Clítoris: Diferenzas entre revisións
m r2.6.4) (Bot: Engado: kk:Күйіттік |
m r2.7.1) (Bot: Engado: az:Klitor |
||
Liña 42: | Liña 42: | ||
[[an:Clitoris]] |
[[an:Clitoris]] |
||
[[ar:بظر]] |
[[ar:بظر]] |
||
[[az:Klitor]] |
|||
[[be:Клітар]] |
[[be:Клітар]] |
||
[[be-x-old:Ласкацень]] |
[[be-x-old:Ласкацень]] |
Revisión como estaba o 10 de setembro de 2011 ás 21:19
Modelo:Anatomía O clítoris é a parte eréctil do aparato sexual feminino, situado na parte superior dos labios menores da vulva. A súa función nos seres humanos é producir pracer sexual e orgasmos.
Orixe e estrutura
O clítoris feminino é o equivalente ao pene masculino. Embrioloxicamente provén do mesmo tecido fino que forma o pene. O que condiciona a formación dun pene no canto dun clítoris é a acción da testosterona no útero.
O órgano fórmase fóra do corpus cavernosum, é un tecido capilar formado por máis de 8.000 terminacións nerviosas, que serven para a estimulación sexual da muller.
O tamaño medio do clítoris vai de 8 a 10 centímetros de longo e de 3 a 6 centímetros de largo. A parte exterior do clítoris, o glande clitoridiano, está parcial ou totalmente cuberto polo prepucio, e varía grandemente dende aqueles moi reducidos (que non sobresaen do prepucio) a outros moi saíntes, pero a maior parte do clítoris está oculto. A estimulación externa de todo o clítoris pode dar lugar a unha resposta sexual máis intensa. Unha explicación do orgasmo vaxinal é que resulta da estimulación do interior do clítoris durante a penetración sexual, e o pracer ligado ao sexo é un mecanismo evolutivo que favorece a reprodución.
Recoñecemento da súa existencia
A literatura médica recoñeceu a existencia do clítoris por primeira vez no século XVI. No ano 1559 Realdo Colombo publicou De re anatomica, no que describia o asento de pracer da muller. Gabriele Falloppio reclamou ser tamén o descubridor do clítoris.
Modificación do clítoris
A mutilación xenital feminina ou ablación, consiste na extirpación total ou parcial da parte exterior do clítoris. Esta práctica é rexeitada en nome dos dereitos humanos e da protección do menor en case tódolos países, aínda que a práctica está viva en moitas sociedades tradicionais da África subsahariana e Asia.