Ernst Abbe
Aparencia
Ernst Abbe, nado en Eisenach, Turinxia, o 23 de xaneiro de 1840 e finado en Jena o 14 de xaneiro de 1905, foi un físico, matemático, astrónomo e industrial alemán.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu no seo dunha familia de orixe humilde. Entre 1870 e 1896 foi profesor de Física na Universidade de Jena.
Dirixiu a fábrica de óptica de Carl Zeiss en Jena (1875). En 1878 foi nomeado Director do Observatorio astronómico de Jena.
A el débense moitos progresos na óptica instrumental. Ideou un refractómetro, un condensador para microscopios (Condensador de Abbe), unha cámara lúcida (Prisma de Abbe) etc.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ernst Abbe |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Diciopedia do século 21 1. Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006.