Liño: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Carl von Linné
Liña 13: Liña 13:
| species = L. usitatissimum
| species = L. usitatissimum
| binomial = Linum usitatissimum
| binomial = Linum usitatissimum
| binomial_authority = [[Carlos Linneo|L.]], ''Sp. Pl.'', vol. 2, p. 277, 1753[http://biodiversitylibrary.org/page/358296]
| binomial_authority = [[Carl von Linné|L.]], ''Sp. Pl.'', vol. 2, p. 277, 1753[http://biodiversitylibrary.org/page/358296]
}}
}}
O '''liño''' ou '''liñaceira''' ('''''Linum usitatissimum''''') é unha planta [[herbácea]] que chega a atinxir un metro de altura e pertence á familia das [[lináceas]]. Abrangue un certo número de subespecies, integradas polos [[Botánica|botánicos]] co nome de ''Linum usitatissimum'' L. Componse basicamente dunha substancia fibrosa, da cal se extraen as [[Fibra téxtil|fibras]] longas para a fabricación de tecidos e dunha substancia leñosa. Produce sementes oleoxinosas e a súa fariña é utilizada para cataplasmas, usadas con fins medicinais.
O '''liño''' ou '''liñaceira''' ('''''Linum usitatissimum''''') é unha planta [[herbácea]] que chega a atinxir un metro de altura e pertence á familia das [[lináceas]]. Abrangue un certo número de subespecies, integradas polos [[Botánica|botánicos]] co nome de ''Linum usitatissimum'' L. Componse basicamente dunha substancia fibrosa, da cal se extraen as [[Fibra téxtil|fibras]] longas para a fabricación de tecidos e dunha substancia leñosa. Produce sementes oleoxinosas e a súa fariña é utilizada para cataplasmas, usadas con fins medicinais.

Revisión como estaba o 22 de marzo de 2017 ás 15:27

Liño
Clasificación científica
Reino: Plantae
Subreino: Tracheobionta
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Malpighiales
Familia: Linaceae
Xénero: Linum
Especie: L. usitatissimum
Nome binomial
Linum usitatissimum
L., Sp. Pl., vol. 2, p. 277, 1753[1]

O liño ou liñaceira (Linum usitatissimum) é unha planta herbácea que chega a atinxir un metro de altura e pertence á familia das lináceas. Abrangue un certo número de subespecies, integradas polos botánicos co nome de Linum usitatissimum L. Componse basicamente dunha substancia fibrosa, da cal se extraen as fibras longas para a fabricación de tecidos e dunha substancia leñosa. Produce sementes oleoxinosas e a súa fariña é utilizada para cataplasmas, usadas con fins medicinais.

Flor de liño

Historia

Non se coñece a data e o lugar nos que o home utilizou por primeira vez as fibras flexíbeis do liño para confeccionar o tecido, nin cando a planta comezou a ser cultivada. Desde 2.500 anos a.C. o liño era cultivado no Exipto, e o Libro de Moisés refírese á perda dunha colleita de liño como unha “praga” ou desgraza, tal era a súa importancia na vida das poboacións. As cortinas e o Veo do Tabernáculo e as Vestes de Arón como oficiante eran en “liño fino retorcido”. A túnica de Cristo era de liño sen costuras.

As zonas de cultivo

Encóntranse hoxe en día case exclusivamente en Europa. Bélxica e os Países Baixos fornecen as mellores calidades de liño.

Tipos

Plántanse tres tipos de liño:

  • Liño de fibras (liño para debullar), para a obtención de fibras téxtiles;
  • Da semente, para a obtención de aceite de liñaza, base da pintura ao óleo.
  • Liño de cruzamento, conseguido polo cruzamento do liño de fibras co de aceite; foi desenvolvido para dar un rendemento suficiente de fibras e aceite.

En Galiza

Sobre a mesa, a "espadela"; á súa esquerda, en pé, a "espadeleira".
"Restrelo" para aseda-lo liño.

O liño foi a fibra tradicional cultivada en Galiza e aínda que o seu cultivo case desapareceu, foi recuperado nos anos oitenta por iniciativa dos deseñadores galegos, especialmente por Adolfo Domínguez, pero a súa presenza segue a ser testemuñal.

En 2009 a cooperativa Feiraco tamén se sumou á recuperación do liño, como complemento natural para a alimentación das vacas.[1]

O liño na cultura popular galega

  • Liño bo, liño malo, todo frolece en maio.
  • Liño de Holanda, pesa e non anda.
  • Pró liño, sete voltas de rella e a caghalla da ovella.

Notas

  1. Feiraco planta liño en Galicia para mellorar a alimentación das vacas. Telexornal 04/06/2009 (TVG)

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas