Periklis Pierrakos-Mavromichalis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Perikles Pierrakos-Mavromichalis»)
Periklis Pierrakos-Mavromichalis
Nacemento1863
Lugar de nacementoLaconia
Falecemento1938
Lugar de falecementoAtenas
NacionalidadeGrecia
EtniaGregos
Ocupaciónpolítico, esgrimista e militar
PaiAntonis Mavromichalis
editar datos en Wikidata ]

Periklis Pierrakos-Mavromichalis (en grego Περικλής Πιερράκος Μαυρομιχάλης), nado en 1863 e finado en 1938, foi un militar, político e tirador de esgrima.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo do xeneral Antonios Mavromichalis, dunha recoñecida familia, os Mavromichalis, de guerreiros orixinarios da península de Mani. Seguindo a tradición Periklis entrou na Academia Militar, saíndo como oficial de cabalería; experto esgrimista participou nos Xogos Olímpicos de 1896 de Atenas [1], gañando a medalla de bronce na proba de florete afeccionado, na rolda preliminar tivo dúas vitorias e unha derrota, perdendo contra Henri Callot, que acabou quedando segundo, e derrotando a Henri Delaborde e Ioannis Poulos. Ao ano seguinte loitou na Guerra Greco-Turca co grao de subtenente, combatendo tamén nas Guerras balcánicas, a primeira guerra mundial, xa como tenente coronel, e máis tarde na Campaña de Asia Menor co rango de tenente xeneral comandando o segundo corpo do exército. Aliado con Nikolaos Plastiras durante a revolución de setembro de 1922 que obrigou a abdicar o rei Constantino I foi ministro do interior no goberno militar de Stilianos Gonatas desde novembro de 1922 ata xaneiro de 1923 cando pasou a ocupar a carteira do exército, en xuño de 1923 tras o cesamento do xeneral Theodoros Pangalos asumiu o comando do exército en Macedonia e Tracia. Foi elixido senador para o período 1929-1932. Foi tamén presidente do Athens Club (1932-1938).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Perikles Pierrakos-Mavromichalis Olympic Results". sports-reference.com. Arquivado dende o orixinal o 22 de setembro de 2013. Consultado o 2010-03-31.