A Ponte de Domingos Flórez: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
{{referencias}}; retiro cat redundante
Sen resumo de edición
Liña 8: Liña 8:
| provincia = León
| provincia = León
| preposición1 = de
| preposición1 = de
| comarca = Cabrera
| comarca = Cabreira
| preposición2 = da
| preposición2 = da
| poboación = 1.790
| poboación = 1.790

Revisión como estaba o 28 de marzo de 2009 ás 14:38

Modelo:Concello galegofalante info

A Ponte de Domingo Flórez (en castelán e oficialmente Puente de Domingo Flórez) é un concello da provincia de León que cobre unha superficie de 59,39 km², na que vivían 1.852 habitantes no ano 2004, cunha densidade de poboación de 31,18 h/km².

Xeografía

A Ponte sitúase ao longo do tramo inferior do río Cabreira, que entra aquí, aínda encaixado, no río Sil. Só na parte Leste da localidade ábrese unha veiga, sobre terrazas fluviais do último dos ríos, e que se estende ata Sás ("Salas"), o que xustificou o nome antigo para esta zona de "a Ribeira"; pois aínda que A Ponte de Domingo Flórez vese indicada como capital da Cabreira Baixa, o certo é que na documentación histórica formaba parte da Ribeira, cualificativo que aínda conserva Sás como Sás da Ribeira. O Sil forma precisamente límite con a provincia de Ourense, ubicándose na outra beira o concello valdeorrés de Rubiá, e a localidade de Quereño, que mantivo sempre tradicionais relacións con A Ponte, máxime desde a chegada do ferrocarril, que ubicou unha estación no devandito lugar. Para pasar dun lado ao outro do río, fíxose uso en tempos de barcas (barca de Quereño), até que nos inicios do século XX, unha familia asentada en Quereño, os López, construíran unha ponte colgante sobre o Sil, cobrando unha tarifa por pasar.

Porén a estrada entre Ourense e Ponferrada, pasaba pola Ponte de Domingo Flórez, para o que se construíu unha nova ponte. A que da o seu nome a esta localidade está no núcleo máis antigo e alonxada da nova estrada.

Referencias