Nos Xogos Olímpicos de 1896 disputáronse tres probas de esgrima no recinto do Zappeion, un edificio situado nos Xardíns Nacionais de Atenas, entre o 7 e o 9 de abril. A competición preparouna o subcomité de esgrima, e finalmente a proba de espada quedou anulada, todas as probas facíanse a tres toques. Establecéronse as categorías de afeccionados e mestres, esta última marcou o primeiro precedente de participación de profesionais nos Xogos Olímpicos e durante anos a esgrima foi o único deporte olímpico que admitía deportistas profesionais. En total foron 15 atletas de catro países os que competiron nas diferentes probas, conseguindo medalla 8 tiradores diferentes pertencentes a 3 países.
O Comité Olímpico Internacional asignou estas medallas a posteriori. Na época, os gañadores recibían unha medalla de prata e os seguintes non recibían premio ningún.
A competición de florete foi unha das tres probas de esgrima que se disputaron nesta edición dos Xogos Olímpicos. Realizouse o segundo día dos Xogos, o 7 de abril coa participación de oito tiradores, repartidos en dous grupos de 4. O primeiro de cada grupo clasificouse para a final, mentres que a Periklis Pierrakos-Mavromichalis outorgáronlle a terceira posición por ser o mellor terceiro. A segunda vitoria de Vouros (enfrontamento B6) debeuse a unha sanción a Komninos-Miliotis.
A competición de florete profesional realizouse o segundo día dos Xogos, o 7 de abril, xusto despois da competición de afeccionados. Foi a única proba para profesionais destes Xogos Olímpicos, tan só participaron dous tiradores, e un só enfrontamento decidiu as medallas: Leonidas Pyrgos de Grecia gañou ao francésJean Maurice Perronet por 3 a 1, sendo o primeiro campión grego dos Xogos Olímpicos da Era Moderna.
A competición de sabre disputouse o 9 de abril, participaron 5 tiradors: 3 gregos, un danés e un austríaco. Cada tirador enfrontábase ao resto, un total de 10 combates. Georgiadis foi o vencedor, gañando todos os seus combates.
Lampros, S.P.; Polites, N.G.; De Coubertin, Pierre; Philemon, P.J.; Anninos, C. (1897). The Olympic Games: BC 776 – AD 1896(PDF). Atenas: Charles Beck. Arquivado dende o orixinal(PDF) o 16 de xaneiro de 2013. Consultado o 08 de agosto de 2013.
Mallon, Bill; & Widlund, Ture (1998). The 1896 Olympic Games. Results for All Competitors in All Events, with Commentary. Jefferson: McFarland. ISBN0-7864-0379-9. (Extracto dispoñible en aafla.org)