Gándaras de Budiño: Diferenzas entre revisións
m elimino a Categoría:Bens de Interese Cultural da Provincia de Pontevedra; engado a Categoría:Bens de Interese Cultural da provincia de Pontevedra mediante HotCat |
m →Ligazóns externas: Arranxos varios +cda |
||
Liña 17: | Liña 17: | ||
===Ligazóns externas=== |
===Ligazóns externas=== |
||
* [http://medioambiente.xunta.es/espazosNaturais/detalleespazo.jsp?COD_ESPAZO=38&ID_CATEGORIA=5 Gándaras de Budiño], Consellaría do Medio Rural. |
* [http://medioambiente.xunta.es/espazosNaturais/detalleespazo.jsp?COD_ESPAZO=38&ID_CATEGORIA=5 Gándaras de Budiño], Consellaría do Medio Rural. |
||
{{Control de autoridades}} |
|||
[[Categoría:O Porriño]] |
[[Categoría:O Porriño]] |
Revisión como estaba o 10 de maio de 2017 ás 20:39
As Gándaras de Budiño son un ecosistema natural consistente nun conxunto de lagoas, balseiros e regatos no curso do río Louro preto da localidade do Porriño e do parque natural do Monte Aloia. Constitúen a maior extensión de lagoas de Galiza e o ecosistema acuático de augas continentais máis variado.
Esta zona húmida formouse coa colmatación de antigas lagoas que se converteron en zonas pantanosas. O terreo afundiuse debido á aparición de varias fracturas tectónicas; a bacía encheuse con sedimentos da inundación do río Miño, que deixou gravas e areas. Polo leste, o río Louro serpea entre dous conxuntos graníticos, o Penedo Corucho e o Faro de Budiño, este último recuberto de grandes cristais de cuarzo. Polo oeste érguese a Serra do Galiñeiro, con máis de 700 m de altitude.
Arqueoloxía
Nas Gándaras de Budiño atopouse unha estación do Paleolítico inferior en 1961. O descubridor foi o francés Henri Noon, que realizaba unhas investigacións xeomorfolóxicas. Emiliano Aguirre investigouna en 1963 e Henri Noon publicou os seus resultados en 1966, co que este foi o primeiro asentamento paleolítico de Galiza con referencias estratigráficas. Tamén investigaron Xosé María Álvarez Blázquez, e D. Collins nos anos 60, Mª D. Echaide nos anos 70, Vidal Encinas nos 80 e Mª L. Pérez Rodríguez e D. Cerqueiro Landín nos anos 90.
Existen cinco niveis arqueolóxicos, sendo no quinto no que se atoparon útiles, clasificados como achelenses ou camposanquienses, e correspondentes a un depósito do Plistoceno medio. O carbono 14 indica unha datación entre o 26700 A.C e o 180000 A.C. e a estratigrafía corresponde ao Würm I local, que equivale aos Würm I e II europeos.
Os materiais utilizados para a fabricación dos útiles son o cuarzo e a cuarcita (nunha proporción mínima o cristal de rocha), téndose destinado cada tipo de cuarzo a un útil distinto.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Gándaras de Budiño, Consellaría do Medio Rural.