Xeración do 36: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 20: Liña 20:
*[[Luís Seoane]]
*[[Luís Seoane]]
*[[Emilio Pita]]
*[[Emilio Pita]]
*[[Dora Vázquez]]
*[[Pura Vázquez]]
*[[Xosé María Díaz Castro]]
*[[Xosé María Díaz Castro]]
*[[Lorenzo Varela]]
*[[Lorenzo Varela]]
*[[María Mariño]]
*[[María Mariño]]
*[[Xosé María Álvarez Blázquez]]
*[[Emilio Álvarez Blázquez]]
*[[Emilio Álvarez Blázquez]]
*[[Xosé Conde Fernández]]
*[[Xosé Conde Fernández]]
*[[Ricardo Carvalho Calero]]
*[[Ricardo Carballo Calero]]


==Véxase tamén==
==Véxase tamén==
===Bibliografía===
=== Bibliografía ===
* {{Cita libro |ligazónautor=Xosé Luís Méndez Ferrín |ano=[[1984]] |apelidos={{Versaleta|Méndez Ferrín}} |nome={{Versaleta|Xosé Luis}} |url=http://cloud10.todocoleccion.online/libros-segunda-mano/tc/2016/05/30/18/57158702.jpg |título=De Pondal a Novoneyra |editorial=[[Edicións Xerais de Galicia]] |páxina= |páxinas= |isbn=84-7507-139-2 }}
*''[http://entrada.egu.es/egu_xunta/html/index.php?op=ver&id=139655&buscado=&opcion=# Xeración do 36]'' da [[EGU]] (nota: a EGU contén dous artigos de título idéntico: ''Xeración do 36''. Un refírese á ''Xeración do 36'' de poetas galegos e o outro á ''[[Generación del 36]]'' de escritores en castelán [http://entrada.egu.es/egu_xunta/html/index.php?op=ver&id=139654&buscado=&opcion=#].)
*''[http://entrada.egu.es/egu_xunta/html/index.php?op=ver&id=139655&buscado=&opcion=# Xeración do 36]''{{ligazón morta}}, [[EGU]] (nota: a EGU contén dous artigos de título idéntico: ''Xeración do 36''. Un refírese á ''Xeración do 36'' de poetas galegos e o outro á ''[[Generación del 36]]'' de escritores en castelán [http://entrada.egu.es/egu_xunta/html/index.php?op=ver&id=139654&buscado=&opcion=#].)
===Outros artigos===
===Outros artigos===
*[[Xeración de enlace]]
*[[Xeración de enlace]]

Revisión como estaba o 22 de abril de 2017 ás 19:35

Este artigo refírese á Xeración do 36 de poetas galegos, non confundir coa Generación del 36 de escritores en castelán.

A Xeración de 1936 estivo formada por escritores nados nas décadas de 1910 e 1920 e que comezaron a publicar as súas obras na década de 1950.

Ó comezo estes escritores consideráronse herdeiros da Xeración Nós de 1925, pero máis adiante foron desenvolvendo as súas propias liñas creativas. As súas principais liñas poéticas foron o clasicismo, o intimismo, o ruralismo e o hilozoísmo. A súa maior contribución á nosa literatura foi a poesía socialrealista, poesía de carácter social cuxo maior representante foi Celso Emilio Ferreiro.

Autores destacados e obras da xeración de 1936

Aquilino Iglesia Alvariño

Aquilino Iglesia Alvariño foi o único membro da xeración que non cultivou a poesía socialrealista, porén a súa obra principal Cómaros Verdes foi unha das máis importantes da xeración. En Cómaros Verdes a paisaxe convértese no núcleo principal da obra, sendo empregada como pretexto para a expresión dos sentimentos ou como descrición.

A obra remata cunha serie de odas onde fai unha homenaxe a tódolos grandes poetas (galegos ou non) do pasado.

Álvaro Cunqueiro

A pesar de que foi nos tempos da preguerra cando máis cultivou a súa poesía vangardista, foi na década dos anos 50 cando Álvaro Cunqueiro publicou Herba de aquí e acola, obra cumio da súa carreira e da poesía galega do século XX. A obra estrutúrase en dúas partes: As Historias, onde recrea personaxes históricos e literarios, e Vellas sombras e novos cantos onde publica os seus versos máis melancólicos, xa cando presaxia a súa morte.

Celso Emilio Ferreiro

Celso Emilio Ferreiro é considerado un dos mellores poetas da xeración de 1936 e o maior representante da Poesía socialrealista. As súas obras máis importantes, encadradas na xeración son: O soño asulagado, Obra de crítica social e poesía intimista onde mostra a súa saudade polo paraíso perdido identificado coa súa nenez en Celanova; Longa noite de pedra, Obra de denuncia social contra a opresión franquista; Viaxe ó país dos ananos e Cantigas de escarnio e maldicir,Obras onde fai un axuste de contas con determinados sectores da emigración galega en Caracas polo súa falta de interese pola cultura galega e o mal trato os seus compatriotas; e Onde o mundo se chama Celanova Constitúe o seu último poemario publicado en vida, nel dedica os seus derradeiros poemas á súa muller Moraima.

Outros autores

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos