Eugène-Henri Gravelotte
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 6 de febreiro de 1876 7º distrito de París |
| Morte | 23 de agosto de 1939 Bénodet |
| Lugar de sepultura | Q110969639 |
| Actividade | |
| Ocupación | esgrimista, médico |
| Carreira militar | |
| Participou no conflito | Primeira Guerra Mundial |
| Deporte | esgrima |
| Participou en | |
| 1896 | Esgrima nos Jogos Olímpicos de Verão de 1896 - Florete masculino (pt) |
| Premios | |
Eugène-Henri Gravelotte, nado o 6 de febreiro e finado o 23 de agosto de 1939, foi un tirador de esgrima francés.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Gravelotte foi o primeiro campión olímpico en florete, gañando a competición nos Xogos Olímpicos de 1896, en Atenas.[1] Gravelotte quedou imbatido na rolda preliminar, derrotando os gregos Athanasios Vouros, Konstantinos Komninos-Miliotis e Georgios Balakakis sucesivamente. Entón enfrontouse na final ao francés Henri Callot, quen tamén quedara invicto no outro grupo. Gravelotte gañou por 3-2.
Polas súas accións na primeira guerra mundial levou a Croix de guerra 1914-1918, e tamén recibiu a Lexión de Honra[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Eugène Henry Gravelotte Olympic Results". sports-reference.com. Arquivado dende o orixinal o 06 de novembro de 2012. Consultado o 2011-09-18.
- ↑ Kévin Bernard (27 de xullo de 2011). "Les sept médaillés olympiques à la loupe". Ouest-France (20349)..