No catolicismo, unha advocación mariana é cada un dos nomes con que se referir á Virxe María, segundo os seus misterios, as súas aparicións, os seus dons, os seus atributos ou as circunstancias históricas e xeográficas.[1][2] A Igrexa católica admite numerosas advocacións, ás que se rende culto de diversas maneiras.
As advocacións marianas adóitanse nomear coas fórmulas “Santa María de”, “Virxe de” ou “Nosa Señora de”. Mais tamén, as advocacións adoitan dar lugar en moitos casos a nomes propios femininos, compostos do nome María e mais da súa advocación: María do Carme, María das Dores, María de Lourdes etc.
Aínda que o nome sexa diferente en canto ao atributo relativo á Virxe María sempre se refire unicamente a ela, así se faga mención de varios nomes nun mesmo momento, a instancia é a mesma, a Virxe María.
A Igrexa católica conmemora as distintas advocacións da Virxe convertidas nunha tradición e que se incluíron ao longo do ano litúrxico, algunhas incluídas no calendario romano xeral e a maioría nos calendarios propios das igrexas locais ou as ordes relixiosas.
↑"Dicionario". Real Academia Galega. Consultado o 2023-10-19.
↑González Gómez, Juan Miguel (1992). Escultura mariana onubense : historia, arte, iconografía. Instituto de Estudios Onubenses "Padre Marchena" , Excma. Diputación Provincial de Huelva. p. 17. ISBN8485268873. OCLC15683701.