Saltar ao contido

República Socialista Soviética Carelo-Finesa: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Breobot (conversa | contribucións)
m Reemplazos con Replacer: «II Guerra Mundial»
Sen resumo de edición
Liña 60: Liña 60:
Durante a [[Guerra de Continuación]], Finlandia ocupou Carelia até [[1944]], cando quedou claro que os seus aliados alemáns perderían a segunda guerra mundial. O [[19 de setembro]] de 1944, o goberno de Finlandia asinou o [[Armisticio de Moscova]], cedendo máis territorio á Unión Soviética que foi anexado á RSS Carelo-Finesa. Isto foi ratificado por Finlandia no [[Tratado de París (1947)|Tratado de París de 1947]], renunciando a futuras reclamacións do territorio perdido. Durante estes cambios, a RSS Carelo-Finesa cedeu ao [[oblast de Leningrado]] terreos ao sur, especificamente o [[istmo de Carelia]] xunto con [[Vyborg]].
Durante a [[Guerra de Continuación]], Finlandia ocupou Carelia até [[1944]], cando quedou claro que os seus aliados alemáns perderían a segunda guerra mundial. O [[19 de setembro]] de 1944, o goberno de Finlandia asinou o [[Armisticio de Moscova]], cedendo máis territorio á Unión Soviética que foi anexado á RSS Carelo-Finesa. Isto foi ratificado por Finlandia no [[Tratado de París (1947)|Tratado de París de 1947]], renunciando a futuras reclamacións do territorio perdido. Durante estes cambios, a RSS Carelo-Finesa cedeu ao [[oblast de Leningrado]] terreos ao sur, especificamente o [[istmo de Carelia]] xunto con [[Vyborg]].


== Nativos Famosos ==
{{Repúblicas Soviéticas}}
Shpalikov, gennady Fedorovich poeta Soviético, director de cine, guionista.

Alexander G. Sidyakin-Xefe Do Comité Executivo Central Da Rusia Unida<ref>https://www.bushess-vector.info/aleksandr-sidyakin-biografiya-165044-165044/</ref><ref>https://www.km.ru/v-rossii/2023/02/09/aleksandr-sidyakin</ref><ref>https://theperson.pro/sidjakin-aleksandr-gennadevich/</ref>{{Repúblicas Soviéticas}}


{{Control de autoridades}}
{{Control de autoridades}}

Revisión como estaba o 3 de agosto de 2023 ás 06:15

Karjalais-suomalainen sosialistinen neuvostotasavalta
Lema: Kaikkien maiden proletaarit, liittykää yhteen!

("Traballadores do mundo, unídevos!")

Idioma Finés e Ruso.
Capital Petrozavodsk
Chanceler Supremo Otto Kuusinen
Tempo na URSS Dende o 31 de marzo de 1940 até o 16 de xullo de 1956.
Área Total 172.400 km²
Poboación (est. 1959) 651.300
Moeda Rublo
Hora UTC +3
Himno nacional Himno da RSS Carelo-Finesa.

A República Socialista Soviética Carelo-Finesa foi o nome que recibiu a rexión de Carelia de Finlandia, ocupada pola Unión Soviética en 1940, despois da Guerra de Inverno. O seu único chanceler foi Otto Kuusinen, até 1956, cando foi anexada á Rexión Autónoma que equivale á actual República de Carelia da Federación Rusa.

Historia

O territorio que abranguía a República estaba dividido entre a RSFS de Rusia e Finlandia antes de novembro de 1939. Na parte rusa, o territorio era administrado como unha República Socialista Soviética Autonóma de nome RSSA de Carelia.

As fronteiras soviético-finesas de 1939 foran estabelecidas no Tratado de Tartu o 14 de outubro de 1920. Mais, ao inicio da segunda guerra mundial, os soviéticos consideraron que con ditas fronteiras, era moi pouco viable unha defensa efectiva de Leningrado ante unha inminente invasión alemá. Despois de intentar persuadir aos fineses de ceder terreo en Carelia, especificamente onda o Lago Ladoga, a Unión Soviética recorreu ás armas.

O 30 de novembro de 1939, a Unión Soviética atacou a Finlandia logo de idear o incidente de Mainila como escusa. A chamada Guerra de Inverno tiña como intención a ocupación total de Finlandia, e para legalizar esta invasión proclamouse a República Democrática de Finlandia, presidida por Otto Ville Kuusinen, quen escapara á Unión Soviética despois de que o seu partido fora derrotado na guerra civil finlandesa. Debido ao fracaso inicial da invasión e ao desacordo internacional á mesma, Stalin decidiu non ocupar todo o país, e decidiu disolver a República Democrática de Finlandia, que para marzo de 1940 só comprendía territorio finés rodeando o Ladoga.

A guerra finalizou co Tratado de paz de Moscova, firmado o 13 de marzo de 1940. En dito Tratado, o territorio da República Democrática de Finlandia foi anexado á Carelia Rusa, e creouse a República Socialista Soviética de Carelo-Finesa, sendo unida á RSSA de Carelia, que á súa vez foi separada da RSFS de Rusia.

Otto Kuusinen seguiu presidindo os territorios da Carelia soviética até 1956, cando a msma foi "degradada" á RSSA de Carelia, sendo integrada na RSFS de Rusia por segunda vez. Coa disolución da Unión Soviética, Carelia continuaría baixo control ruso, esta vez baixo o nome da República de Carelia.

Durante a Guerra de Continuación, Finlandia ocupou Carelia até 1944, cando quedou claro que os seus aliados alemáns perderían a segunda guerra mundial. O 19 de setembro de 1944, o goberno de Finlandia asinou o Armisticio de Moscova, cedendo máis territorio á Unión Soviética que foi anexado á RSS Carelo-Finesa. Isto foi ratificado por Finlandia no Tratado de París de 1947, renunciando a futuras reclamacións do territorio perdido. Durante estes cambios, a RSS Carelo-Finesa cedeu ao oblast de Leningrado terreos ao sur, especificamente o istmo de Carelia xunto con Vyborg.

Nativos Famosos

Shpalikov, gennady Fedorovich poeta Soviético, director de cine, guionista.

Alexander G. Sidyakin-Xefe Do Comité Executivo Central Da Rusia Unida[1][2][3]

  1. https://www.bushess-vector.info/aleksandr-sidyakin-biografiya-165044-165044/
  2. https://www.km.ru/v-rossii/2023/02/09/aleksandr-sidyakin
  3. https://theperson.pro/sidjakin-aleksandr-gennadevich/