Diocese católica latina de Donostia: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Liña 37: Liña 37:


== Lista de bispos de San Sebastián ==
== Lista de bispos de San Sebastián ==
Dende a súa erección en 1949, os bispos de San Sebastián teñen sido os seguintes:
Dende a súa erección en 1949, os bispos de San Sebastián teñen sido os seguintes:<ref name="CH">[http://www.catholic-hierarchy.org/diocese/dsseb.html Ficha en Catholic-Hierarchy.org]</ref><ref name="GCatholic">[http://www.gcatholic.org/dioceses/diocese/zseb1.htm Ficha en GCatholic.org]</ref>
* [[Jaime Font y Andreu]] ([[13 de maio]] de [[1950]] - [[13 de febreiro]] de [[1963]], finado)
* [[Jaime Font y Andreu]] ([[13 de maio]] de [[1950]] - [[13 de febreiro]] de [[1963]], finado)
* [[Lorenzo Bereciartua]] ([[30 de agosto]] de 1963 - [[23 de outubro]] de [[1968]], finado)
* [[Lorenzo Bereciartua]] ([[30 de agosto]] de 1963 - [[23 de outubro]] de [[1968]], finado)
Liña 44: Liña 44:
* [[Juan María Uriarte]], ([[13 de xaneiro]] de [[2000]] - [[21 de novembro]] de [[2009]], retirado)
* [[Juan María Uriarte]], ([[13 de xaneiro]] de [[2000]] - [[21 de novembro]] de [[2009]], retirado)
* [[José Ignacio Munilla]], ([[21 de novembro]] de [[2009]] - actualidade)
* [[José Ignacio Munilla]], ([[21 de novembro]] de [[2009]] - actualidade)
==Notas e referencias==
{{Listaref}}


{{Circunscricións católicas en España e Andorra}}
{{Circunscricións católicas en España e Andorra}}

Revisión como estaba o 22 de xaneiro de 2014 ás 15:24

Modelo:Diocese A diocese de San Sebastián é unha diocese católica sufragánea da Arquidiocese de Pamplona e Tudela, creada en 1949 polo papa Pío XII, segregada da diocese de Vitoria. A súa catedral é a Igrexa do Bo Pastor, sendo outros templos importantes as basílicas de Nuestra Señora del Coro, de Aránzazu e de Loiola. O bispo actual é .

Territorio

A diocese abrangue o territorio da provincia civil de Guipúscoa. Está dividida en 216 parroquias, estructuradas en 14 arciprestazgos: Antiguo, Arrasate-Bergara, Azpeitia, Eibar, Hernani, Herrera-Alza, Irún, Ordizia, Rentería, San Ignacio, Santa María, Tolosa, Zarautz e Zumarraga.

Limita coas dioceses de Bilbao, Vitoria e Pamplona e Tudela.

Historia

Históricamente o territorio que abrangue a diocese estivo dividido entre tres dioceses, Baiona, Pamplona e diocese de Calahorra. Pola bula «In Celcissima» de setembro de 1861 erixiuse a diocese de Vitoria, que comprendía todos os territorios da Comunidade Autónoma Vasca.

A diocese de San Sebastián, sufragánea da arquidiocese de Pamplona e Tudela, foi creada durante o pontificado do papa Pío XII coa bula «Quo commodius» do 2 de decembro de 1949, que foi publicada varios meses máis tarde, o 1 de xullo de 1950. Foi erixida dentro do territorio da diocese de Vitoria xunto coa tamén nova diocese de Bilbao, abarcando á provincia civil de Guipúscoa. Dende a súa creación até o 11 de agosto de 1956 foi sufragánea, como as outras dous dioceses vascas, da arquidiocese de Burgos, pasando a pertencer despois á provincia eclesiástica de Pamplona e Tudela.

Patróns

A diocese ten como patróns ao fundador da Compañía de Xesús, San Ignacio de Loiola (nado en Azpeitia), e á advocación mariana da Virxe de Arantzazu.

Lista de bispos de San Sebastián

Dende a súa erección en 1949, os bispos de San Sebastián teñen sido os seguintes:[1][2]

Notas e referencias