Aisne: Diferenzas entre revisións
m r2.6.4) (Bot: Modifico: he:אן (פיקרדי) |
m r2.7.2) (Bot: Engado: kg:Aisne (kizunga) |
||
Liña 101: | Liña 101: | ||
[[jv:Aisne (Departemen ing Prancis)]] |
[[jv:Aisne (Departemen ing Prancis)]] |
||
[[ka:ენა (დეპარტამენტი)]] |
[[ka:ენა (დეპარტამენტი)]] |
||
[[kg:Aisne (kizunga)]] |
|||
[[ko:엔 주]] |
[[ko:엔 주]] |
||
[[la:Axona (praefectura Franciae)]] |
[[la:Axona (praefectura Franciae)]] |
Revisión como estaba o 24 de novembro de 2011 ás 09:03
Rexión | Picardía |
Prefectura | Laon |
Presidente | Yves Daudigny |
Distritos | 5 |
Cantóns | 42 |
Concellos | 816 |
Superficie | 7.369 km² |
Pooación (2004) - Total - Densidade |
536.000 hab. 73 hab./km² |
Localización de Aisne na Francia. |
Aisne (02) é un departamento francés situado no norleste de Francia. O seu nome vén do río Aisne, o cal atravesa o departamento.
Historia
O departamento de Aisne é un dos 83 departamentos formados trala Revolución francesa o 4 de marzo de 1790. O departamento de Aisne creouse a partires da segregación das provincias de Île-de-France, Picardía, e da Champagne.
A maioría dos bosques da zona, foron destruídos durante a Segunda Guerra Mundial. A ofensiva francesa na Chemin des Dames na primavera de 1917 é coñecida as veces como a Segunda batalla de Aisne.
Xeografía
Aisne bordea a rexión de Ardenas e Bélxica polo norleste. O río Aisne percorre o departamento de leste a oeste, onde se une ao río Oise. A paisaxe do departamento está dominada polas rochas. Destacan sobretodo as paisaxes rochosas de Laon e de Chemin des Dames.
As principais cidades de Aine son:
- Laon, pob. 26.000 (capital)
- Saint-Quentin, pob. 60.000
- Soissons, pob. 30.000
- Tergnier, pob. 15.000
- Château-Thierry, pob. 14.967
Clima
Aine ten unha media de precipitacións de entre 500 e 750 mm ao ano.
Economía
A agricultura domina a economía de Aisne. Destacan especialmente os cereais e a remolacha. A seda, o algodón, e a lá destacan en Saint-Quentin. Saint-Gobain é coñecida pola súa produción de espellos, que vén xa dende o século XVII. Guise é o centro agrícola da parte setentrional de Aisne.
Cultura
Durante a Segunda Guerra Mundial destruíronse numerosas construcións de interese arquitectónico. Das construcións que sobreviviron, as igrexas medievais de Laon, Braine, e Urcel son as máis importantes. Tamén destaca o castelo de La Ferté-Milon, en ruínas na actualidade.