Ayerbe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ayerbe é un concello situado na provincia de Huesca, a 28 km da capital, Huesca, na comunidade autónoma de Aragón. Forma parte da comarca Hoya de Huesca. Ocupa unha superficie de 63,89 km². O alcalde é José Antonio Sarasa Torralba PSOE.

Ayerbe no s. XIX.
Torre do reloxo.

Situada nunha depresión erosiva escavada na facies margosa terciaria, á esquerda do Río Gállego, goza de ceo alegre e clima saudable. Atópase na estrada autonómica A-132 con dirección a Pamplona. Ten estación de ferrocarril na liña de Madrid a Jaca e Canfranc.

Compoñen o seu territorio 6.329 ha que limitan polo norte cos termos de Las Peñas de Riglos e Loarre; polo leste con Loarre e Loscorrales; polo sur con Lupiñén-Ortilla, e polo oeste con Biscarrués e Murillo de Gállego. Con terreo apto para o regadío, en xeral é de secaño, frouxo e pedregoso formado por extensas chairas salpicadas por pequenos cerros illados. A aciñeira, a amendoeira, a vide e a oliveira ocupan gran parte da terra tamén poboada por romeus, aliagas e outros arbustos en engadido das herbas de pasto, sustento de gando e unha infausta caza de coellos, lebres, perdices, pombas.

Demografía[editar | editar a fonte]

Evolución da poboación do concello dende 1900 ata 2008: