Periklis Pierrakos-Mavromichalis
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1863 Laconia |
| Morte | 1938 Atenas |
| Greek Minister of the Interior (en) | |
| 24 de xullo de 1924 – 7 de outubro de 1924 ← Panagiotis I. Aravantinos (en) | |
| Minister of Military Affairs of Greece (en) | |
| 29 de agosto de 1923 – 18 de outubro de 1923 ← Stylianos Gonatas – Stylianos Gonatas → | |
| Minister of Military Affairs of Greece (en) | |
| 9 de xaneiro de 1923 – 24 de xuño de 1923 ← Stylianos Gonatas – Stylianos Gonatas → | |
| Member of the Senate of Greece (en) | |
| Greek Minister of the Interior (en) | |
| Circunscrición electoral: Q26221386 | |
| Actividade | |
| Ocupación | político, esgrimista, militar |
| Carreira militar | |
| Rango militar | xeneral |
| Nacionalidade deportiva | Grecia |
| Deporte | esgrima |
| Participou en | |
| 1896 | Esgrima nos Jogos Olímpicos de Verão de 1896 - Florete masculino (pt) |
| Familia | |
| Familia | Mavromichalis (pt) |
| Pai | Antonis Mavromichalis |
Periklis Pierrakos-Mavromichalis (en grego Περικλής Πιερράκος Μαυρομιχάλης), nado en 1863 e finado en 1938, foi un militar, político e tirador de esgrima.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo do xeneral Antonios Mavromichalis, dunha recoñecida familia, os Mavromichalis, de guerreiros orixinarios da península de Mani. Seguindo a tradición Periklis entrou na Academia Militar, saíndo como oficial de cabalería; experto esgrimista participou nos Xogos Olímpicos de 1896 de Atenas [1], gañando a medalla de bronce na proba de florete afeccionado, na rolda preliminar tivo dúas vitorias e unha derrota, perdendo contra Henri Callot, que acabou quedando segundo, e derrotando a Henri Delaborde e Ioannis Poulos. Ao ano seguinte loitou na Guerra Greco-Turca co grao de subtenente, combatendo tamén nas Guerras balcánicas, a primeira guerra mundial, xa como tenente coronel, e máis tarde na Campaña de Asia Menor co rango de tenente xeneral comandando o segundo corpo do exército. Aliado con Nikolaos Plastiras durante a revolución de setembro de 1922 que obrigou a abdicar o rei Constantino I foi ministro do interior no goberno militar de Stilianos Gonatas desde novembro de 1922 ata xaneiro de 1923 cando pasou a ocupar a carteira do exército, en xuño de 1923 tras o cesamento do xeneral Theodoros Pangalos asumiu o comando do exército en Macedonia e Tracia. Foi elixido senador para o período 1929-1932. Foi tamén presidente do Athens Club (1932-1938).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Perikles Pierrakos-Mavromichalis Olympic Results". sports-reference.com. Arquivado dende o orixinal o 22 de setembro de 2013. Consultado o 2010-03-31.