Castela: Diferenzas entre revisións
m r2.6.4) (Bot: Engado: ko:카스티야 |
m corrixo homónimo |
||
Liña 11: | Liña 11: | ||
* [[provincia de Cidade Real|Cidade Real]], [[provincia de Cuenca|Cuenca]], [[provincia de Guadalaxara|Guadalaxara]] e máis [[provincia de Toledo|Toledo]] en [[Castela-A Mancha]]. |
* [[provincia de Cidade Real|Cidade Real]], [[provincia de Cuenca|Cuenca]], [[provincia de Guadalaxara|Guadalaxara]] e máis [[provincia de Toledo|Toledo]] en [[Castela-A Mancha]]. |
||
Hai un certo movemento en varias provincias, popular e político, que di que non forman parte de Castela as tres provincias do antigo reino de León: [[provincia de León|León]], [[provincia de Salamanca|Salamanca]] e máis [[provincia de Zamora|Zamora]] (as dúas últimas, segundo o momento histórico), incluso certas veces partes de Valladolid e Palencia, que na actualidade si forman parte de Castela e León. Tamén se di que a [[provincia de Albacete]] non é Castela, pois historicamente foi parte da [[Rexión de Murcia]]. Desde certos movementos políticos e culturais incluso se reclaman as comarcas de [[Requena]] e [[Utiel]], actualmente na Comunidade Valenciana, pois historicamente foron parte da provincia de |
Hai un certo movemento en varias provincias, popular e político, que di que non forman parte de Castela as tres provincias do antigo reino de León: [[provincia de León|León]], [[provincia de Salamanca|Salamanca]] e máis [[provincia de Zamora|Zamora]] (as dúas últimas, segundo o momento histórico), incluso certas veces partes de Valladolid e Palencia, que na actualidade si forman parte de Castela e León. Tamén se di que a [[provincia de Albacete]] non é Castela, pois historicamente foi parte da [[Rexión de Murcia]]. Desde certos movementos políticos e culturais incluso se reclaman as comarcas de [[Requena]] e [[Utiel]], actualmente na Comunidade Valenciana, pois historicamente foron parte da [[provincia de Cuenca]]. |
||
* Poboación: 9.521.132 habitantes (2003). |
* Poboación: 9.521.132 habitantes (2003). |
Revisión como estaba o 26 de novembro de 2011 ás 14:50
Castela (en castelán: Castilla) é o nome dunha rexión histórica española que se corresponde con parte dos territorios pertencentes ao antigo Reino de Castela.
A primitiva Castela xurdiu durante as orixes da Reconquista na cabeceira do Ebro, ante o pulo de cántabros e vascóns. Dependendo dos autores e as épocas, considérase composto de territorios diferentes. A evolución histórica fai aínda máis imprecisos os seus compoñentes: o Reino de Castela foi nun primeiro momento un condado dependente do Reino de León, que finalmente se separou deste, e posteriormente formou parte, xunto a outros reinos, da Coroa de Castela.
Así, o nome de Castela empregouse na Baixa Idade Media para denominar á Coroa de Castela, o conxunto de todos os territorios dos monarcas da Coroa (por contraposición ao resto de reis hispánicos, os de Aragón, Navarra e Portugal).
Xeografía
Administrativamente Castela non ten recoñecemento oficial, o territorio da rexión de Castela posuía as seguintes provincias:
- A actual Comunidade de Madrid.
- As provincias de Ávila, Burgos, Palencia, Segovia, Soria e máis Valladolid en Castela e León.
- Cidade Real, Cuenca, Guadalaxara e máis Toledo en Castela-A Mancha.
Hai un certo movemento en varias provincias, popular e político, que di que non forman parte de Castela as tres provincias do antigo reino de León: León, Salamanca e máis Zamora (as dúas últimas, segundo o momento histórico), incluso certas veces partes de Valladolid e Palencia, que na actualidade si forman parte de Castela e León. Tamén se di que a provincia de Albacete non é Castela, pois historicamente foi parte da Rexión de Murcia. Desde certos movementos políticos e culturais incluso se reclaman as comarcas de Requena e Utiel, actualmente na Comunidade Valenciana, pois historicamente foron parte da provincia de Cuenca.
- Poboación: 9.521.132 habitantes (2003).
- Superficie: 150.281 km².
- Densidade de poboación: 63,4 hab/km².
- Cidades importantes: Madrid, Valladolid, Burgos.
Historia
Castela xurdiu como condado vasalo do reino de León. Debe o seu nome á gran cantidade de castelos na zona. No século IX independizouse de León, aínda que os dous reinos se reunificaron definitivamente no século XIII.
Durante a Idade Media, o Reino de Castela foi espallándose cara ao sur, conquistando territorio aos árabes. Dende o tempo dos Reis Católicos dividíase en dúas rexións: Castela a Vella, que correspondía á metade norte e tiña a capital en Valladolid ou Burgos, e máis Castela a Nova, no sur do Sistema Central e con capital en Madrid.
Na época moderna Castela converteuse en nación hexemónica cultural e dominadora económica da Península Ibérica. Despois da Guerra de Sucesión Española confirmouse o castelán coma lingua oficial en toda España e creouse un modelo de estado xacobino baseado no modelo castelán.
Ao creárense as autonomías, Castela a Vella perdeu as dúas provincias de fóra da Meseta, A Rioxa (esta terra pertencía, na Idade Media, a Navarra e foi invadida polos casteláns) e máis Cantabria, e engadiuse a rexión de León, formando Castela e León. Castela a Nova dividiuse na Comunidade de Madrid, que abranguía soamente a provincia de Madrid, e máis Castela-A Mancha, que gañou a provincia de Albacete, que ata entón formaba parte da Rexión de Murcia.
Na actualidade existen algúns partidos nacionalistas casteláns minoritarios, coma Tierra Comunera (TC) ou Izquierda Castellana (Iz-Ca), que defenden a unión de todas as comunidades autónomas castelás. Ningún destes partidos ten actualmente representación en ningún dos parlamentos autonómicos.