Quereño, Rubiá

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Quereño")
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 42°25′16″N 06°49′48″O / 42.42111, -6.83000

Quereño
Igrexa de Quereño.jpg
Igrexa parroquial
ConcelloRubiá
Poboación132 hab. (2013)
Entidades de poboación3

San Cristovo de Quereño é unha parroquia que se localiza no sueste do concello ourensán de Rubiá. Segundo o padrón municipal en 2013 tiña 132 habitantes (67 homes e 65 mulleres), 56 menos ca en 1999. Ten tres entidades de poboación.

Xeografía e historia[editar | editar a fonte]

Estación de trens.
Central eléctrica.

A parroquia está situada ao leste do concello de Rubiá, a carón da estrada N-536 que comunica a comarca de Valdeorras co Bierzo. Na parroquia está a estación de Quereño, da liña A Coruña-León.

Nesta estación abriuse en setembro de 1885 un lazareto por mor da epidemia de cólera que asolaba España, dado que esta era a primeira parada existente en Galicia e o ferrocarril era un medio moi usado polos segadores galegos que ían en verán a Castela[1]. O lazareto estaba dirixido polo médico pontevedrés Bernardo López Cobián[2]. Do lazareto de Quereño fala Antón Ferreiro no periódico O Tio Marcos d'a Portela o 13 de setembro de 1885, na copla "Carta d'un segador á sua muller":

Maripepa d’a miña alma,
ainda as maus á boca levo
da gomitona que tiven
nantronte no lazareto.
Maxínate Maripepa,
qu’en canto entrei en Quereño
y aínda no wagon estábamos
com’as sardinas nun cesto (...)

Notas[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Quereño[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Quereño no concello de Rubiá (Ourense)

Quereño | Sobredo | Vilar de Xeos

Parroquias de Rubiá[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Rubiá

O Barrio de Cascallá (Nosa. Sra. da Asunción) | Biobra (San Miguel) | Covas (San Salvador) | Oulego (San Miguel) | Pardollán (Santo Estevo) | O Porto (San Cristovo) | Quereño (San Cristovo) | O Robledo da Lastra (Nosa Sra. da Concepción) | Rubiá (Santa Mariña) | A Veiga de Cascallá (Santa Cruz)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]