Morgana en Esmelle: Diferenzas entre revisións
+ dato e referencia |
mSen resumo de edición |
||
Liña 27: | Liña 27: | ||
==Trama== |
==Trama== |
||
[[Ficheiro:Beguiling of Merlin.jpg|miniatura| |
[[Ficheiro:Beguiling of Merlin.jpg|miniatura|dereita|150px|''A sedición de Merlín'', cadro de [[Edward Burne-Jones]] usado na capa do libro, 1864 (Birmingham Art Gallery).]] |
||
{{spoiler}} |
{{spoiler}} |
Revisión como estaba o 13 de maio de 2014 ás 16:44
Morgana en Esmelle | |
---|---|
Autor/a | Begoña Caamaño |
Cuberta | Edward Burne-Jones |
Orixe | Galiza |
Lingua | galego |
Colección | Narrativa (nº 308) |
Tema(s) | Materia de Bretaña |
Xénero(s) | Novela |
Editorial | Editorial Galaxia |
Data de pub. | 2012 |
Formato | Rústica con lapelas |
Páxinas | 220 |
ISBN | 978-84-9865-412-7 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Morgana en Esmelle é unha novela en lingua galega escrita por Begoña Caamaño e publicada por Editorial Galaxia en 2012. Gañou o Premio Ánxel Casal da Asociación Galega de Editores ao mellor libro de ficción, o Premio da AELG á mellor obra de narrativa, o Premio da Crítica de narrativa galega e mais o Premio Antón Losada Diéguez de creación literaria no 2013.
Trama
No castelo de Tintaxel vive o rei Garlois, a súa muller Igraine e mais Morgana, a filla de ambos. Nunha batalla Garlois resulta malferido, e o mago Merlín logra que Uther de Pendragón, o nobre que derrotara a Garlois, adopte a aparencia deste e deixe preñada a Igraine. Froito da relación nace Artur. Anos despois, Merlín fai que Artur case con Xenebra, co propósito de convertelo en caudillo dos celtas en Britania e acadar a cristianización do seu pobo.
Pola súa banda, Morgana marcha coa súa tía Viviana á illa de Ávalon, a formarse e desenvolver a súa sabedoría, regresando a Miranda para a voda do seu irmán. Mais malia os propósitos de Merlín, o amor entre Artur e Xenebra non é tal, posto que Xenebra está namorada de Lancelot e Artur da súa irmá.
Narración
A novela, escrita en terceira persoa, alterna varios narradores: Felipe de Amancia, Merlín, a propia Morgana e as Crónicas de Ávalon. Os dous primeiros amosan unha visión persoal deses personaxes, e os textos tomados das Crónicas pretenden dar unha visión máis obxectiva.
A trama entronca coa Materia de Bretaña e co mundo fabuloso descrito por Álvaro Cunqueiro na terra de Miranda. Con todo, esta é unh novela que pretende botar sobre o asunto unha mirada feminina, resaltando o papel de Viviana e Morgana fronte ás pretensións de Merlín[1].
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Ficha na web de Editorial Galaxia.