Vertebrados: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xoacas (conversa | contribucións)
m Cambio marcador por outro máis específico
Arranxo ligazóns
Liña 14: Liña 14:
| [[Reino (bioloxía)|Reino]]: || [[Animalia]]
| [[Reino (bioloxía)|Reino]]: || [[Animalia]]
|-----
|-----
| [[Reino (bioloxía)|Subreino]]: || [[Eumetazoa bilateria]]
| [[Reino (bioloxía)|Subreino]]: || [[Eumetazoa]]
|-----
|-----
| [[Phylum (bioloxía)|Superfilo]]: || [[Deuterostomia]]
| [[Phylum (bioloxía)|Superfilo]]: || [[Deuterostomia]]
Liña 39: Liña 39:
***[[Mammalia]]
***[[Mammalia]]
|}
|}
Os '''vertebrados''' ou '''Vertebrata''' ("que teñen [[vértebra]]s"), son un [[subfilo]] moi diverso de [[Chordata|cordados]] que comprende aos animais con espiña dorsal ou columna vertebral composta de [[vértebra]]s.
Os '''vertebrados''' ou '''Vertebrata''' ("que teñen [[vértebra]]s"), son un [[Filo|subfilo]] moi diverso de [[Chordata|cordados]] que comprende aos animais con espiña dorsal ou columna vertebral composta de [[vértebra]]s.


== Principais características==
== Principais características==

Revisión como estaba o 30 de abril de 2010 ás 14:46


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Vertebrados

Panthera tigris

Clasificación científica
Reino: Animalia
Subreino: Eumetazoa
Superfilo: Deuterostomia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Infrafilo e Superclase

Os vertebrados ou Vertebrata ("que teñen vértebras"), son un subfilo moi diverso de cordados que comprende aos animais con espiña dorsal ou columna vertebral composta de vértebras.

Principais características

Os vertebrados teñen simetría bilateral e están dotados dun cranio que protexe ao cerebro, e esqueleto cartilaxinoso ou óseo, que comprende unha parte axial metamerizada (columna vertebral). Comprende unhas 50.000 especies, na súa maioría peixes.

Os vertebrados típicos teñen o corpo dividido claramente en tres rexións: cabeza, tronco e cola; o tronco a súa vez subdivido en tórax e abdome. Do tronco destacan as extremidades, que están en número impar nas lampreas e pares no resto de vertebrados. Presentan notocordio, que se transforma en columna vertebral en estado adulto; a cabeza está ben diferenciada, a cal agrupa e centraliza a maioría de órganos sensoriais e nerviosos. A estrutura cranial dos vertebrados conseguiuse manter doadamente en estado fósil, motivo este que foi fundamental para coñecer a súa evolución.

Durante o desenvolvemento embrionario, as paredes do corpo dos vertebrados desenvolven uns orificios ou fendeduras branquiais, que dan lugar ás branquias (nos peixes) e a diferentes estruturas. O esqueleto pode ser óseo, cartilaxinoso, e en ocasións presentar dermoesqueleto, consistente nunhas formacións cutáneas esqueléticas.

Morfoloxía

Anatomía

Sistema circulatorio

Nos vertebrados o sistema circulatorio é pechado, transportándose osíxeno e nutrientes aos distintos tecidos e células (presentan glóbulos vermellos que transportan o osíxeno mediante a hemoglobina). Consta de sistema sanguíneo e sistema linfático. Está dotado dun corazón dividido en cámaras, arterias, arteriolas, veas, vénulas e capilares. Nos peixes hai un circuíto sistémico e outro branquial. En moitos vertebrados terrestres o sistema sanguíneo é dobre (circulación maior ou xeral, e circulación menor ou pulmonar), é dicir non se mesturan a sangue arterial e venosa. O corazón dos peixes presenta dúas cámaras, una aurícula un ventrículo (dous aurículas e un ventrículo nos anfibios e réptiles. Nas aves e mamíferos é tetracameral (dous aurículas e dous ventrículos), e cunha serie de válvulas cardíacas. Nos Vertebrados existe ademais un sistema linfático, encargado de recoller o líquido intersticial.

Sistema respiratorio

O sistema respiratorio dos vertebrados é branquial nos animais acuáticos (ciclóstomos, peixes e larvas de anfibios), e pulmonar nos terrestres e en parte dos acuáticos. As branquias son un órgano ou apéndice filiforme (en forma de láminas vascularizadas), externa o interna segundo se dispoña no corpo. Teñen unha función respiratoria, e están especializadas para o intercambio gasoso no medio acuático. Todas as branquias presentan en común una ampla superficie de contacto có medio, e nelas a irrigación sanguínea encontrase moito máis desenvolvida que noutras partes do corpo. Nas aves, o aparato respiratorio é sumamente eficaz; proporciona o osíxeno necesario para xerar a enerxía que o corpo demanda polo esforzo desenvolvido durante o voo. Consta dun sistema de bronquios que están conectados uns sacos aéreos; os pulmóns están divididos en alvéolos e lobulillos.

