Sacardebois, Parada de Sil: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Desfixéronse as edicións de 88.0.239.129 (conversa); cambiado á última versión feita por Xoacas
Liña 29: Liña 29:


==Lugares de Sacardebois==
==Lugares de Sacardebois==
{{Lp Sacardebois}}
CASA DE VIANA
Casa Grande, non chega a consideración de pazo, con máis de 500 metros, de perpiaño con palleiras e casa para os criados, forno propio para 15 pans e dúas empanadas; adega, currais, tellado a catro augas, situada na Ribeira Sacra, cunha gran galería, mirando á boca do Canón do Sil; fraga propia con xabarís; acivros, loureiros e nogueiras de resío con simpáticos esquíos por riba da casa; no verán, lagartos e serpes; soutos con castiñeiros centenarios, algúns xa caracochas, de onde pingan as mellores castañas temperás da bisbarra, lameiro e horta con árbores froiteiras ó redor, auga fresca de mananciais das carballeiras da casa e mais auga da traída do regato Mao en toda a finca, doados accesos.

Isto non é un anuncio, perdoe vostede esta brincadeira.

Dende 1700, está a rezar con letras labradas no lintel dunha estancia: "Venta de panos, hoxe non se fía", pois os moradores actuais seguimos coa mesma: hoxe non se vende e mañá tampouco. O motivo son as pitas.

Nun pergamiño, atopado nunha arca de castiñeiro, onde se gardaba a roupa ou as castañas pilongas di: "no mil seiscentos e pico a Casa de Viana da parroquia de Sacardebois pagaba ó Mosteiro de Montederramo unha renda de catro galiñas, en concepto de aforo; obriga que se saldaba tódolos anos, por San Martiño, no Priorado de San Adrián".

Seguimos en débeda coas pitas, merecedoras da nosa gratitude, porque, co seu sacrificio, enchendo o bandullo dos freires, gañamos o noso lar.

Se lle gustou a casa, dígame cantas galiñas está disposto/a a por encima da mesa?

Eduardo Prieto Casares

==Parroquias de Parada de Sil==
==Parroquias de Parada de Sil==
{{Parada de Sil}}
{{Parada de Sil}}

Revisión como estaba o 18 de novembro de 2010 ás 22:42

Sacardebois
ConcelloParada de Sil
Coordenadas42°22′37″N 7°31′17″O / 42.37708333, -7.52133333Coordenadas: 42°22′37″N 7°31′17″O / 42.37708333, -7.52133333
Área- km²
Poboación98 (2008) hab.
DensidadeErro de expresión: Operador "(" inesperado. hab./km²
Entidades de poboaciónBouzas, Costrela, Porto, Barxa, Val, Leirabella e Calvos
editar datos en Wikidata ]

[[Categoría:Parada de Sil poboación {{{ano}}}]]

Sacardebois é unha parroquia do concello de Parada de Sil (provincia de Ourense). Segundo o IGE en 2008 tiña 98 habitantes (46 homes e 52 mulleres.

Xeografía

Está situada na comarca da Terra de Caldelas, na beira sur do río Sil. Linda ao norte coas parroquias de Pinol e Amandi, do veciño concello de Sober na provincia de Lugo; ao sur con Forcas, ao oeste con Chandrexa e ao leste con San Lourenzo de Barxacova.

Conta con sete entidades de poboación.

A súa orografía está formada por unha vertente orientada cara ao norte en forma de pequenas ondulacións e vales por onde percorren os regatos das Augas Brancas (cos seus afluentes: Chipela, Roxedoiro e Purdeus), regato da Gurbela ou San Fiz, regato da Confredaría ou da Barxa, e por último, regato de Peche ou da Costrela, nomeados eles, de oeste a leste.

A parte alta do terreo está ocupada por unha fraga na cal o piñeiro e o eucalipto son case inexistentes. Da metade para abaixo (da vertente que forma a parroquia) está ocupada por bancais tamén nomeados patados, dedicados ó cultivo do viñedo. Onde o cultivo das vides se abandonou ou non se axeita, os terreos son de soutos, cos centenarios castiñeiros, nogueiras, e outras árbores froiteiras.

Economía

As casas da parroquia son unhas cincuenta, pero co abandono das labouras agrícolas, non rendibles para a xuventude, moitas delas só cobran vida en momentos determinados, coma, nas vacacións, vendima ou castañeira.

O cultivo do viñedo e as variedades de uvas garnacha, mouratón e mencía en tinto, así como a palomino en branca, tivo épocas espléndidas; hoxe en día, dúas cooperativas están establecidas dentro da D.O. Ribeira Sacra, proseguindo a nivel industrial esta tradición.

Festas

A parroquia ten como patrón a San Martiño que se celebra o 11 de novembro cunha festa popular gastronómica con magosto incluído, que nos últimos anos é tamén a festa do viño, pero hai outra festa de verán, a Virxe do Carme, que ten lugar o 16 de xullo. Tamén son salientables as festas na Costrela, onde contan cunha capela en honra da Virxe das Neves, e mais recentemente en Calvos en honra a San Roque, como evento gastronómico é festivo só para os nados do lugar e os seus familiares, que se celebra o primeiro sábado despois do 15 de agosto.

Lugares de Sacardebois

Lugares da parroquia de Sacardebois no concello de Parada de Sil (Ourense)

Bouzas | Calvos | A Costrela | Leiravella | O Val

Parroquias de Parada de Sil

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Parada de Sil

Caxide (Santa Cristina) | Chandrexa (Santa María) | Forcas (San Mamede) | A Hedrada (Santiago) | Parada de Sil (Santa Mariña) | As Paradellas (Santa María) | Pradomao (San Xiao) | Sacardebois (San Martiño) | San Lourenzo de Barxacova (San Lourenzo)

Véxase tamén

Outros artigos