José María Setién

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
José María Setién
Mons. Setién (30877902216).jpg
Bispo da Igrexa Católica Latina
Biografía
Nacemento19 de marzo de 1928 (91 anos) en Hernani, Guipúscoa
Ordes
Ordenación sacerdotal29 de xuño de 1951
Consagración episcopal28 de outubro de 1972, por Jacinto Argaya Goicoechea
Bispo de Donostia
1979 - 2000
PredecesorJacinto Argaya Goicoechea
SucesorJuan María Uriarte
Outros
Ficha en catholic-hierarchy.org

José María Setién Alberro, nado en Hernani o 19 de marzo de 1928, e un eclesiástico católico vasco, bispo diocesano de Donostia entre 1979 e 2000.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi ordenado sacerdote da diocese donostiarra o 29 de xuño de 1951 por Jacinto Argaya Goicoechea.

O 18 de setembro de 1972 foi nomeado bispo auxiliar de Donostia, e bispo titular de Zama Minor. Recibiu a ordenación episcopal de mans do bispo Jacinto Argaya o 28 de outubro de 1972, sendo os co-consagradores Francisco Peralta Ballabriga, bispo de Vitoria, e Antonio Añoveros Ataún, bispo de Bilbao.

O 16 de febreiro de 1979 foi elixido bispo diocesano de Donostia. O 13 de xaneiro de 2000 o papa Xoán Paulo II aceptou a súa renuncia, á idade de 71 anos, por debaixo da idade canónica á que os ordinarios deben presentala (75 anos).

Notas[editar | editar a fonte]

Dignidades da Igrexa católica
Predecesor:
Jacinto Argaya
 Bispo de Donostia 
1979 - 2000
Sucesor:
Juan María Uriarte