Cultura trobadoresca: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m ligado. Retiro o marcador de illado
*soe -> adoita
Liña 16: Liña 16:


===Cantiga de amor galego-portuguesa===
===Cantiga de amor galego-portuguesa===
A cantiga de amor galego-portuguesa constitúe unha imitación consciente da ''cançó'' provenzal. Diferénciase en que nesa relación amorosa non soe haber máis que os dous primeiros graos da relación entre o trobador e a dona, os sentimentos que se expresan case sempre rematan en coita (penitencia) ou loucura de amor. A dama aparece descrita dunha maneira máis esquemática e non hai referencias á [[natureza]].
A cantiga de amor galego-portuguesa constitúe unha imitación consciente da ''cançó'' provenzal. Diferénciase en que nesa relación amorosa non adoita haber máis que os dous primeiros graos da relación entre o trobador e a dona, os sentimentos que se expresan case sempre rematan en coita (penitencia) ou loucura de amor. A dama aparece descrita dunha maneira máis esquemática e non hai referencias á [[natureza]].


==Véxase tamén==
==Véxase tamén==

Revisión como estaba o 15 de xaneiro de 2011 ás 18:39

Trobadores, nunha ilustración do Cancioneiro de Ajuda

A cultura trobadoresca é un movemento cultural que tivo lugar na Europa do século XI.

Ese período da Idade Media foi un momento de prosperidade económica que beneficiou o desenvolvemento de actividades culturais e artísticas. Neste tempo as clases privilexiadas foron alfabetizándose e os contactos coa cultura árabe debido ás cruzadas trouxeron consigo novas influencias. Todo isto chegou a Galiza sobre todo por dúas vías: o Camiño de Santiago (os nobres, trobadores, franceses e occitanos) e a orde monacal de Cluny.

Características

No sur de Francia, na Provenza, a partir do século XII, nace o amor cortés que deu lugar á cançó provenzal. Esta vai influír na cantiga de amor galego-portuguesa. Como tema de composición poética, o amor cortés combinaba a cultura cabaleiresca (o poeta traslada a relación de vasalaxe militar ó código amoroso onde el é o vasalo e o señor é a dama ou dona. Ela debe ter mesura (discreción)) e gardar un comportamento platónico, pero tamén observar uns principios relixiosos. A dama é perfecta moral e fisicamente, e polo tanto merece adoración.

Na cançó provenzal o trobador establece unha relación coa dama que pasa por varios graos de aproximación.

  • Fenhedor: tímido, suspirante.
  • Precador: suplicante
  • Entendedor: pide doas ou regalos da súa namorada.
  • Drut: amante. Na cançó provenzal, despois do camiño de perfección amorosa aspírase ó joi (gozo).

Ademais de abundar as descricións físicas e morais da señor tamén poden aparecer no comezo das composicións un exordio primaveral.

Cantiga de amor galego-portuguesa

A cantiga de amor galego-portuguesa constitúe unha imitación consciente da cançó provenzal. Diferénciase en que nesa relación amorosa non adoita haber máis que os dous primeiros graos da relación entre o trobador e a dona, os sentimentos que se expresan case sempre rematan en coita (penitencia) ou loucura de amor. A dama aparece descrita dunha maneira máis esquemática e non hai referencias á natureza.

Véxase tamén

Outros artigos