A revolta dos animais: Diferenzas entre revisións
m r2.7.2) (Bot: Engado: zh-classical:動物莊園 |
m Bot: Retiro 62 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q1396889 |
||
Liña 102: | Liña 102: | ||
[[Categoría:Obras literarias de 1945]] |
[[Categoría:Obras literarias de 1945]] |
||
[[Categoría:Obras narrativas en inglés]] |
[[Categoría:Obras narrativas en inglés]] |
||
[[an:Rebelión en torre animal]] |
|||
[[ar:مزرعة الحيوان]] |
|||
[[bg:Фермата на животните (роман)]] |
|||
[[bn:অ্যানিম্যাল ফার্ম]] |
|||
[[br:Kêr al loened]] |
|||
[[bs:Životinjska farma]] |
|||
[[ca:La rebel·lió dels animals]] |
|||
[[ceb:Animal Farm]] |
|||
[[cs:Farma zvířat]] |
|||
[[da:Kammerat Napoleon]] |
|||
[[de:Farm der Tiere]] |
|||
[[el:Η Φάρμα των Ζώων]] |
|||
[[en:Animal Farm]] |
|||
[[eo:Besto-Bieno]] |
|||
[[es:Rebelión en la granja]] |
|||
[[eu:Abereen etxaldea]] |
|||
[[fa:مزرعه حیوانات]] |
|||
[[fi:Eläinten vallankumous]] |
|||
[[fr:La Ferme des animaux]] |
|||
[[ga:Animal Farm]] |
|||
[[he:חוות החיות]] |
|||
[[hi:एनिमल फार्म]] |
|||
[[hr:Životinjska farma]] |
|||
[[hu:Állatfarm]] |
|||
[[id:Animal Farm]] |
|||
[[io:Animal-Farmeyo]] |
|||
[[is:Dýrabær]] |
|||
[[it:La fattoria degli animali]] |
|||
[[ja:動物農場]] |
|||
[[ka:ცხოველების ფერმა]] |
|||
[[kn:ಅನಿಮಲ್ ಫಾರ್ಮ್]] |
|||
[[ko:동물 농장]] |
|||
[[la:Fundus animalium]] |
|||
[[lt:Gyvulių ūkis]] |
|||
[[lv:Dzīvnieku ferma]] |
|||
[[mk:Животинска фарма]] |
|||
[[ml:അനിമൽ ഫാം]] |
|||
[[ms:Ladang Binatang]] |
|||
[[nds:Animal Farm]] |
|||
[[ne:एनिमल फार्म]] |
|||
[[nl:Animal Farm]] |
|||
[[no:Kamerat Napoleon]] |
|||
[[pa:ਐਨੀਮਲ ਫ਼ਾਰਮ]] |
|||
[[pl:Folwark zwierzęcy]] |
|||
[[pt:Animal Farm]] |
|||
[[ro:Ferma animalelor]] |
|||
[[ru:Скотный двор (повесть)]] |
|||
[[sh:Animal Farm]] |
|||
[[simple:Animal Farm]] |
|||
[[sk:Zvieracia farma]] |
|||
[[sl:Živalska farma]] |
|||
[[sr:Животињска фарма]] |
|||
[[sv:Djurfarmen]] |
|||
[[ta:விலங்குப் பண்ணை]] |
|||
[[te:ఏనిమల్ ఫార్మ్]] |
|||
[[tr:Hayvan Çiftliği]] |
|||
[[uk:Колгосп тварин]] |
|||
[[ur:اینیمل فارم]] |
|||
[[vi:Trại súc vật]] |
|||
[[zh:动物庄园]] |
|||
[[zh-classical:動物莊園]] |
|||
[[zh-min-nan:Tōng-bu̍t Lông-tiûⁿ]] |
Revisión como estaba o 26 de marzo de 2013 ás 02:58
A revolta dos animais. Unha historia fantástica | |
---|---|
Título orixinal | Animal Farm |
Autor/a | George Orwell |
Orixe | Inglaterra |
Lingua | inglés |
Tema(s) | ficción, política |
Xénero(s) | Novela |
Editorial | Edicións Positivas (1992) |
Data de pub. | 1945 |
ISBN | 978-84-87783-13-9 |
Tradución | Antón López Dobao |
[ editar datos en Wikidata ] |
A revolta dos animais. Unha historia fantástica é unha novela satírica de George Orwell publicada en 1945 co título orixinal en inglés de Animal Farm. Foi traducida ó galego en 1992 por Antón López Dobao, e en 2010 por Fernando Moreiras co título A granxa dos animais.