Sistema nervioso

O sistema nervioso dos Vertebrados comprende o sistema nervioso central, que a súa vez consta de encéfalo e medula espinal; e o sistema nervioso periférico, que consta de numerosos ganglios e nervios (raquídeos o espiñais); existe ademais un sistema nervioso autónomo que inerva as vísceras (sistema simpático e parasimpático). Os órganos sensitivos, así como as funcións motoras, son moi perfeccionados e desenvolvidos. Os nervios raquídeos se ramifican a diferentes niveis da medula, e inervan os distintos músculos, glándulas e órganos. No caso dos tetrápodos, aparecen dous engrosamentos na medula, as intumescencias cervicais e lumbar, como consecuencia del desenvolvemento das patas. Os sentidos inclúen: ollos, dispostos en cámara de visión lateral, salvo nalgunhas aves e mamíferos primates, que é binocular; tangorreceptores, que inclúen os órganos táctiles dos mamíferos e a liña lateral (captadoras de ondas de presión) dos ciclóstomos, outros peixes e algúns anfibios acuáticos; órganos auditivos, nos tetrápodos consta de oído interno e oído medio, fiestras oval e redonda, membrana timpánica e ósos, os cales transmiten a vibración do tímpano á cóclea ou caracol. O oído medio comunica coa farinxe a través da trompa de Eustaquio; os mamíferos dispoñen ademais dun oído externo. Nos peixes só hai oído interno.

Sistema dixestivo

O aparato dixestivo dos Vertebrados evolucionou a partir das primeiras formas que se alimentaban mediante sistemas de filtración, ata os vertebrados macrofáxicos, o que ocasionou unha serie de adaptacións dos diferentes elementos que interviñan: dentais, mastigadores, musculares, e incluso das propias cavidades internas, tales como os compoñentes enzimáticos necesarios para realizar a dixestión. O aparato dixestivo dos Vertebrados consiste nunha cavidade oral, farinxe, esófago, estómago, intestino e ano. Estes órganos están asociados a outras formacións glandulares anexas, tales como as salivares, fígado e páncreas. Nos tetrápodos, a cavidade bucal é de complexidade crecente; nela desenvólvense un conxunto de estruturas auxiliares, tales como labios, lingua, padal e dentes. O estómago está tipicamente dividido en tres rexións; no caso dos ruminantes (pola súa adaptación a dietas herbívoras) presentan un estómago de catro cavidades). Nas aves se distingue un proventrículo e unha moega trituradora; e no esófago un divertículo ou buche. O intestino está composto dunha porción estreita (o intestino delgado), e outra máis curta e ancha (o intestino groso). No primeiro vértense a bile do fígado e el xugo pancreático, que realizan unha función proteolítica (hidrólise das proteínas), e se absorben os nutrientes a través das microvellosidades. No intestino groso se absorbe a auga e se forman os desfeitos ou feces.

Inicialmente, os vertebrados primitivos alimentábanse mediante sistemas de filtración, os cales pronto foron substituídos por outros máis evolucionados. O resultado foi unha redución do tamaño da farinxe e do número de fendeduras branquiais. Excepto nos agnatos, que son os vertebrados máis primitivos, os dous primeiros arcos branquiais do resto de Vertebrados evolucionaron ata transformarse nas mandíbulas, que se han especializado na "captura" do alimento.

Sistema excretor

O sistema excretor dos Vertebrados está formado polo aparato renal e as [[Glándula sudorípara|glándulas sudoríparas. Está moi perfeccionado en comparación cós Cordados inferiores. Mediante estruturas especializadas se consigue filtrar os líquidos internos ao marxe do medio externo, á vez que mantén en equilibrio o nivel de todos eles dentro del corpo.

Sistema endocrino

O sistema endócrino dos Vertebrados está moi perfeccionado; mediante as hormonas rexe múltiples funcións do organismo. Está controlado polo hipotálamo e a hipófise, que mediante a elaboración de mensaxes bioquímicos exercen a súa acción sobre as gónadas, páncreas, glándulas suprarrenais, etc.

Reprodución

A reprodución dos Vertebrados es sexual salvo excepcións (exemplo de algúns peixes con casos de hermafroditismo), habitualmente mediante sexos separados, con fecundación interna o externa, e tanto vivíparos como ovíparos. Os mamíferos presentan a maior complexidade, nos cales o embrión se desenvolve no interior da nai recibindo o alimento a través da placenta. Despois de nacidas as crías a administración do alimento efectúase mediante o leite segregada polas glándulas mamarias.

Hábitat

Os vertebrados teñen logrado colonizar e adaptarse a diferentes ambientes, incluídos os máis difíciles e inhóspitos. Aínda que proceden inicialmente da Auga doce, conseguiron evolucionar no mar e pasar posteriormente ao medio terrestre, o cal dominan na actualidade.

Clasificación

Taxonomía

Clasification baseada en Janvier (1981, 1997), Shu et al. (2003), e Benton ([1]).

  • Clase Aves (paxaros)

Filoxénia

Os primeiros rexistros fósiles son do Ordovícico, aínda que se estima que puideron existir xa no Cámbrico.

  • Vertebrados pisciformes > agnatos (peixes sen mandíbulas) + gnatóstomos (peixes con mandíbulas).
    Agnatos > ciclóstomos (mixines e lampreas) + ostracodermos (grupo extinto).
    Gnatóstomos > placodermos (extintos) + condrictios (peixes cartilaxinosos) + osteíctios.

No Devónico, os sarcopterixios (peixes pulmonados), abriron as portas á aparición dos primeiros tetrápodos. Os lisanfibios se diversificaron durante o Carbonífero e deron lugar aos antepasados dos anfibios modernos, especialmente o grupo dos crosopterixios, que tiñan a capacidade de respirar aire atmosférico. A meirande parte extinguiuse ó final da era paleozoica. O desenvolvemento dos amniotas (antepasados dos réptiles) xurdiu, a comezos do carbonífero, a partir duns tetrápodos parecidos aos anfibios. Dividíronse en tres grupos: anápsidos (dos que derivan os quelonios); sinápsidos (de onde derivan os mamíferos); e diápsidos (orixe dos réptiles e aves, incluíndo os dinosauros).

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

En inglés