José Ignacio Munilla
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 13 de novembro de 1961 Donostia, España |
| Bispo de Orihuela-Alicante | |
| 7 de decembro de 2021 – ← Jesús Murgui Soriano (pt) Diocese: diocese de Orihuela-Alicante | |
| 6º Bispo de Donostia | |
| 21 de novembro de 2009 – 7 de decembro de 2021 ← Juan María Uriarte – Fernando Prado Ayuso → Diocese: Diocese de San Sebastián | |
| Bispo de Palencia | |
| 24 de xuño de 2006 – 21 de novembro de 2009 ← Rafael Palmero Ramos (pt) Diocese: Diocese católica latina de Palencia | |
| Datos persoais | |
| Relixión | Igrexa católica latina |
| Actividade | |
| Ocupación | bispo católico latino (2006–), sacerdote católico latino (1986–) |
| Profesores | José Antonio Sayés Bermejo |
| Consagración | Manuel Monteiro de Castro |
José Ignacio Munilla Aguirre, nado en Donostia o 13 de novembro de 1961, e un eclesiástico e teólogo católico vasco, bispo diocesano de Palencia de 2006 a 2009, de Donostia dende 2009 até 2021, e de Orihuela-Alacant desde ese ano.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]José Ignacio Munilla Aguirre naceu en Donostia o 13 de novembro de 1961.[1] Estudou no Seminario Maior de Toledo e posteriormente licenciouse en Teoloxía Espiritual pola Facultade de Teoloxía do Norte de España, con sede en Burgos.[2]
Foi ordenado sacerdote da diocese donostiarra o 29 de xuño de 1986 por José María Setién.[2][1] Os seus primeiros encargos pastorais foron en Zumarraga, localidade na que foi vigairo parroquial até 1990, e entre 1990 e 2006 párroco da parroquia de El Salvador.
O 24 de xuño de 2006 foi nomeado bispo de Palencia,[1][2] recibindo a ordenación episcopal de mans do nuncio Manuel Monteiro de Castro o 10 de setembro.[1]
O 21 de novembro de 2009 foi elixido para suceder a Juan María Uriarte á fronte da Igrexa guipuscoana.[3]
Obra
[editar | editar a fonte]- Las cartas sobre la mesa: tres años como obispo de Palencia. Madrid: Ciudadela. 2009.
- Siete claves del matrimonio y de la familia cristiana. Donostia: Idatz. 2011.
- A la luz de su mirada: tres propuestas para el examen de conciencia y la revisión de vida. Donostia: Idatz. 2012.
- Creo, pero aumenta mi fe. Madrid: Biblioteca de Autores Cristianos. 2012.
- El descarte el aborto. Donostia: Idatz. 2014.
- Sexo con alma y cuerpo. Madrid: Freshbook. 2016.
- Dios te quiere feliz. Madrid: Palabra. 2018.
- Reparte tus siete dones... Los dones del Espíritu Santo. Viana de Cega: Samaritana. 2019.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Libreria Editrice Vaticana, ed. (2007). Annuario Pontificio. p. 551.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Sala Stampa della Santa Sede, ed. (24/06/2006). "Rinunce e Nomine". Bollettino della Sala Stampa della Santa Sede.
- ↑ Sala Stampa della Santa Sede, ed. (21/11/2009). "Rinunce e Nomine". Bollettino della Sala Stampa della Santa Sede.
| Dignidades da Igrexa católica | ||
|---|---|---|
| Predecesor: Rafael Palmero |
Bispo de Palencia 2006 - 2009 |
Sucesor: Esteban Escudero |
| Predecesor: Juan María Uriarte |
Bispo de Donostia 2009 - 2021 |
Sucesor: (sé vacante) |
| Predecesor: Jesús Murgui Soriano |
Bispo de Orihuela-Alacant 2021 - actualidade |
Sucesor: (no cargo) |