Vincent de Beauvais

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaVincent de Beauvais

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoc. 1190 Editar o valor em Wikidata
Boran-sur-Oise, Francia Editar o valor em Wikidata
Morte1264 Editar o valor em Wikidata (73/74 anos)
Beauvais (Reino de Francia) Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Francia Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoFilosofía Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpedagogo , zoólogo , naturalista , escritor , filósofo , encyclopedist (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua latina e lingua francesa Editar o valor em Wikidata
Orde relixiosaOrde dos Predicadores Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables

Discogs: 4137980 Editar o valor em Wikidata

Vincent de Beauvais, en latín Vincentius Bellovacensis, nado cara a 1190 e finado arredor de 1264/1267, foi un frade da orde dos predicadores dominicos soado por escribir a enciclopedia Speculum Majus, moi empregada na Idade Media.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ignórase practicamente todo sobre a súa vida, incluíndo as datas exactas do seu nacemento e da súa morte. Conxecturas sitúano primeiro na casa dos dominicos de París entre 1215 e 1220, e posteriormente no mosteiro dominico de Beauvais en Picardía, fundado por Lois IX de Francia. Con todo, é máis seguro que ocupase o posto de "lector" no mosteiro de Royaumont en Oise (na localidade actual de Asnières-sur-Oise), non lonxe de París, fundado igualmente por Lois IX entre 1228 e 1235. O rei lía libros compilados por Vincent, e daba os fondos para conseguir copias dos autores que lle pedisen. A raíña Margarita, o seu fillo Felipe e o seu xenro, Teobaldo V de Champaña (Teobaldo II de Navarra), son nomeados entre os que lle encargaban a composición dos seus "pequenos traballos", especialmente De Institutione Principum.

Aínda que Vincent puido ser convocado a Royaumont mesmo antes de 1240, non hai proba de que el vivise alí antes do retorno de Lois IX e a súa esposa de Terra Santa, ao principio do verán de 1254. Pero é evidente que de Beauvais debeu escribir o seu traballo De Eruditione Filiorum Nobilium(1246) (onde se nomea a si mesmo como "Vincentius Belvacensis, de ordine praedicatorum, qualiscumque lector in mosteiro de Regali Monte"). Despois desta data e antes de 1260, a data aproximada da súa Tractatus Consolatorius ocasionado pola morte dun dos fillos do rei ese ano.

A obra máis importante de Vincent de Beauvais foi Speculum Majus (Espello Maior), unha gran compilación dos coñecementos da Idade Media. Está formada por tres partes: Speculum Naturale (Espello Natural, formado por 32 libros), o Speculum Doctrinale (Espello Doctrinal, formado por 17 libros) e o Speculum Historiale (Espello Histórico, formado por 31 libros). Estas obras foron reeditadas numerosas veces até o Renacemento.

Miniatura de Vincent de Beauvais nun manuscrito do Speculum Historiale, traducido ao Francés por Jean de Vignay, Bruxes, c. 1478-1480, British Library Royal 14 E. i, vol. 1, f. 3

Outras obras[editar | editar a fonte]

Outras obras de Vincent de Beauvais son:

  • De eruditione filiorum regalium, sobre a educación dos príncipes.
  • Tractatus consolatorius de morte amici, letra dirixida ao rei despois da morte dun dos seus fillos en 1260.

O tratado sobre a formación dos fillos dos nobres é o tratado pedagóxico sistematizado máis importante da Idade Media.

Tamén lle foi atribuída a autoría do Speculum Humanae Salvationis.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "A Medieval Mirror". publishing.cdlib.org. Consultado o 2022-04-15. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]