Saltar ao contido

Gabriel de Borbón: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 21: Liña 21:
'''Gabriel de Borbón e Saxonia''', nado en [[Portici]] o [[12 de maio]] de [[1752]] e finado en [[San Lorenzo de El Escorial]] o [[23 de novembro]] de [[1788]], [[infante de España]], fillo de [[Carlos III de España|Carlos III]] e irmán de [[Carlos IV de España]] e [[Fernando I de Borbón|Fernando IV de Nápoles]].

==Traxectoria==
== Traxectoria ==
=== Familia e infancia ===
=== Familia e infancia ===
O infante Gabriel era fillo de [[Carlos III de España|Carlos de Borbón]], que por aquel entón era rei de Nápoles e Sicilia (baixo o nome de '''Carlos VII'''). Don Carlos era o presunto herdeiro do seu medio irmán, o rei [[Fernando VI de España]], que non tiña fillos. A nai de don Gabriel era [[María Amalia de Saxonia]], filla de [[Augusto III de Polonia]].

Liña 37: Liña 37:
A parella tivo tres fillos en total:
A parella tivo tres fillos en total:

*[[Pedro Carlos de Borbón|Pedro Carlos]] ([[18 de xuño]] de [[1786]] - [[4 de xullo]] de [[1812]]).
* [[Pedro Carlos de Borbón|Pedro Carlos]] ([[18 de xuño]] de [[1786]] - [[4 de xullo]] de [[1812]]).
*María Carlota ([[4 de novembro|4]]-[[11 de novembro]] de [[1787]]).
* María Carlota ([[4 de novembro|4]]-[[11 de novembro]] de [[1787]]).
*Carlos José Antonio ([[28 de outubro]] - [[9 de novembro]] de [[1788]]).
* Carlos José Antonio ([[28 de outubro]] - [[9 de novembro]] de [[1788]]).

Pouco logo de dar a luz ao seu último fillo, dona Mariana Vitoria caeu enferma de varíola, e finou o 2 de novembro dese mes; poucos días despois o seu fillo seguíaa á tumba, do mesmo xeito que o propio infante don Gabriel, que morreu o 23 dese mes en [[San Lorenzo de El Escorial]]. A súa morte foi un duro golpe para o seu pai, o rei, que falecería tamén pouco tempo despois. Están todos enterrados no Escorial. O seu fillo, [[Pedro Carlos de Borbón]], foi criado pola súa avoa materna en [[Lisboa]].

==Véxase tamén==
== Véxase tamén ==
{{commonscat|Infante Gabriel of Spain}}
{{commonscat|Infante Gabriel of Spain}}
===Bibliografía===
=== Bibliografía ===
* [[Juan Martínez Cuesta]], ''El Infante Don Gabriel de Borbón y Sajonia'', [[Real Maestranza de Ronda]], Madrid, 1998.
* [[Juan Martínez Cuesta]], ''El Infante Don Gabriel de Borbón y Sajonia'', [[Real Maestranza de Ronda]], Madrid, 1998.
* [[Antonio Pau]], ''Los retratos del Infante Don Gabriel'', [[Real Academia Matritense de Heráldica y Genealogía]], Madrid, 2006.
* [[Antonio Pau]], ''Los retratos del Infante Don Gabriel'', [[Real Academia Matritense de Heráldica y Genealogía]], Madrid, 2006.
{{Control de autoridades}}

[[Categoría:Infantes de España]]
[[Categoría:Infantes de España]]

Revisión como estaba o 29 de novembro de 2015 ás 22:02

Modelo:Ficha de nobre

Gabriel de Borbón e Saxonia, nado en Portici o 12 de maio de 1752 e finado en San Lorenzo de El Escorial o 23 de novembro de 1788, infante de España, fillo de Carlos III e irmán de Carlos IV de España e Fernando IV de Nápoles.

Traxectoria

Familia e infancia

O infante Gabriel era fillo de Carlos de Borbón, que por aquel entón era rei de Nápoles e Sicilia (baixo o nome de Carlos VII). Don Carlos era o presunto herdeiro do seu medio irmán, o rei Fernando VI de España, que non tiña fillos. A nai de don Gabriel era María Amalia de Saxonia, filla de Augusto III de Polonia.

O infante don Gabriel naceu en Portici en 1752, e foi bautizado cos nomes de Gabriel Antonio Francisco Javier Juan Nepomuceno José Serafín Pascual Salvador; desde a infancia foi o máis intelixente e traballador dos fillos do rei Carlos, que chegaría a ser un home de moita cultura, renomeado como excelente tradutor de Salustio e verdadeiro mecenas ilustrado. Tivo como profesor de música ao pai Antonio Soler, que compuxo varias dos seus sonatas de clavicémbalo expresamente para o seu avantaxado discípulo e os concertos para dous órganos para interpretalos a dúo con el na Basílica do Mosteiro do Escorial.

Adolescencia e traslado a España

En 1759 morría en Villaviciosa de Odón o rei de España, Fernando VI, tío de Gabriel, e Carlos ascendía o trono español como Carlos III. Gabriel, como a maior parte dos seus irmáns trasladouse á corte madrileña. Estes incluían ao Príncipe de Asturias, mentres que en Nápoles permanecían o infante don Felipe (que nacera cun severo caso de atraso mental, e foi consecuentemente apartado da sucesión) e o novo rei de Nápoles e Sicilia, Fernando, nacido un ano antes que don Gabriel.

En España don Gabriel chegou a ser Gran Prior da Orde Hospitalaria de San Juan en Castela e León. En 1771 encargou a Juan de Villanueva a construción da chamada Casiña do Infante, levantada ao sur do mosteiro escurialense.

Matrimonio e vida adulta

En 1785 casou coa infanta Mariana Vitoria de Portugal, primeiro por poderes en Lisboa o 12 de abril, e persoalmente o 23 de maio do mesmo ano, en Aranjuez. Doña Mariana Vitoria era filla do rei Pedro III de Portugal e da raíña María I de Portugal, e a irmá menor do rei Xoán VI.

A parella tivo tres fillos en total:

Pouco logo de dar a luz ao seu último fillo, dona Mariana Vitoria caeu enferma de varíola, e finou o 2 de novembro dese mes; poucos días despois o seu fillo seguíaa á tumba, do mesmo xeito que o propio infante don Gabriel, que morreu o 23 dese mes en San Lorenzo de El Escorial. A súa morte foi un duro golpe para o seu pai, o rei, que falecería tamén pouco tempo despois. Están todos enterrados no Escorial. O seu fillo, Pedro Carlos de Borbón, foi criado pola súa avoa materna en Lisboa.

Véxase tamén

Bibliografía