Sociobioloxía: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios
RubenWGA (conversa | contribucións)
Sen referencia e sen notas
Liña 1: Liña 1:
[[Ficheiro:Plos_wilson.jpg|miniatura|Edward Osborne Wilson.]]
[[Ficheiro:Plos_wilson.jpg|miniatura|Edward Osborne Wilson.]]
{{Sen referencias|data=agosto de 2017}}
{{Sen notas|data=agosto de 2017}}
'''Sociobioloxía''' é unha póla da [[bioloxía]] que estuda o comportamento social dos [[animais]], empregando conceptos da [[etoloxía]], [[evolución]], [[socioloxía]] e [[xenética de poboacións]]. O termo foi popularizado por [[Edward Osborne Wilson]], no seu libro ''Sociobiology: The New Synthesis'', publicado en [[1975]].
'''Sociobioloxía''' é unha póla da [[bioloxía]] que estuda o comportamento social dos [[animais]], empregando conceptos da [[etoloxía]], [[evolución]], [[socioloxía]] e [[xenética de poboacións]]. O termo foi popularizado por [[Edward Osborne Wilson]], no seu libro ''Sociobiology: The New Synthesis'', publicado en [[1975]].



Revisión como estaba o 3 de agosto de 2017 ás 15:53

Edward Osborne Wilson.

Sociobioloxía é unha póla da bioloxía que estuda o comportamento social dos animais, empregando conceptos da etoloxía, evolución, socioloxía e xenética de poboacións. O termo foi popularizado por Edward Osborne Wilson, no seu libro Sociobiology: The New Synthesis, publicado en 1975.

Esa disciplina científica propón que comportamentos e sentimentos animais, tamén existentes nos seres humanos, como o altruísmo e a agresividade, son en parte derivados da xenética, e non son só culturais ou socialmente adquiridos. Ese tipo de afirmación causou gran controversia no escenario intelectual, e até hoxe divide os investigadores. Porén, boa parte das críticas son interpretacións erróneas da teoría, moi confundida co darwinismo social.

Comportamento diferenciado por "castas" entre as abellas.

Entendendo a teoría

Como o home é tamén un animal, este non está eximo de ser un obxecto de estudo da sociobioloxía. O dualismo cartesiano, que separa as funcións mentais dos seus elementos corporais, é un obstáculo para o entendemento da sociobioloxía. Conforme defendido pola psicoloxía evolutiva, o cerebro dos humanos tamén sufriu presións selectivas específicas, que o adaptaron a determinadas circunstancias. Antes mesmo da vida en grandes sociedades, o home precisaba comunicarse. Un organismo xeneticamente propenso ó altruísmo, por exemplo, podería ter ganancias maiores se o ambiente fose propicio a iso, conforme demostrou o biólogo Robert Trivers. Así, sentimentos como a compaixón serían influenciados por factores xenéticos, e polo tanto deberían ser estudados con base na bioloxía.

A sociobiologia non propón o determinismo de calquera forma. A influencia da cultura é diminuída, mais non eliminada. A cultura e os xenes non deben ser vistos como factores antagónicos no comportamento, mais como factores que interactúan, a cultura sendo un factor ambiental que afecta a maneira como serán expresados os xenes que teñan relación co comportamento.

Véxase tamén

Bibliografía

  • GOULD, Stephen Jay. Darwin e os grandes enigmas da vida. 2 ed. São Paulo: Martins Fontes, 1999. 274p
  • KAMIN, Leon J., LEWONTIN,R. C. LEWONTIN, Richard C, Genética e Política. 1ª ed. S.l..: Europa-América, 1987, 336p.