Circunstancias e temática
Na granxa do señor Jones, os animais non están contentos co seu tipo de vida e planean unha rebelión encabezada polos porcos. Unha noite os animais levantanse en armas e expulsan ós humanos creando un sistema de autogoberno, pero que acaba converténdose nunha tiranía brutal.
A novela foi escrita durante a Segunda guerra mundial e, aínda que foi publicada en 1945, non comezou a ser recoñecida ata finais dos anos 50. Constitúe unha crítica velada da Revolución Rusa e unha sátira sobre a corrupción do socialismo soviético nos tempos de Stalin.
Ademais, a obra constitúe unha análise sinxelo á vez que formidable da corrupción que crea o poder en calquera nivel. Así, a obra posúe un dobre nivel de profundidade, o que fai posible que a mensaxe transcenda o caso particular do réxime soviético, e sexa captado incluso por nenos que nin sequera coñecen a historia da Unión Soviética. Isto conseguiu que o libro sexa utilizado como ferramenta educativa mesmo nos primeiros anos da escolaridade.
Personaxes
Porcos:
- Major: é un sabio que quería que os animais viviran dignamente.A rebelión dos animais basase nas suas ideas, e deixas a luz antes de morrer.
- Napoleón: é ambicioso quere ser o líder dos animais, ainda que os enganaba facendoos pensar o contrario.
- Snowball: é tamén ambicioso pero Napoleón encargase del, e tamén engana aos demais facendo pensar que é un traidor.
Cabalos e o burro
- Boxer e Clover: cabalo que traballa moito e pensa pouco.
- Mollie: é unha egua caprichosa que so lle importan as súas fitas e azucarillos.
- Benjamin: Burro escéptico, amigo de Boxer.
Outros personaxes
- O Granxeiro Jones: Dono da granxa Manor.
- Os cans: son malos e convértense nos "soldados" de Napoleón.
- Moisés o corvo: o preferido de Jones.
- As pombas: son importantes, xa que levan noticias as outras granxas, e novas ideas. Son un bo promotor.
Argumento
Os animais da granxa Manor, alentados no seu día polo vello porco Major, que antes de morrer explicou a tódolos animais a súa visión, levan a cabo unha revolución na que conseguen expulsar ó señor Jones e crear as súas propias regras, que escriben nunha parede. Ó longo da novela efectúanse certos cambios nos Sete Mandamentos, que "xustifican" as medidas que toma Napoleón. Velaquí se ben as normas orixinais e os cambios introducidos:
- Todo o que camiñe sobre dúas pernas é un inimigo. "Catro patas bo, dúas pernas malo."
- Todo o que camiñe sobre catro patas ou teña ás é amigo. "Catro patas bo, dúas pernas malo."
- Os animais non deben usar roupa.
- Ningún animal debe durmir nunha cama con sabas.
- Ningún animal beberá alcol en exceso.
- Ningún animal matará a outro animal sen causa.
- Tódolos animais son iguais (pero algúns animais son máis iguais ca outros).
