a fonte]
  • Igrexa parroquial de San Miguel, gótica, do século XIII.
  • Praza Maior, con lindos pazos urbanos, con pinturas nos beiril|beirís e con soportais, dos que salienta o Pazo de Rodrigo de Mur.
  • Ermida de San Gregorio, do século XII.

Xa fóra do casco urbano de Graus:

  • Santuario de Nosa Señora da Peña, do século XVI, no outeiro da Peña do Morral.
  • As festas maiores celébranse entre o 12 e o 15 de setembro, en honra do Santo Cristo e de san Vicente. No luns da semana maior ten lugar a "feira das trufas", con exposición e venda dese produto.