Hyacinthe Rigaud

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaHyacinthe Rigaud

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(ca) Jacint Rigau-Ros i Serra Editar o valor em Wikidata
18 de xullo de 1659 Editar o valor em Wikidata
Perpiñán (Imperio Español) Editar o valor em Wikidata
Morte29 de decembro de 1743 Editar o valor em Wikidata (84 anos)
París (Reino de Francia) Editar o valor em Wikidata
Pintor de cámara
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Francia
Principado de Cataluña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoPintura de historia Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Perpiñán
París
Lión
Roma Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpintor , Retratista , debuxante arquitectónico Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xénero artísticoPintura de historia, Retrato pictórico, retrato, Natureza morta e pintura relixiosa Editar o valor em Wikidata
MovementoPintura do Barroco e Barroco Editar o valor em Wikidata
ProfesoresCharles Le Brun (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
AlumnosJohann Christian Fiedler (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Influencias
LinguaLingua francesa e lingua catalá Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeÉlisabeth de Gouy (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsGaspard Rigaud (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webhyacinthe-rigaud.com Editar o valor em Wikidata
Musicbrainz: b8e97d59-acf2-4f18-8cfb-0be32a1b2135 Discogs: 2777184 Editar o valor em Wikidata
Lois XIV, rei de Francia e de Navarra (1701), Museo do Louvre.

Hyacinthe Rigaud, de nome completo Híacint Francesc Honrat Mathias Pere Martyr Andreu Joan Rigau, nado en Perpiñán o 20 de xullo de 1659 e finado en París o 27 de decembro de 1743, foi un pintor francés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Perpiñán, cidade da Cataluña setentrional, que nese ano pasou a dominio de Francia poucos meses despois do seu nacemento, polo Tratato dos Pireneos (7 de novembro de 1659).

Fillo dun xastre e pintor, Matías Rigau, e de María Serra, Hyacinthe debeu ter unha formación artística inicial no seo da propia familia. Á morte do pai, pechou contrato cun dourador, mais axiña pasou para Montpellier no ano 1671. Alí sábese que entrou no obradoiro de Mr. Pezet, porén a crítica considera que este era un pintor mediocre, do que non podía recibir demasiado. Cóidase, porén, que Rigaud fixo boas relacións cunha serie de artistas locais cos que debeu aprender moito máis: Sébastian Bourdon, Samuel Boissière, Jans Zueil -un flamengo que mantiña influencias de Rubens e Van Dyck- ou Antoine Ranc o vello (1634-1716). Rigaud estivo catro anos en Montpellier. Pasou desde aí para Lión, aínda que se coñece pouco da súa estada lionesa.

En París[editar | editar a fonte]

En 1681 Rigaud decidiu pasar a París. Decidido a medrar presentouse á Academia Real de Pintura e Escultura, que controlaba as actividades artísticas na cidade. Non dubidou en se presentar a un concurso amparado pola dita institución e, no ano seguinte, 1682, gañou o prestixioso Prix de Rome, bolsa de estudo que permitía efectuar unha estada na Academia de Francia na cidade eterna.

Á volta tornouse o máis importante retratista da corte de Lois XIV de Francia: a súa habilidade para plasmar poses impoñentes e grandiosas presentacións achaba o favor das personalidades da familia real, de embaixadores, de eclesiásticos, de cortesáns e dos grandes negociantes que pousaron para el.

Os seus retratos son hoxe moi prezados como fonte da historia do traxe e da moda, porque, alén da semellanza fisiognómica, fornecen detalles do vestido e do coidado persoal.

A obra máis célebre de Rigaud é, sen dúbida, o retrato oficial do rei Lois XIV (1701), conservado no Museo do Louvre de París (unha copia, realizada polo artista, atópase no Palacio de Versailles). En 1709 entrou a formar parte da nobreza da súa cidade natal, Perpiñán, e no 1727 foi nomeado cabaleiro da Orde de San Miguel.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]