Ó principio a granxa é máis próspera que cando o señor Jones a administraba, pero co paso do tempo, os porcos, que se autoerixiran como líderes por ser máis intelixentes, empezan a abusar do seu poder e manipulan os mandamentos ó seu favor. Dous destes porcos, Snowball e Napoleón, móstranse como líderes, pero empezan a mostrar diferencias que acaban cando Napoleón lanza ós cans contra Snowball, que escapa da granxa. A partir dese momento Napoleón se erixe como único líder, mantendo a tódolos animais baixo a súa ditadura mediante a ameaza dos cans, e pouco a pouco os porcos acaban adoptando tódolos defectos do home polos que no seu día iniciaron a revolución, ata que o único mandamento que queda escrito é:
Tódolos animais son iguais, pero algúns son máis iguais ca outros.
Significado
Orwell satiriza o réxime soviético de Stalin representado a través dos animais da granxa. Así, moitos dos personaxes da obra teñen a súa correspondencia en personaxes históricos:
- Mayor representaría a Lenin por ser o ideólogo da revolución, pero polo carácter tranquilo e pola idea orixinal que este personaxe posúe, podería corresponder a Karl Marx, tendo en conta ademais que a revolución se produce despois da morte de Mayor.
- O señor Jones sería Nicolao II de Rusia.
- Napoleón, coas súas medidas para administrar a granxa (apropiadas de Snowball) que servirán para levar a esta á prosperidade, aínda que esta só mellorará a súa propia situación e a dos demais porcos; e a súa política de restrición de liberdades, representa a Stalin.
- Snowball sería Trotski, líder militar que posteriormente se ve obrigado a exiliarse da granxa. Unha vez establecido o poder de Napoleón, todo animal considerado perigoso sería executado baixo a acusación de ser seguidor de Snowball.
- Boxer, o cabalo, sempre convencido de traballar máis, e traizoado a pesar de todo, representaría ó proletariado ou ao mineiro Alekséi Stajánov.
- As ovellas, analfabetas e acríticas co réxime, personifican ó campesiñado.
- O corvo Moses representa á Igrexa Ortodoxa, fala do ceo dos animais e recibe trato de favor dos humanos, xa que cumpre unha labor de aborregamento.
- O burro Benjamin representa á clase intelectual, que é consciente das manipulacións pero non toma partido, limitándose a observar sen intervir.
- Os cans representan á policía secreta e a súa brutalidade.
- O porco Mínimus, o poeta, representa a Vladimir Maiakovski.
- A bandeira do pezuño e o corno é análoga á bandeira soviética da fouce e o martelo.
Tamén mostra dun modo moi cru a relación entre animais e seres humanos, dándolle ós últimos unha personalidade, e poñéndoos ó mesmo nivel intelectual e racional có home, para lograr representar a brutalidade sufrida por eles.
Adaptacións
O título orixinal en inglés é Animal Farm, pero a obra foi traducida de modo non literal ás diversas linguas. Axustáronse ó orixinal a edición alemá (Farm der Tiere), francesa (La ferme des animaux), holandesa (Dierenboerderij), italiana (La fattoria degli animali) e sueca (Djurfarmen). En danés Kammerat Napoleon) e noruego (Kamerat Napoleon) centráronse no personaxe de Napoleón ("O camarada Napoleón").
En castelán é Rebelión en la granja ou granja de los animales. En finés Eläinten vallankumous ("rebelión dos animais"). En portugués traduciuse como O Triunfo dos Porcos en Portugal e como A Revolução dos Bichos no Brasil. En euskera, é Abereen Etxaldea. En catalán, La revolta dels animals e La rebel·lió dels animals.
Foi levada ó cine como Animal Farm por Joy Batchelor e John Halas. É fiel ó relato orixinal do libro, pero muda o final, xa que a película termina nunha rebelión en contra dos porcos e principalmente en contra de Napoleón executada por parte do resto dos animais comandados polo burro Benjamin.
Véxase tamén
Bibliografía
- Orwell, George: A revolta dos animais. Unha historia fantástica (Edicións Positivas, 1992)
- Orwell, George: Animal Farm (Harmondsworth: Penguin Books, 1951/1978 39ª impresión)